lunes, 14 de noviembre de 2011

ALBARIÑO MILAGROSO

Hai pouco tempo e logo dun acto no Recreo guardés, puidemos presenciar un espectáculo alucinante.... 
Logo dalgúns anos de pelexas, malos entendidos, dimes e diretes, dous antigos amigos que se puxeron en pé de guerra un contra o outro, viviron un emocionante reencontro en presenza duns poucos afortunados entre os que como é lóxico estaba este mosquito.
Non comentei con anterioridade esta noticia, porque  tomeime o meu tempo para recuperarme de tal visión...si mosquit@s, aínda que non o creades, un político coñecido, que na actualidade non está como concelleiro e quen vén gozando dunha desinfección de alta gama ao desfacerse de gran parte do seu enfermizo círculo político anterior; compartiu un sentido abrazo de reencontro amigable con alguén de galicia cara ao sur, algo impensable para moitos entre os que inclúome....
Presenciando tal acto case subrealista atopábanse varias persoas próximas políticamente a el, concelleira do partido incluída, e tamén algún edil da oposición, todos os cales quedaron pampos e sen poder dar crédito ao que estaban presenciando, algún ata debeu crer que o albariño que bebera había sido demasiado, ou era milagroso onde os haxa...

Felicidades a ambas as partes polo xesto que tanto un como o outro tiveron en honra á amizade do pasado, iso si, a próxima vez, darnos tempo para a foto, xa que nos tomades a todos tan de improviso que ningún tivo tempo para sacar sequera o móbil e inmortalizar o acto... 

Veremos en pouco tempo outro reencontro cos seus antigos amiguetes de partido?,
Haberá que esperar, din que os milagres existen!

6 comentarios:

Anónimo dijo...

os seus amiguetes tóxicos andan a xuntarse e facer reunións nas que son sempre os mesmos catro, din as malas lenguas que o motivo para as xuntanzas é falar das medicacións dos psiquiatras de cada quen

Anónimo dijo...

cómo nadie quitó una foto de tal ilustre momento!
me contaron que un abultado amigo del ex edil solo sabe decir que él estaba ahí cuando ocurrió...

Anónimo dijo...

eu quero ad vertir a toda a cidadanía guardesa que non é sau dable camiñar po la rúa galicia, din que por alí fae un vento que torna a todos un puco mal da cabeza, e é certo porque fai pouco vin varios de les xuntiños nun comercio da lí e o único que non estaba tolo era eu que viña de porri ño de buscar a miña dosis diaria

zz...paff dijo...

O reencontro coleguil foi comentario durante unha semana por todos os que asistiron a expo-filatélica. A verdade, xa que o drama de lágrimas foi grande. Pero de ahí a que haxa "pacificación" cos "alucinados" non é posible por prescripción facultativa, e menos agora que o "volador" e a ex-concelleira, están niveladas con tranquimizin, o que está costando máis nivelarlle as neuronas é o eskaiolas, pero todo se andará. é máis no quard

sacristán dijo...

COLEGAS: palabra que viene del latín "cum legere", los que estudian juntos.A mi el reencuentro no me extraña, después de todo fuimos compañeros en el seminario de Tuy.

Lo que Dios une, aunque lo separen los hombres, volverá a unirse.

Lo que es para estudio (de psiquiatría) es sobre los "problemas mentales" que acaban algunos candidatos al Ayuntamiento que no consiguen tener un silla en el salón de plenos.

Tan grande debe ser la pena que acaban con una depresión, que las existencias farmaceúticas de tranquimazin, alprazolan,... se agota a los pocos días.

aturuxo dijo...

¡válgame Deus! agora xa son amigos...para sempre. ¡Bueno ten rechear o espacio dos ¡ique amigos! escaioleiros que quedaron tocados no cerebelo o perder os tres escaños que ían sacar, non tiñan moi claro se o terceiro ía ser reforzado para que se sentara o xeral, baixo para o vende trapos ou amplo para poder aparcar o copia papeis. O que é fixo e que todos eles andan en tratamento neuronal