viernes, 29 de julio de 2011

LEMBRANDO O PASADO....

Nunha nota publicada pola ex edil agora convertida en Carlos, faise referencia a un escrito no que segundo ela, a concelleira por CG anticiparía a súa abstención á hora de votar no pleno deste venres polos salarios do equipo de goberno....

Alégrame profundamente que a Carlitos en cuestión trate de instruírse un pouco e polo menos lea o xornal, o que non garante que entenda o que le claro, iso xa é pedirlle demasiado.

Estamos de acordo en que absterse é regalar o voto, pero isto tampouco é novo, xa o aclarei nunha nota anterior, o que me sorprende é que:
-En primeiro lugar, soamente fale da suposta abstención de CG, e se  esqueza de quen coa súa abstención regalou a alcaldía ao PSOE local, ou é que iso non o leu na prensa?, ou seica o leu pero non o entendeu?
-Seguidamente, dita señora evidentemente sofre dunha amnesia conveniente, porque esqueceu a profusa experiencia que posúe no que a abstencións se refire e de varias clases (EU, IV, TEGA, IVxG, persoais....)

É certo tamén que algúns políticos, ou "intentones de quenda" como é o seu caso, cren que o pobo ten menos de dous dedos de fronte e isto especialmente demóstrano cando se presentan ás eleccións e logran sumar entre votos descoidados e familiares 170, quedando co piñeiro de Nadal na man en pleno verán.

No referente a que aos guardeses só interésanos o concernente ao noso concello, recordarlle que en determinada ocasión, a nosa ex concelleira Carlitos, dado o seu alto nivel de pluralidade cultural, vestiunos o pobo nuns Nadais con iluminación gaditana, e os mariñeiros guardeses, brindamos por esas datas entre cadeiras de taboado e guitarras flamencas, claro que despois pagamos xenerosamente polo tema, non ía ser doutro xeito, faltaría máis...

Finalmente dicirlle, que vostede tamén se pronunciou e por iso o pobo guardés non lle deu o seu apoio recorda o 22 de maio? se a envexa fosen pesetas, a Sra Carlitos sería millonaria, pero de rabo, na de na, por iso a fixación cos vellos tempos...

5 comentarios:

Anónimo dijo...

A carlitos ten un pequeno ou gran problema, que simplemente e que quedou fora, e lle molesta que a nobata sexa millor ou simplemente mai lista que ela e pode presumir que o pobo lle deu o seu apoio

Anónimo dijo...

a novata e un paquete mais demostrouno o ceder no salario do alcalde

ZZZ MOSQUITO CAPÓN dijo...

o salario de quén? do alcalde que temos grazas a cesión do experimentado do BNG e a súa novata acompañante?

Anónimo dijo...

as culpas ahora levaas o bng,e alista de cg arregla as cousas non,menuda vergonza que se tire o porco ou que volba pa lonxa que e po que vale a tipa

ZZZ MOSQUITO CAPÓN dijo...

anda Carlitos coma sangras pola ferida... outra vez trata de escribir sen faltas que se te coñece por iso jajajaja...
ah! eu polo pronto publicote os comentarios ainda que sexan burdos coma ti, ...pero ti como é que nunca tes ningún?