martes, 10 de julio de 2012

AVOA CÓNTAME UN CONTO TEU..., NON PLAXIADO...

Como non podía ser doutro xeito a miña investigación sobre a plaxiadora local rematou, estaba en espera das publicacións das distintas comisións de festas...Pero ademais conto coa enorme colaboración de cada día maior cantidade de mosquitos investigadores que me facilitan datos ao respecto...
Xa está a disposición de todos os que desexen ter un novo plaxio da gran copista local "a copia e pega".... si amigos mosquit@s, despois do balbordo armado coas notas anteriores onde xa demos probas das súas grandes artes coa tesoira e o pegamento, volveu intentar enganar a todo o mundo facéndonos pasar por parvos.
Esta vez no libro da Festa de San Queitano, é estraño que a pesar de todas as advertencias que demos sobre a profusa actividade plaxiadora da premiada escritora local, a comisión de festas non tomase os seus recaudos para prever esta situación.
Pero pensándoo ben, sabendo quen exerce de redactora en xefe e fiscalizadora das publicacións, non é estraño que a Carlitos en cuestión non percibise que é un conto plaxiado, cada un actúa de acordo á súa capacidade, e neste caso non podía esperarse nada menos de quen escribe o seu propio nome con axuda do diccionario... en fin, como xa sabemos, son todos da mesma quinta e polo tanto uns apañan aos outros...
Teranse decatado os poucos membros pensantes e honestos da comisión que isto constitúe un DELITO...??? 
Cren cubrir as costas poñendo ao final do libro "as opinións emitidas nos artigos son de exclusiva propiedade dos seus autores", neste caso non é unha opinión, é un TEXTO APROPIADO, e eles contribúen coa súa venda á divulgación plaxiada deste, (a obtención de lucro mediante un texto plaxiado é un delito), serán cómplices entón ...???
A todo isto, segundo información fidedigna proporcionada por mosquit@s editores, souben que a presidenta consorte vetou por motivos persoais algún artigo dun asiduo colaborador do libro, dando en cambio a bendición para a publicación desta burda copia... os demais membros da comisión deronlle ese poder, ou ela o tomou por conta propia como acostumbra... ???
A realidade do tema é que no libro de San Queitano 2012, sae publicado un conto titulado "EL PIPÍ DE LOS ÁNGELES" e a escritora, xa coñecida por todos ( e non precisamente pola orixinalidade dos seus escritos), non tivo ningún reparo en REINCIDIR nas súas artes maxistrais e apropiarse caladamente dun conto popular coñecido polos que acostuman ler un pouco, claro como a señora pensa que a única que o fae é ela e que os demais somos parvos ten a ousadía frecuente de intentar enganarnos, e os iluminados correspondentes conséntenlle a estafa... o importante é que paguen a publicidade do libro....
A desenvoltura e a pouca capacidade fan que a mencionada "escritora" non teña reparo ningún en poñelo como propio (non fae mención ningunha a que é un conto tradicional europeo) pero quen firma é a  señora "pluma veloz"...si ata o título é copiado textualmente....
Déixolles un video interesante do conto, relatado por José María Moreno Paredes, contista profesional sevillano, quen o relata ademais no seu espectáculo "Contos de mundo". 
Quizais o terá visto a autora para inspirarse...??, se é así a inspiración foi tan elevada que se converteu en case unha fotocopia....quién non dá para máis... fae copias....
Veremos unha fotocopia ampliada deles mesmos na procesión do Santo ou irán personalmente... ???