martes, 19 de julio de 2011

APARACAR NA GUARDA......MISIÓN IMPOSIBLE ATA AGORA


Noticia de última hora, o noso concelleiro de tráfico está barallando a posibilidade de innovar no noso pobo cun revolucionario sistema de aparcadoiro, aquí déixolles a foto.....

O caos para atopar aparcadoiros na Guarda é total, días pasados no porto, ata era imposible transitar co coche, había autos aparcados na curva da rotonda en ambos lados da rúa, co cal só cabía da un auto por vez para pasar.

Eu pregúntome a quen corresponde esa zona? Algúns din que a Portos, outros en cambie sosteñen que o Concello (Tráfico) ten a  responsabilidade, a nós, os cidadáns de a pé, o único que nos queda claro é que o que cobra por supervisar o tema, non está cumprindo coa súa función, sexa quen for. 
Ademais o concelleiro de tráfico, se esa función específica non lle incumbe, tampouco está facendo a supervisión do tema e pondo as súas queixas ante quen corresponda.

Durante todo o ano no resto do pobo aparecen nos nosos coches miles de papeletas de agasallo por aparcar aínda que sexa uns segundos onde non corresponda.
Unha cousa é ser un pouco tolerante ante a falta de aparcadoiro que sufrimos neste pobo e que ninguén aínda solucionou, e outra cousa moi distinta é que cada un aparque como, onde e o tempo que lle veña en gana, e que ninguén dos responsables do tema, nin faga nin diga nada.
Con todo a zona do porto parece ser terra de ninguén.

Estimados Mosquitos, se vides ou andades pola Guarda e non atopades onde aparcar, ide ao porto, que alí o podedes facer como e onde vos pete sen que nada ocorra.

Senón esperade a que o noso concelleiro implante o novo sistema que ideou...

5 comentarios:

Anónimo dijo...

señor mosquito, que yo recuerde, hasta ahora el señor concelleiro de trafico se nos quedo sin sueldo y usted los comento en anteriores publicaciones suyas, y si no me engaño lo recordó en las tres anteriores, como se atreve a decir que esta cobrando?; también es cierto DE QUE NO SE LO MERECE NI EL NI LOS DEMÁS

ZZZ MOSQUITO CAPÓN dijo...

Pareceme señor Anónimo que polo menos vostede galego non le ben, voulle reponde en castelán...
En ningun momento dije que el señor concejal de tráfico cobrara "ahora", aclaré que sea quien fuere el que cobra por esa tarea no está realizando su labor....
Le agradezco además que me lea con tanta detención y asiduidad como para llevar cuenta de los atículos que escribo....
Y aclarar que me atrevo a decir que el cobra lo hace mal o no lo está haciendo "fuere quien fuere el sujeto en cuestión"...
En cuanto a nuestro ilustrísimo concejal de tráfico, hasta ahora si cobraba, pero en estos 4 años tampoco supervisó el tema....

Anónimo dijo...

señor mosquito, le agradezco su aclaratoria, también le quiero comentar de que soy un seguidor de sus escritos, por cierto mi gallego es bastante malo ya que cuando lo estudie en la escuela no era el mismo que estudian mis hijos en la actualidad,sin mas reciba un cordial saludo.

PACO JONES dijo...

Querido mosquito e outros insectos; a zona do Porto é competencia de Portos, un organismo da Xunta; o que pasa é deixadez de funcións.

Agora imos a entrar noutra cousa: "o problema do aparcamento". Este é o maior problema da nosa vila, e durante 40, 30, 20,... anos ninguen quixo colle-lo problema e afronta-lo con seriedade. "Política do avestruz": como non vexo o problema, o problema xa non existe. O problema agravaouse.

Fai 40 ano era un problema funcional; pois tendo as mesmas rúas (unhas poucas menos) o número de coches era escaso. Có paso dos anos o número dos coches foi sempre en aumento, pero non o número de estacionamentos; máis ben todo o contrario coas "humanizacións", que minguaron algo o número de prazas de estacionamento. Isto é o agravamento do problema.

En conclusión, fai 40 anos era un problema funcional; hoxe é un problema estructural, que afoga a vila e hai que buscarlle unha solución, sen demagoxias nen falsos xogos, nin escurri-lo bulto por intereses políticos ou escuros,... En caso contrario haberá que tomar medidas drásticas nos vindeiros anos, e este é un pobo moi "anarco-conservador" (non nós gosta recibir ordes e somos moi dados a ser protestóns).

Polo tanto dende o Concello, todos eles deben porse ó fronte da nosa sociedade para buscar unha solución que resolva o problema para varios anos. Haberá perxudicados, pero a inmensa maioría sairemos gañando.

Non necesitamos avestruces, agora necesitamos castores (deses animaís que constrúen presas nos ríos).

zz-paff dijo...

O tema do tráfico non existe na mente dos equipo de goberno, menos mal e non hai carencia de espacios na Joreña, senon os usuarios do Pote da Saladina, andarían os trompicóns para poder chegar o máis cerca do grifo do ilustre concelleiro de tráfico e séu honorable irmán prexubilados dos autobuses. a pregunta é ¿Daríanlle a concellalía de tráfico por traballar en Citroen e o Victoriano en ATSA? ¿Será ese o motivo polo que son expertos nas carreteras e aparcamentos?