Comeza a campaña electoral pola presidencia, e moitas preguntas andan dando voltas polas cabezas de todos os que vivimos neste fermoso e maltratado país...quen será o próximo gobernante?, en que mans caerá o temón desta nave á deriva ?...
En fin, non me gusta pecar de sabelotodo, pero neste caso debo dicir que o mosquito xa sabe quen vai ser o próximo presidente de España...., e teño fundados motivos para adiantar o resultado, si mosquit@s, o próximo en liderar esta nación é nada mais nin nada menos que "ZZZ MOSQUITO CAPÓN"...
Paso a explicar os motivos da miña certeza:
Existe unha especie de sortilexio que persegue a todos os candidatos á presidencia do Goberno español que non contan coa letra Z , que fai que perdan as eleccións.
De feito, a presenza sistemática da Z nos apelidos dos máximos dirixentes políticos españois aparece vinculada á implantación do sistema democrático e remóntase ao mesmo instante en que o sufraxio universal empezou a operar en España.
Paso a explicar os motivos da miña certeza:
Existe unha especie de sortilexio que persegue a todos os candidatos á presidencia do Goberno español que non contan coa letra Z , que fai que perdan as eleccións.
De feito, a presenza sistemática da Z nos apelidos dos máximos dirixentes políticos españois aparece vinculada á implantación do sistema democrático e remóntase ao mesmo instante en que o sufraxio universal empezou a operar en España.
Así, o primeiro presidente da II República Española foi Niceto Alcalá-Zamora e Torres.
O segundo, Manuel Azaña Díaz.
É máis, todos os presidentes republicanos no exilio incluían a letra zeta no seu apelido: Martínez Barrio, Jiménez de Asúa e Maldonado González.
En cambio, durante a ditadura franquista a letra Z desapareceu dos apelidos dos presidentes do Goberno español: Franco Bahamonde, Carrero Branco ou Arias Navarro.
Seguimos con Adolfo Suárez, Felipe González, Jose María Aznar, José Luís Rodríguez Zapatero. De feito o slogan deste último era ZP presidente, dándolle á letra Z un papel preponderante na súa campaña.
O caso de Leopoldo Calvo Sotelo, o sucesor de Adolfo Suárez, é especial. Non ten a letra Z nos seus apelidos, pero non foi elixido nas urnas, senón que foi nomeado presidente tras a dimisión de Suárez. Coincidentemente, o día que se estaba votando o seu nomeamento era o famoso 23 de febreiro de 1981, no que Tejero irrompeu no Congreso pondo en perigo a democracia e intentando dar un golpe de estado, polo que Calvo Sotelo estivo a piques de non ser presidente.
Os presidentes elixidos democráticamente desde 1975 non só teñen a letra Z, senón que aparece nos dous apelidos: Adolfo Suárez González, Felipe González Márquez, Jose María Aznar López, José Luís Rodríguez Zapatero. Isto fortalece aínda máis a coincidencia.
Como vos dais conta, Mariano Rajoy non ten a letra crave Z no seu apelido. O seu segundo apelido é Brey, polo que as letras que se repiten son a R e a E, non a Z. Será que este detalle impediralle ser presidente ?
No meu caso en particulatr, teño TRES LETRAS Z SEGUIDAS (ZZZ MOSQUITO CAPÓN), motivo polo cal teño máis que garantida a miña chegada triunfal á Moncloa...non o credes?...
