Como vos destes conta, estiven uns poucos de días sen facer comentarios, nesta época estival é cando máis traballo teño...fai calor, a xente vai máis desprovista de roupa, as praias están a lume de biqueira de churris, e como é lóxico, pico e pico de arreo.....
No medio da miña ardua sesión de traballo, pilloume a festa do monte....vaia forma de papar macho!!!....iso si, aínda que non bebo viño, igual tiven unhas resacas descomunais, será que este ano o sangue vén cun sabor a uvas incrible...
No medio da miña ardua sesión de traballo, pilloume a festa do monte....vaia forma de papar macho!!!....iso si, aínda que non bebo viño, igual tiven unhas resacas descomunais, será que este ano o sangue vén cun sabor a uvas incrible...
Falando de festa do monte, hai moito que dicir do tema, para comezar, quero felicitar a case todas as bandas do desfile, en xeral dicir que chegaron ao porto case en perfecta orde, algo pouco afeito, e un mérito digno de destacar, FELICITACIÓNS POLO DESFILE DESTE ANO!!!
Os grupos típicos, como sempre unha pasada, cada vez con maior presenza e número de gaitas, unha auténtica gozada...
Os nosos maiores moi ben representados coa súa raíña e damas de honra, iso se, faría falta unha raíña e damas representando a nosa mocidade, parece que non temos guapas mozas, e iso non é para nada certo...a miña palabra....
Un pracer ver tamén no desfile a algúns dos nosos concelleiros, fala a favor deles o ser e mostrarse como parte do pobo, aínda que se notou en falta a representación duns cantos, non lles gustará a festa?
Ben pola organización, aínda que este ano as orquestras foron de menor nivel, non haberá suficientes fondos?, non colaborou o pobo como antes?, todo un misterio...pero segundo din este ano é o último desta comisión...que ocorrerá de aquí en máis? desaparecerá a festa?, farase cargo o concello?, haberá alguén que desexe continuar?
Moitos rumores escóitanse sobre o tema, ata hai quen di que un aspirante a xeque árabe do pobo (que de xeque o único que ten é a barba e o descaro), vai dicindo por aí que el non ten problemas en facerse cargo, pero como xa o fixo noutra oportunidade e de forma desastrosa, a xente o único que fai ao oílo, é mofarse del....
No hay comentarios:
Publicar un comentario