miércoles, 18 de mayo de 2011

EU TAMÉN QUERO UN CHOIO ASÍ


       Nestes días lin un comentario sobre o que nos custan aos guardeses que si traballamos, os cargos dos concelleiros con dedicación (Freitas, Español, Montse, Paulino), un total de 126.500€ ao ano, sen contar con dietas (que polo visto son boas porque case todos engordaron e bastante), teléfonos(instrumento básico para simular que se está facendo algo, aínda que iso sexa falar co gato do veciño), coches (que por certo cambiaron e non por uns de Citröen, se ata niso son traidores), e outros etc, que supomos son algo así como viaxes (de representación claro, nada de gustirrinín), comidas con autoridades (léase comiladas con amiguetes aos que máis tarde faremos ou nos farán favores), etc, etc.

       Se as miñas matemáticas non me fallan, o Sr Alcalde cobraría algo así como uns 4.300€ ao mes, Miguel case 3.000€, Montse e Paulino case 1.700€ (estes ultimos con dedicacións parciais), en fin non vexo o motivo de criticalos, se é o mesmo que calquera pensión ou axuda do paro , ou emprego de camareiro no porto, ou non???

O que si é certo é que desde que accederon ao posto, subíronse os salarios un pouco bastante creo.

¡¡¡¡EU TAMÉN QUERO UN CHOIO ONDE, CANDO QUEIRA, COMO QUEIRA E COS MEUS AMIGUETES, POIDA DECIDIR CANTO SUBIRME O SOLDO!!!!


Por se non me creeis cóntovos o que atopei:


Faro de Vigo 28/06/2007

El alcalde José Manuel Domínguez Freitas tendrá dedicación exclusiva y llevará la delegación de Urbanismo. Percibirá 14 pagas anuales de 2.600 euros netos.
El concejal Miguel Español, primer teniente de alcalde, será delegado de Vías e Obras, Persoal, Protección Civil, Obradoiro de Emprego, tendrá dedicación exclusiva y cobrará 14 pagas anuales de 1.800 euros netos.
Montserrat Magallanes, segunda teniente de alcalde y delegada de Facenda, Turismo, Comercio e Industria, tendrá dedicación mínima de 17 horas y media semanales y cobrará 14 pagas anuales de 1.100 euros netos.
Ademáis:
Los miembros de la corporación percibirán 90 euros por asistencia a pleno.
La xunta de goberno local se celebrará semanalmente, los viernes, a las 09.00 horas. Los concejales percibirán 70 euros por asistencia. Sus miembros, además del alcalde, son: Montserrat Magallanes, Miguel Español, Paulino Rodríguez, Antonio Lomba y Javier Crespo.
Se crearán además las comisiones de Asuntos Plenarios, Contas e Urbanismo. La composición, respetando la proporcionalidad de la corporación será: alcalde, 4 concejales del PSdeG-PSOE, 3 del PP, 1 de Terra Galega y 1 de BNG. La asignación por asistencia es de 70 euros.
Se asignará una cantidad fija mensual por grupo municipal de 150 euros y de 30 euros mensuales por cada concejal del grupo respectivo.

       Cumpre aclarar que para esta época nosa estimada maioría absoluta aínda non decidira outorgarlle ao Sr Paulino outra dedicación, debido á gran necesidade que en materia de tráfico tiña o noso pobo.

Por cantos € dos nosos petos imos xa ao mes para cada un destes concelleiros ? Ademais de dietas e outras regalías claro.
Todo isto mentras nos falan de crise, de brotes verdes, de paro, e que sei eu qué máis...A vós subíronvos os salarios igual que a eles?
 
Mellor non fago números porque cando a fin de mes vexa a miña nómina , voume a querer ir picar unha vaca vesga a Lugo.

A tí pásache o mesmo? Non che dan as contas como á min?,

sobre todo pola gran dedicación que puxeron en facer as cousas....MAL PARA NOS.

ZZZ...MOSQUITO CAPÓN

No hay comentarios: