Grazas á ausencia de dous edís do PP, (un deles xustificado absolutamente por enfermidade), o noso grande equipo de fantásticos aprobou onte en pleno extraordinario os presupostos para este ano.
Parabéns ao equipo de superheroes, lograron aprobar uns presupostos que como dixeron na oposición "naceron mortos", e o que é peor teñen “difícil resurrección"....
A pesar de ter informe desfavorable de intervención, o grupete fantástico decidiu poñer oidos xordos ás advertencias dunha profesional no tema e aprobarse a se mesmos unha lista debuxada de organización e previsión do noso diñeiro para este ano.
É dicir advírtenlles que están a facer as cousas mal, que inflaron a previsión de ingresos e que non se sabe con claridade onde está e adonde vai algun diñeiro e eles contestan "naina, que nós somos os que mandamos" ole pola jeta que lle poñen a todo.....
Iso si me pregunto para que temos e pagamos unha interventora se o equipo de goberno ao que asesora non lle pon atención e a cada advertencia, lle pechan a boca ou miran para outro lado.....
Patético polo lado que se mire o accionar dos fantásticos, pero aínda peor o do noso PP local, os que sabendo a importancia deste pleno non asistiron a cumprir coas obrigas para as que os eliximos, acaso non se decataran de que coa interesante ausencia que tiveron lle daban a maioría ao PSOE para autoaprobarse o que quixeran???
Non sería estraño que sequera non o tivesen pensado, non se lles dan ben nin as chocolatadas, nin as festas, nin as declaracións na prensa onde hoxe me fago cargo e mañá enfádome porque me critican...e polo visto, as matemáticas elementais tampoco......de pena amigos mosquitos!!!!!!!
O máis estraño do caso é que a concelleira ausente é profesora, ou é que neste caso e por algún motivo paranormal actuou como alumna e seguiu directivas??? habrá que descubrilo.....porque iso de ser o xefe da academia e que se diga no pleno que non vai porque tiña clases... é polo menos estraño....acaso non pode cambiar as súas clases ou poñer quen a substitúa nelas para non faltar nunha ocasión como ésta???
Finalmente a concelleira responsable de facer estes presupostos que segundo a interventora non se axustan á realidade, tratou como sempre de poñer xustificacións á demora, con problemas informáticos, do programa, etc, etc, palabras que ninguén creu obviamente.
Debo aclarar neste punto que o que si é verdade, é que todos os anos e dende fai varios, temos tantas e tantas dificultades informáticas para facer os presupostos en tempo e forma, que xa vai sendo tempo de decatarnos de que o equipo informático e os que o xestionan non serven para nada, e cambialos.
A poñer quen traballe como corresponda, que xente para o choio sobra!....si non é así, sería hora de que polo menos intentasen usar a imaxinación para inventar novas escusas para xustificar a súa ineficiencia e ineptitude...
Para finalizar déixolles unhas frases para que algúns reflexionen antes do próximo pleno...
"É máis importante a imaxinación que a intelixencia sobre todo cando esta última non se posúe. Non hai nada máis estúpido que facer o mesmo e esperar resultados diferentes"
Albert Einstein
"O malo dos que se cren en posesión da verdade é que cando teñen que demostralo non acertan nin unha"
Camilo José Cela
.jpg)