sábado, 9 de julio de 2011

A PELEXA POLOS SALARIOS: PARTE 1

Este pleno dá moito que falar e que pensar por iso seá preciso que escriba mais dunha nota...

Foi patética a actuación e a pelexa ao estilo dunha poxa de festas patronais á que asistimos, poxa que por outra banda deixou ás claras os pactos e reviravoltas que uns e outros están dispostos a facer para seguir ostentando poder ou obtelo. Todo parece valer para algúns dos nosos edís...

Non lles vin pelexar por necesidades do pobo, nin pola taxa de paro que temos, nin pola crise, só lles resulta transcendental seguir gañando avultados cartos, que sumados a comisións e outras herbas, non quedan nas cifras ás que fan alusión, senón a moito máis diñeiro...

Teñen a desvergoña de dicirnos que non chegan a acordos por 16€ ao día, cantidade ao parecer ínfima para eles,16€ que se son tan pouco como para que BNG tivese que ceder, tamén serían pouco para que cedese PSOE, ou é que non é a mesma cantidade dependendo de quen se trate?

Señores concelleiros de PSOE e BNG: Déstedes pena coas vosas palabras. Falades de cantidades como 20 ou 25 mil euros coma se falásedes de area do Carreiro, con esas cantidades hai familias que terían os seus problemas laborais resoltos, e vós banalizando polos vosos salarios ?.

Se é verdade que ganais menos que nos vosos respectivos postos de traballo (cousa que non se cre nin o can bobo do meu veciño), vos desafío a que o demostredes retornando a vosa labor anterior, ou é que queda moi bonito en palabras, pero que na realidade contante e sonante, non nos referimos a un salario de 14 pagas anuais, senón a moitas outras máis remuneracións e amizades que noutro sitio non teriades ...

Para algúns de vós, aínda as pagas mínimas serían demasiado, xa que por máis que nos queiran dicir que aforraron e traballaron ata o hartazgo, cantas persoas semianalfabetas coñecedes que gañen o que vós lles pagades co noso diñeiro?
Cantos coñecedes que estean en postos de traballo para os cales non están capacitados nin mínimamente?
Cantos que en empresas privadas adíquense a catar albariños e a usar coches oficiais para fins persoais e ademais reciban retribución ?

Hai xente neste pobo realmente preparada, que ou non ten traballo ou que debe traballar no que atope e por moitísimo menos diñeiro, mentres que temos concelleiros sen preparación algunha que por ir no medio dunha lista e ser chulos de barrio estanse forrando á nosa costa e por riba quérennos vender que son máis que fantásticos...

Meditade ata o próximo pleno se é que tedes capacidade polo menos para iso...

No hay comentarios: