domingo, 31 de julio de 2011

OS 4 FANTÁSTICOS XA TEÑEN SALARIOS

 
Neste pleno ocorreron unhas cantas cosas que cabe comentar...

En primeiro lugar, quero aclarar que a miña postura con respecto ás abstencións segue e seguirá sendo a mesma, NON me parece unha posición aceptable, son simplemente chicaneos políticos para non definirse claramente, para non adoptar posturas ante o pobo e quedar asi no cuarto da saúde...dáme igual quen se absteña, eliximos aos nosos representantes para que se declaren a favor ou en contra de cada tema e fágano no noso nome, e non para que digan NON OPINO...

En canto á abstención da concelleira de CG, dicir que NON me pareceu acertada a súa postura con respecto ao tema dos salarios, xa que se os números daban unha cifra parecida ao que eles propuxeran, por que non votar a favor?, e se non era ese o caso, entón por que non votar en contra?

Máis aló desa cuestión, aclarar que o noso alcalde e o seu séquito xa teñen salarios, aínda que CG oubese votado en contra, porque o que si é absolutamente incomprensible é que a propósito do tema de relevancia que se ía a tratar neste pleno, DOUS CONCELLEIROS do PP estivesen ausentes, e en ningún momento a súa ausencia fose xustificada polo seu portavoz...estraño non ? Cheira mal o aire que vén da sede do PP....algo se anda cociñando...

É dicir, claramente debemos ao BNG coa súa decisiva abstención, o regalar ao PSOE a alcaldía desta lexislatura...e ao PP coa significativa ausencia de dous dos seus concelleiros, os soldos que ten o noso alcalde e a súa corte...ademais de ver como CG non quere mollarse no tema...

O que se foi evidente neste pleno é que houbo:
-Chicaneos e vaivéns dun BNG que o único que quere é protagonismo e non facer unha oposición coherente e informada.
-Unha CG que non adopta unha postura clara e prefire os grises.
-Un PP fragmentado e como sempre sen saber de que vai o tema se non lle envían o guión dende Santiago.
-E un PSOE chulesco que aínda non se decatou de que están en minoría por falta de apoio da xente que cada día cre menos nas súas mentiras...

Aínda que non me agrade o que se viu, cabe dicir que era imprescindible chegar a algún acordo salarial, non podemos estar sen gobernabilidade como ata agora.
Estancados en debates que o único que fan é paralizar o funcionamento adecuado do concello.

5 comentarios:

PACO JONES dijo...

Imos cunha pequena explicación matemática; os sucesos son posibles ou imposibles, dentro dos posibles hai que estudia-la súa probabilidade.

1º) Podríamos ter un goberno PP+BNG+CG. Improbable por non decir imposible, pois a postura política do BNG é impedir calquer goberno do PP; ademáis o Sr. concelleiro do BNG "non se postulou" para Alcalde no Pleno de investidura, ¿cobardía política ou medo a asumi-la responsabilidade? Ademáis esta proposta ten o problema da suposta "división" interna no PP.
Conclusión: non é un goberno estable, malo para A Guarda.

2º) Podríamos ter un goberno conxunto PSOE+PP, ou dos primerios asistidos polos segundos. Nunha situación de emerxencia podería ser unha solución, pero a suposta "división" interna no PP e certas actidudes chulescas do PSOE contra á súa "líder" sería duro de leva-lo adiante e convivir.
Conclusión: non é un goberno estable, malo para A Guarda.

3º) Poido darse a combinación PSOE+BNG, aparentemente era a máis lóxica e despois do 22-Maio eu dáballe moitas probabilidades; ¿porqué non saíu adiante?, ainda hoxe ninguén explicou o porque. Persoalmente no creo que fose por os salarios, posiblemente fose por cuestións persoaís.
Conclusión: poido ser un goberno estable, malo para A Guarda se había cousas persoaís de por medio.

4º) Goberno entre PSOE+CG; despoís das eleccións non apostaba por esta combinación. Lendo a nota de prensa en medios dixitaís locaís de CG atopo de fondo unha mensaxe que non me cadra có que coñezo de C. Fariñas destes anos.
Conclusión: ¿? Non teño datos suficientes, hai que estudiar máis, recoller datos, analizar certas ecuacións, variables,... Podríamos iniciar un camiño que non estaba nos meus cálculos matemáticos.

¡¡Que razón ten Otto Von Bismarck, a política non é unha ciencia exacta!!

Sobre o voto de abstención, é democrático, neste caso podería ser similar a un "ceda o paso" en vez dun "stop".

Tras revisar-lo teu escrito é cando descubro as dúas ausencias de concelleiros do PP, pois no xornal que adoito ler non dicía nada.¿confirmase o mar de fondo dentro PP?

Anónimo dijo...

VAMOS OME E DE VERGUENZA A EXPLICACION DE BEA,¿CANTO LLE UNTARON.....,QUE NON FAGA UNHA CORTINA DE FUME CON ESAS EXPLICACIONS ENMERDANDO OS DO BNG,BO CAMIÑO LEVA QUE APROBEITE O CAZO QUE IMOS VER SE NAS PROXIMAS CONSEGUE MANTER A CANDIDATURA












¡

Anónimo dijo...

o que fixo converxenzia e traizoar a todos os que lle votaron ,imos bos,pero que non esqueza que quenes lle deron o boto tamen llo retiran.

Anónimo dijo...

Converxencia Galega simplemente vendeuse e o PSOE simplemente comprounos. Fácil de entender. Ninguén cre que agora se absteñan a cambio de nada. No pleno pasado votaron en contra para impedir os salarios a egora absteñense para darllos. Non necesitaban votar a favor, xa que en caso de empate o alcalde ten voto de calidade e decide. Algo lle terán dado... a ver se a volta do verán non temos unha concelleira nova no goberno. Como moi tarde en nadal, que a xente está a outras historias... Eu aposto por unha concelleira de CG en cultura ou servizos sociais.

Anónimo dijo...

Fariñas fixesteis ben outros facen ó mesmo pero de diferente forma,agora metelle as pilas, a esa cudrilla de inutiles.