Fai uns días chegoume a información de que durante o verán, algunhas terrazas contaron coa presenza de xente do PP, achegados do PP, ex-bloqueiros, ex izquerda unida, ex PC, ex Galeguistas,...e outras persoas sen afiliación, as que, non soamente tomaron cervexas e café, senón que mantiveron reunións distendidas en reiteradas ocasións e nas que máis tarde aparecía algún cargo electo, algúns papeis, etc..
A información, debo confesar, tomoume por sorpresa, eu viunos, pero estaba nesas ocasións tan atareado picando e picando para abastecerme cara ao inverno, que non reparara na cuestión...máis tarde sobrevoei por outras zonas de concellos veciños e falando cuns e escoitando a outros, descubrín que a información era certa...
Finalmente con data 26 de setembro viña a este mundo unha nova asociación, " Asociación Veciñal pro Unificación Municipal:Concello dá Foz do Miño", un bebé chegaba a esta comarca coa idea de plasmar un desexo de moitos, unificar nun só os concellos do Rosal , Oia e A Guarda.
Para celebrar, reuníronse nun restaurante do porto a tomar uns viños, lugar onde outros mosquitos que estaban presentes corroboráronme a noticia...
Na miña modesta opinión serían moitos os beneficios para todos os concellos membros desta unión, uns potenciarían e complementarían aos outros, por exemplo, a viabilidade de facer un polígono industrial en condicións e rendible estaría máis próxima, teriamos maior peso comarcal na toma de decisións, á hora de pedir axudas, etc...
Pero veñen á miña mente cuestiones quizais banais para moitos, entre eles para o meu mesmo, que puidesen, se non son tratadas adecuadamente, abrir brechas ou xerar malentendidos e discusións.
Por exemplo, Onde estaría a Casa Consistorial?, Cal sería o escudo ou a bandeira do novo concello?, Como estariamos rexidos administrativamente falando?, Como serían as eleccións dos cargos políticos?, Como sería a proporcionalidade representativa no novo concello?, Como funcionaría a policía local e o xulgado de paz?, Non estarían en inferioridade de condicións no momento electoral os pequenos partidos?, Como se organizarían as concellarías? , etc etc.
Un sen fin de cuestións que haberá que determinar, organizar, consensuar e divulgar entre os cidadáns.
Pero a pesar de todo o traballo que iso representa a futuro, o meu parabén polo recente alumeamento, iso se, recordar que como en todos os casos, o nacemento en si mesmo é algo difícil, pero sempre o traballo máis difícil vén despois, o educar e traballar co recentemente nacido adecuadamente e de modo coherente, tendo en claro que o fín último da cuestión é que sexa de proveito e felíz...