En varios dos vosos comentarios facedes referencia á situación de especial convivencia entre acigu e ábaco, polo que me puxen a investigar un pouco sobre as dúas asociacións de comerciantes e empresarios... ambas cunha clara cor política.
A primeira marcadamente do PP, comezando pola súa plana maior (coa actual deputada incluída).
A segunda indiscutiblemente anti PP, pro-PSOE e con matices BNG.
Ambas comezaron dicindo querer traballar exclusivamente en favor do comercio e empresariado local, cousa que eu non poño en dúbida que así fóra nos seus inicios. Pero a día de hoxe, estamos sen probas fidedignas diso, só vemos tenues cortinas de fume que aparecen de cando en vez con algunha actividade que realizan cara á galería, para asi xustificar subvencións, e coas que só se benefician uns poucos dos asociados, case sempre os do mesmo sector, casualidade quizáis?
Ambas dinse apolíticas, pero en realidade observamos como acigu critica con máis ímpeto ao goberno do PSOE e usaba lentes escuros cando do PP se trataba noutrora.
Ábaco pola súa banda criticaba con énfase a Riego no seu día, e dende que Freitas está na alcaldía apoderouse dos seus directivos unha miopía abraiante.
Ambas con referentes locais nas súas directivas,, compartindo a mesa de comercio local,, pero ningún intentando xuntar esforzos en favor do noso comercio,, só disputando entre si a palabra..., o poder..., a foto..., o protagonismo...
Hoxe quéixase ábaco das subvencións non recibidas, quizais... por "suxestións" quen sabe de quen máis... antes queixábase acigu, de non recibir subvencións para os seus empregados, por "favoritismos" quen sabe de quen outro... en conclusión, unha acusando discretamente de poñer cambadelas á outra e ningunha sendo transparente no seu accionar.
Acigu pola súa banda cunha xunta directiva que poucos ou ningún coñecemos, centra o poder o a figura da súa presidenta, quen facendo o mellor que "sabe e pode", manexa a asociación dende hai moitos anos, e sempre é reelixida pero nunca nunha asemblea multitudinaria (todos sabemos cantos socios asisten), é dicir, gobernando nunha especie de cargo vitalicio con teatralidade electoral.
Ábaco mentres tanto, coma se dun descenso vertixinoso se tratase, vén caendo dende o cambio da súa directiva, ata case desaparecer na actualidade...
Preténdense xustificar dicindo que non poden facer nada pola falta das famosas subvencións, eu pregúntome se tiñan subvencións cando comezaron, porque non creo que llas outorguen a unha asociación cando apenas comeza.
Ou é quizais que os ideais cos que a fundaron xa non existen ou non son os mesmos?
Tanto pode cambiar a unha asociación o cambio da súa directiva?
Unha con empregados sorrintes ao Pantoja e ex-empregados contando máis dunha interioridade de nóminas, horarios, pagamentos e reembolsos. Cunha ex-xerente xa non tan servil e por iso agora degradada.
A outra sen sede visible, sen empregados, sen xerente estrela (senón mais ben estrelada) e con dimes e diretes entre a súa directiva.
En fin, pobre comercio o do noso pobo se espera que algunha das dúas os axude axeitadamente nesta época de crisis... están apañados se confían que algunha das dúas os asesore...
A algúns lles dirán que a Presidenta-Presentadora está moi ocupada entrevistando ou gravando algún programa...
A outros que o Presidente está a tocar a gaita no desfile ou acondicionando a ampliación do seu local (tamén chamado terraza)...
A moi poucos os tratarán como o que son en realidade, socios que pagan as súa cotas para que lles brinden os servizos que no seu día lles ofreceron...
