miércoles, 29 de febrero de 2012

OS 4 FANTÁSTICOS APROBAN OS PRESUPOSTOS GRAZAS AO PP 2




A gran sorpresa do último pleno foi a concelleira de CG coa súa falta de apoio aos 4 fantásticos.
Moitos criamos que tal como fixo cos salarios, favorecería o goberno local nestes presupostos.

Comentaban nalgunha copistería ornitolóxica, mentres fotocopiaban documentos para un grupo de opinón, que a devandita concelleira xa estaba abducida polo PSOE, e que aprobase os presupostos xa era un feito....

Despois de semellantes eruditos comentarios, a miña sorpresa foi maior aínda ao ver que non os aprobaba.
Pero pregúntome entón, que terá encontrado neles a devandita señorita para opoñerse?, non estarán todas as contas ben claras?, ou é que hai cuestións de fondo polas que non chegaron a acordos?

Mais ben creo que caben dúas posibilidades, ou a concelleira como novata que é no cargo, non se pon de acordo con si apoiar ao PSOE ou non, ou está a xogar ao despiste...creo que vai sendo hora de posicionarse, sempre dixen que non me gustan os mornos, e isto está morno, morno e con mal cheiro....  


Señores Fantásticos se é que finalmente non logrades acordo con CG, a non preocuparse, como quedou en evidencia, sempre podedes contar co BNG, o teléfono do concelleiro en cuestión está operativo as 24 horas do día, xa volo dixo no pleno, maior xenuflexión imposible...

E se tampouco chegades a acordos con eles como noutras ocasións non moi afastadas, quédavos aínda a posibilidade de negociar coa Sobrinísima e a súa Tita a ver qué pasa...


A cuestión é que alguén vos apoie e vos aprobe as contas ...iso si, sen poñer reparos porque a vosa concelleira fai os números que dá gusto velos, claro que os que saben do tema din que están mal, pero si a que fala é a interventora, non se a escoita e como antes, coma se seguisen en maioría absoluta....si non podemos cumprir coa lei, a debuxamos ao noso xeito e xa está...

Pero permítome darvos un consello, se é que finalmente chegades a algún acordo co PP, asegurarvos de que a hora de votar estean todos presentes....o é que xa sabiades de antemán quén faltaría oportunamente????

A reflexionar mosquitos...

"Máis inmoral que non cumprir as leis é querer facelas á medida dun"


Montesquieu

OS 4 FANTÁSTICOS APROBAN OS PRESUPOSTOS GRAZAS AO PP 1




Grazas á ausencia de dous edís do PP, (un deles xustificado absolutamente por enfermidade), o noso grande equipo de fantásticos aprobou onte en pleno extraordinario os presupostos para este ano.

Parabéns ao equipo de superheroes, lograron aprobar uns presupostos que como dixeron na oposición "naceron mortos", e o que é peor teñen “difícil resurrección"....


A pesar de ter informe desfavorable de intervención, o grupete fantástico decidiu poñer oidos xordos ás advertencias dunha profesional no tema e aprobarse a se mesmos unha lista debuxada de organización e previsión do noso diñeiro para este ano.


É dicir advírtenlles que están a facer as cousas mal, que inflaron a previsión de ingresos e que non se sabe con claridade onde está e adonde vai algun diñeiro e eles contestan "naina, que nós somos os que mandamos" ole pola jeta que lle poñen a todo.....
Iso si me pregunto para que temos e pagamos unha interventora se o equipo de goberno ao que asesora non lle pon atención e a cada advertencia, lle pechan a boca ou miran para outro lado.....


Patético polo lado que se mire o accionar dos fantásticos, pero aínda peor o do noso PP local, os que sabendo a importancia deste pleno non asistiron a cumprir coas obrigas para as que os eliximos, acaso non se decataran de que coa interesante ausencia que tiveron lle daban a maioría ao PSOE para autoaprobarse o que quixeran???


Non sería estraño que sequera non o tivesen pensado, non se lles dan ben nin as chocolatadas, nin as festas, nin as declaracións na prensa onde hoxe me fago cargo e mañá enfádome porque me critican...e polo visto, as matemáticas elementais tampoco......de pena amigos mosquitos!!!!!!!

O máis estraño do caso é que a concelleira ausente é profesora, ou é que neste caso e por algún motivo paranormal actuou como alumna e seguiu directivas???  habrá que descubrilo.....porque iso de ser o xefe da academia e que se diga no pleno que non vai porque tiña clases... é polo menos estraño....acaso non pode cambiar as súas clases ou poñer quen a substitúa nelas para non faltar nunha ocasión como ésta???

Finalmente a concelleira responsable de facer estes presupostos que segundo a interventora non se axustan á realidade, tratou como sempre de poñer xustificacións á demora, con problemas informáticos, do programa, etc, etc, palabras que ninguén creu obviamente.

Debo aclarar neste punto que o que si é verdade, é que todos os anos e dende fai varios, temos tantas e tantas dificultades informáticas para facer os presupostos en tempo e forma, que xa vai sendo tempo  de decatarnos de que o equipo informático e os que o xestionan non serven para nada, e cambialos. 
A poñer quen traballe como corresponda, que xente para o choio sobra!....si non é así, sería hora de que polo menos intentasen usar a imaxinación para inventar novas escusas para xustificar a súa ineficiencia e ineptitude...

Para finalizar déixolles unhas frases para que algúns reflexionen antes do próximo pleno...


"É máis importante a imaxinación que a intelixencia sobre todo cando esta última non se posúe. Non hai nada máis estúpido que facer o mesmo e esperar resultados diferentes"
Albert Einstein

"O malo dos que se cren en posesión da verdade é que cando teñen que demostralo non acertan nin unha"
Camilo José Cela

martes, 14 de febrero de 2012

NOVAS DA FESTA DO MONTE




Nestes días andei como todo o mundo pola Guarda moi engripallado, e coas novidades que acontecen día a día de gripe case paso a infarto...


Agora o noso Superlopez local e os superheroes decidiron abandonar os seus altruístas intereses na nosa Festa do Monte, demostrando ser como o can do hortelán, que non come nin deixa...

Din á prensa que abandonan polas "críticas e ameazas que xurdiron ante a súa candidatura”, pero de qué ameazas estamos a falar agora?, das que sentimos todos os guardeses ao ver os que formaban o grupete de eruditos que se estaba a postular? ou acaso falamos das suxestións amigables que recibiu o selos?



É innegable que o grupete, experiencia ten...organizaron as Festas do Santo os anos 2008, 2009 e 2010, ademais da chocolatada de Corpus, todo caído no olvido, non faltaría máis....dicen as malas linguas que o chocolate da tía era moi espeso e que afectou ao fígado duns cantos e por iso non hai mas......

Agora que temos ao PP no goberno central, na Xunta, e cunha deputada local, eu crin que era o momento xusto de que comezasen a chover para o pobo cartos e mais cartos, pero parece ser que o problema é que non se poñen de acordo en qué cabeza sinta mellor a coroa de loureiros e entón, uns por outros e a casa sen varrer...

TANTAS ANSIAS POR COLLER A FESTA E AO FINAL AFURRICARONSE TODOS...

E como no país dos cegos o chosco é rei, o noso Superlopez non perdeu o tempo e busca adeptos por todos lados, 24 horas de búsqueda, agora para pedir para o carnaval...haberán feito outra asociación para os disfraces?
En fin que con tal de atrapar algo se atrapa o que sexa....din que ata vai alugar mans extra para poder coller mais, se o deixan claro...
A sorte é que imos ter máis orquestras este carnaval...quén as traerá???Superlópez tal vez???, iso si, compartiremos algunha o mesmo día con Fornelos...sorte que temos os guardeses...

Todo isto petrena mal amigos mosquitos... cheira a facotexo que apetrena...