martes, 21 de agosto de 2012

O PROFE E O VIÑO...

Dixen que neste domingo do Monte acontecera algo bastante desagradable, por non dicir aberrante, que merecía un artigo aparte e eiquí está....


Os que vivimos dende hai tantos anos esta fermosa festa como algo irrepetible, singular, típico, propio do noso pobo, e por sobre todas as cousas FAMILIAR, non podiamos case nin pestanexar ao ver fotografada a paradoxal situación dun "profesor dando viño a un menor".......pero se a iso lle sumamos que é un dos nosos concelleiros locais, o cheiro que emana é aínda peor....non é cheiro, o tufo apesta....

O personaxe en cuestión, en anteriores edicións desta festa mantivérase á marxe da xura, tocando a súa gaita, pero nesta ocasión, sufriu un repentino ataque de solidariedade cara aos membros da súa banda e puxo mans á obra levantando o garrafón...,   
cabería preguntarnos se a forza do sol do mediodía lle fixo perder o sentido ata tal punto que non mirou a quen daba a xurar con viño.... ou quizais as emanacións etílicas do don de Baco foron tan intensas que o marearon sen probalo.... quizais tamén o ámbito provocou no noso edil un dejavú que o fixo situarse por uns instantes nas festas celtas onde se consumían cantidades colosais de bebidas alcohólicas e de comida, cun importante valor para manter a cohesión social da comunidade celta de entón....(léase, intentar incrementar votos na actualidade)...

En fin por un motivo ou outro, o certo e innegable, por estar plasmado en fotografías publicadas en internet, é que todo un "profesional" da educación caeu na mestura da letra da canción dos celtas cortos....Una cousa é o viño e outra cousa é o amor Pero se xuntas as dúas, nace o amor polo viño. .. nalgúns como neste caso, ese amor parece ser tan profundo que enturba o seu raciocinio.....

Outras bandas tamén fixeron xurar aos seus nenos, pero a pesar de non estar ningún deles relacionados coa educación, nin preparados como o noso edil en pedagoxía e psicoloxía infantil, todos e cada un foron o suficientemente pensantes como para tapar o pico da botella e que os nenos non tomasen nada e algúns só manchábanos coa man....

Cabe aquí preguntarnos que facían ante esta imaxe os adultos circundantes...? e os pais do menor....?, pobriño se se lle ve unha cara de pánico na foto antes de xurar que dan ganas de saír na sua defensa....

A miña reflexión agora é.... a partir desa crucial imaxe que quedará gravada na miña retina ata a festa do monte 2013...cómo poderei asistir a partir de agora aos plenos do noso concello e ver o edil mencionado sen que a súa imaxe sen gaita e con garrafón non se me apareza...???

Será capaz de criticar alguén máis nos plenos sen que lle respondan con esta "anécdota" na que é o protagonista de terror...???

Calará o seu partido ante o innegable...ou tomará medidas....???

Estará en condicións morais de tomar decisións no concello....???

Poderá mirar á cara aos seus alumnos en setembro e dicirlles que o alcohol é prexudicial para a saúde dos menores...sen que rían na súa cara...???

Se cunha cámara fotográfica diante se permite ter esta actitude....sinon a houbese que faría...???

Din que a súa aspiración era ser deputado....visto o visto...o vexo máis apto para ser dirixente do botellón da alameda....

O meu humilde consello señor concelleiro do BNG da Guarda..., toque a súa gaita..., que o fai moi ben segundo din..., e deixe o resto para quen teña un criterio moral que vostede parece ter perdido....recorde, é unha persoa pública que se supón debe dar e ser exemplo....pero non disto ...


sábado, 18 de agosto de 2012

FESTA DO MONTE 2012


Non sei como andará o persoal Mosquito da Guarda...pero este Mosquito Capón sofre aínda a resaca (e non etílica) dunhas festas do Monte un tanto “diferentes”....

Comezando pola comisión de festas, que tivo (segundo se queixan por todas partes) só tres meses para organizar todo (acaso non o sabían cando se fixeron cargo...???), dicir que a poucos días de comezada a festa xa había membros da Xunta Directiva que estaban ata os mesmos celtas de ver como uns traballaban e outros miraban ao castro....algunho xa comentaba a quen o quixera escoitar que (aínda non rematada a festa) xa non pertencía á comisión.....outros adestrábanse en carreira e espionaxe para ver se así non se lles seguían escapando os dos quioscos sen pagar as taxas respectivas, algunhas das cales ao domingo do Monte aínda non foran abonadas....outros  dicían que eles non pagarían polas súas terrazas xa que traballaran demasiado para a festa.....unhos  poucos falaban que as 24 horas non eran de descanso pero que o seu xefe horario así llo tomara para poder abastecer de alcohol non autorizado en todo o que fixese falta....en fin un rolo patateiro que nos augura para o 2013 un Centenario do Monte nun equilibrio perigoso....

Seguindo por un desfile de traxes rexionais no que moit@s luciron o noso traxe típico con orgullo e minuciosamente preparado nos seus detalles, mentres que outras, como o fan sempre, saíron disfrazadas de galegas 2012, ao mellor estilo Cibeles dá Juarda,(tacóns, gafas de sol de marca coñecida, melenas leoninas ao vento, bolso á cintura...), en fin galegas xeito novo ou new age, o que non significa en ningún caso típico e rexional, senón máis ben ridículo, propagandístico e históricamente cutre....cando nosas galegas da época irían co cabelo sen recoller..??? nunca señoras miñas...!!!, se tedes cartos para o traxe, xuntade uns cantos máis e comprarvos un libro que vos instrúa sobre a nosa cultura e historia...que polo visto o precisades e moito....mirade como van vestidas as dos grupos de baile e vos decataredes tamén da diferenza....ou podedes achegarvos á asociación do traxe que seguramente vos asesorarán axeitadamente e para o centenario podedes ir vestidas orgullosamente de galegas e non como nunha comparsa de carnaval...escoitei algunha vez que o diñeiro non dá intelixencia...e esta é unha pequena mostra....

Continuando coas bandas, algunhas que ao meu parecer enxalzan a festa e outras que paradoxalmente ao mesmo tempo a menosprezan..., preparan os seus atavíos, ensaian os seus ritmos, organizan as súas marchas, para despois de pouco tempo de ter saído desprestixiar o seu propio desfile con piricas furibundas dalgúns dos seus membros, os que non chegan ao porto a menos que algún dos seus compañeiros lles faga de can lazarillo....outras pola súa banda dan exemplo de alegría, bo facer, organización, e fundamentalmente son reflexo do espírito que creou as bandas da festa do Monte.....amig@s o desfile do sábado non é o domingo do monte nin a desfeita, a ver se algunha vez nos poñemos de acordo co tema....despois non nos queixemos cando por aí adiante falan da nosa festa como a do viño e o desmadre....

Pero a parte máis desastrosa viviuse o domingo do monte, e en varios aspectos....concordo có meu amigo Paco Jones foi escabroso ver como adultos, relacionados coa educación, e representantes políticos locais, facían xurar a nenos con viño...toda a miña repulsa visceral para este tema... (non me vale o de era un traguiño..., amigo, edúcase co exemplo, e isto te retrata....), pero isto dá para un capítulo aparte que xa comentaremos...


Por outra banda, esgazámonos as vestiduras falando de que debemos coidar o noso patrimonio cultural, de que dende Madrid non nos fan nin caso para seguir coas escavacións do Monte, de que é unha xoia histórica a que temos tan preto, unha Put...Mier...., todo iso para logo ir e plantar como toxos a cadeira dentro das casas e usar o castro a como de lugar, señor@s que o tedes feito...pedide desculpas públicas pola vosa curta intelixencia e menosprezo á cultura, sodes máis cavernícolas que os de Altamira, irvos para alá para sentirvos máis preto de casa...é que acaso precisades que se vos estea a vixiar como noutras épocas para respectar o que é patrimonio de todos...???

As fotos foron publicadas en galiciasuroeste, pero a esta "xente" debería caerlles o repudio do resto do pobo por indecentes... non sobra lugar no monte para poñer a mesa e a comida...!!! 

vaia paifocos que temos, por Dios...!!!

Continuará....





domingo, 5 de agosto de 2012

100% PLAXIO


Remitíronme unha información que non pode ser desaproveitada como fin de festa de San Queitano.....
Creo que apenas lestes unha liña e xa sospeitades de que se trata, unha vez máis dicirvos que estades no certo amigos Mosquitos, A Plaxios fixo unha máis das súas e van.... xa perdín a conta de cantas estafas literarias nos vendeu como propias...

Pero o incrible é que na información remitida por un Mosquit@ que prefire permanecer no anonimato (todo o contrario da devandita señora), é que no libro de festas de San Queitano 2011, os TRES ARTIGOS "escritos pola señora esposa da Branca cabeza de lista dun partido caído no esquecemento popular", repito, os TRES, son plaxios.... é dicir 100% estafa literaria....

O hándicap da escritora local é tres en tres, vaia hándicap!!!, eu nin con escaiola chego a ese nivel en buratos... (absterse de comparacións picarescas...!!!)


Aquí póñovos as probas remitidas por Mosquit@ X....



Aguardiente en Septiembre

  Ha llegado el momento en que todo se detiene

   y madura. A lo lejos , están quietas las plantas:
se ha oscurecido. Ocultan frutos
que caerían con una sacudida. Las nubes dispersas
tienen pulpas maduras. Lejos, en los paseos,
las casas maduran bajo la tibieza del cielo.

A esta hora no se ven más que mujeres. Las mujeres no fuman
y no beben, sólo saben estarse al sol
y recibirlo, sobre sí, tibio, como si fuesen fruta.
El aire, bronco a causa de la niebla, se bebe a sorbos,
como aguardiente; todas las cosas le exhalan un sabor.
También el agua del río se ha bebido las orillas
y las macera en el fondo, bajo el cielo. Las calles
son como mujeres, maduran firmes.
[Fragmento]
Cesare Pavese, de Trabajar Cansa (Laborare stanca) 1931-1940. 




atopado  en campodemaniobras.blogspot.com.es

Gaviotas 

No sé dónde las gaviotas tienen el nido,
Dónde encuentran paz.
Yo soy como ellas,
En perpetuo vuelo
Rozo la vida
Como ellas el agua para atrapar el alimento.
Y quizás también como ellas amo la quietud
La gran quietud marina,
Pero mi destino es vivir
Relampagueando en la borrasca.

Vincenzo Cardarelli (Corneto Tarquinia, 1887–Roma, 1959)

atopado en Rincón V.I.P.
gbooks1.melodysoft.com/app?ID=rinconvip&DOC=46
21/09/2003

En cuclillas sobre la arena tibia Isa hace con sus manitas un pequeño cuenco “¡Te atraparé, verde mar!”. Pero el mar es muy travieso. Avanza un poco, moja los pies de Isa y cuando la niña cree que lo ha cogido, el agua se cuela entre los dedos y la arena se lo bebe de un trago. Entonces Isa vuelve a empezar.
Lo que más la gusta es la espuma, esa porcelana blanca que se agita en el lomo de las olas. A Isa la encantaría hacer un ramo con ella para su mamá. “No lo conseguirás” dice su mamá es tan difícil como atrapar el viento”, pero ella es muy testaruda. Inclina su cubito y...HOP! ya tiene una olita prisionera “¡MIRA! Aunque el mar es todo verde he cogido la burbujas blancas de la espuma” Pero en el cubo sólo había agua normal.
El bonito color verde y la espuma han desaparecido tan deprisa como las gaviotas que se posan en el mar acunadas por las olas...¡ESO ES! Las gaviotas tienen el pecho blanco como la espuma y es más fácil coger un pájaro que el viento o el mar.
No están muy lejos e Isa se adentra en el agua despacio para no asustar a esas ladronas de espuma.
“¡ISA! ¿A DONDE VAS?” ¡Que desastre! Las gaviotas salen volando y se alejan.
“¡JO! ¡MAMI! Ya casi las tenía”.
Se queda en la orilla, triste, buscando alguna otra cosa que tenga la espuma del mar, pero ni las caracolas de nácar blanco ni los huesos de sepia, blancos como la nieve le parecieron bien.
Entonces del cielo cae una blanca pluma a su lado, mira arriba y ve una lluvia de plumas; ella las coge sonriendo y se las lleva a su madre y la susurra ...“¿Sabes?. Mañana te cogeré el viento.”

Vaia lumes artificiais que podedes botar con "isto" publicado no voso libro 2011...!!!!!

Aviso a outras comisións de festas locais e estratosféricas Festa da Guía en especial que é a próxima e creo pode aínda revisar os escritos que van no libro... anda solta pola Guarda unha señora fotocopiadora de artigos e apropiadora destes, usa como pseudónimo o seu nome e apelido e publica por todos lados notas que non escribe.... se vos envía algún artigo (que visto o visto, dou por sentado NON será da súa autoría), tede coidado e non cometades o mesmo erro de publicalo que as comisións de festas do Carmen, do Monte e San Queitano (a saber as que faltan...), pedímosvolo para aforrarnos ter que seguir picando sobre o mesmo tema, e vervos envolvidos nun delito de plaxio ao igual que ela..., vós ademáis vendedes o libro....


Rumoreábase aos catro ventos na verbena de San Queitano de venres e sábado que a escritora frustrada está un pouco depresiva (non sen motivos claro), ter sido posta en evidencia polas súas andanzas literarias non debe ser de bo gusto para ninguén, pero tamén é certo que ela traballou duramente para darnos artigos que escribir sobre os seus atropelos literarios...

Invítovos a levala de pregoeira das festas do Monte 2013, coincidindo co centenario, sería a parte cómica da festa.... como escoitei por algunha taberna... "outro máis para o autobús dos que van a Goián".... e xa son.... case todos da mesma tribo... coincidencia ou virus...?