miércoles, 31 de agosto de 2011

ADEUS FERRY ADEUS!


Hoxe día 30 de agosto publícase na páxina do concello unha nota do noso alcalde explicando algunhas xestións realizadas entre A Guarda e Caminha para que non se paralice o ferry.
Comenta ademais que a cidade veciña ten pensado paralizalo o 15 de setembro, ante a falta de dragado do río, dificultades dos horarios dos traballadores portugueses, avarías do ferry, etc...

Guardes@s que máis nos van a quitar?, déixannos sen traballo, os nosos mozos para atopar traballo ou estudar deben irse, pechan servizos sanitarios, aumentan os nosos impostos, dannos cheques bebés que ao pouco tempo nos quitan, sóbennos a idade de xubilación, etc, e agora estes socialistas que de preocupación pola sociedade teñen ben pouco, miran para outro lado deixándonos sen unha comunicación sumamente necesaria para o noso pobo...algo máis????

Sendo alcaldesa polo PP, Dna. Purificación Álvarez Álvarez, inaugúrase o ferry, có fin de dinamizar a nosa economía e industria transfronteiriza. Hoxe en día parece que non necesitamos as mesmas cuestións e entón quitámolo....incomprensible!!!

Temos unha deputada do PP guardés, qué está facendo sobre o tema?, gustaríanos sabelo, xa que a ela tamén lle pagamos o salario cos nosos impostos, non estaría mal que defendese un pouco o seu pobo non?

En fin, como son mosquito téñoo un pouco máis fácil, eu podo voar...aínda que seguirei pescudando sobre o tema...


4 comentarios:

PACO JONES dijo...

Lamento a intención da Câmara Municipal de Caminha de tentar fecha-lo Ferri. Pero imos có noso, fagamos unha analise da situación na que estamos e porque chegamos a ela.

1º) Debe ficar craro que draga-lo río, extrae-la area, manter operativa a zona de navegación do Ferri non é competencia municipal. Hai outras institucións da Administración que si teñen esta competencia.

2º) A orixe do problema é o aterramento que sofre o esteiro (polo tanto tamén a canle de navegación); parte deste proceso é natural, pero unha parte importante ven do baleirado dos embalses, e así o aterramento que estes teñen remantan aquí no esteiro. Polo tanto a Demarcación Hidrográfica Miño-Sil debe formar parte da solución, pois é unha administración con competencia neste río.

3º) Para a extracción dos áridos hai que buscarlle un marco legal estable, non valen solucións parciáis para uns poucos meses. Como é un tramo internacional supoño que a competencia estará na Administración Central, polo tanto dende o Congreso dos Deputados debe facerse unha lei ou modificar algunha existente para ter un marco xurídico donde encadra-lo problema.

4º) ¿Qué facer cós áridos extraidos? Pois aproveitando o marco xurídico anterior, darlle unha saida. Aproveita-la area para rexenerar praias; non me creo que os áridos procedentes de canteiras son mellores que esta area natural, nin sexan máis baratas,...
Poidera ser que hai para esto último certos intereses empresariáis ocultos e moi ben relacionados con altos cargos da Administración.

5º) Como financiar todo este proceso; se hai unha Administración competente na materia, o custes deben ir dentro do seu orzamento. Polo que sei a Administración competente é a Demarcación Hidrográfica Miño-Sil.

Como exemplo ou posible referente, pode valer o exemplo do porto fluvial de Sevilla; o Guadlaquivir dragase para manter operativo a canle de navegación.

¿Porqué non se deu unha solución real e estable ó problema do Ferri?. Haberá que preguntar que fan determinados altos cargos da Administración, ¿quizais habería que lembrarlles o artigo 404º do Código Penal sobre a prevaricación?. Lamentablemente como moitos dos delitos que poidan comete-los cargos políticos e altos cargos da Administración, a prevaricación non ten unha pena privativa de libertade.

¡¡Que sorte isto de ser político e facer que o Código Penal poña unhas penas ínfimas ós delitos que cometen os meus camaradas de traballo!!

Aproveitando a inminencia das vindeiras eleccións xerais; meu querido mosquito hai que preguntar ós deputados en Madrid do PSOE, PP e BNG, ¿qué fan no Congreso?, despois de todo facer unha nova Lei, Real Decreto,... ou modificar un existente támpouco é algo tan complexo,... Hai que perdoalos, son políticos.

Meu tío UTÓPICO JONES dixo:"os políticos prometemos de todo, incluso construir unha ponte onde no hai un río".

Anónimo dijo...

Os deputados do PP e PSOE en Madrid non sei que fan, pero que eu saiba os do BNG xa levaron este tema ao parlamento español.

PACO JONES dijo...

Consultando arquivos do Congreso dos Deputados, si señor hai preguntas da Sra Deputada Olaia:
5/01/2011 sobre o balizamento do Ferri.
11/04/2010 solicitando información sobre o dragado do rio Miño para o funcionamento do Ferri.

Sobre outros deputados do PP ou PSOE non atopei nada.

Pero hai un matiz de calidade do traballo; facer preguntas non é implicarse no problema. Presentar unha iniciativa lexislativa para modificar ou criar unha Lei para arranxar un problema, si que leva implicarse na solución do problema.

Ós deputados do PP e PSOE suspenso por moi deficiente; deputada do BNG suspensa pois ainda falta algo de esforzo para acada-lo aprobado.

Sei que isto che moslesta Sr. Anonimo do 4 de Setembro; pero cho explico o porque da nota.
De cativos todos facemos e facemos máis preguntas ata que logramos aburrir ós nosos pais e a outros adultos. Pero ó madurar deixamos de facer tanta pregunta para comenzar a facer cousas. Facer preguntas é unha actitude pasiva, facer cousas é unha actitude activa. Por non facer nada de nada ós outros deputados os califico de moi deficientes, mentras que por facer preguntas á Sra Olaia doulle un suspenso perto do aprobado, faltalle a fase activa, ¡¡FACER!!

Non se me enfade Sr.Anomino, eu só fago analises técnicos, sen xuizos políticos, nin ideolóxicos.

Anónimo dijo...

Non me enfado non.... Antes de facer proposicións doutro tipo nun parlamento hai que saber cal é o estado da cuestión, ou córrese o risco de propoñer algo que xa está en marcha dende algún ministerio.