jueves, 3 de noviembre de 2011

ZZZ MOSQUITO CAPÓN ...PRESIDENTE


 


Comeza a campaña electoral pola presidencia, e moitas preguntas andan dando voltas polas cabezas de todos os que vivimos neste fermoso e maltratado país...quen será o próximo gobernante?, en que mans caerá o temón desta nave á deriva ?...
 
En fin, non me gusta pecar de sabelotodo, pero neste caso debo dicir que o mosquito xa sabe quen vai ser o próximo presidente de España...., e teño fundados motivos para adiantar o resultado, si mosquit@s, o próximo en liderar esta nación é nada mais nin nada menos que "ZZZ MOSQUITO CAPÓN"...

Paso a explicar os motivos da miña certeza:


Existe unha especie de sortilexio que persegue a todos os candidatos á presidencia do Goberno español que non contan coa letra Z , que fai que perdan as eleccións.

De feito, a presenza sistemática da Z nos apelidos dos máximos dirixentes políticos españois aparece vinculada á implantación do sistema democrático e remóntase ao mesmo instante en que o sufraxio universal empezou a operar en España.

Así, o primeiro presidente da II República Española foi Niceto Alcalá-Zamora e Torres.
O segundo, Manuel Azaña Díaz.
É máis, todos os presidentes republicanos no exilio incluían a letra zeta no seu apelido: Martínez Barrio, Jiménez de Asúa e Maldonado González

En cambio, durante a ditadura franquista a letra Z desapareceu dos apelidos dos presidentes do Goberno español: Franco Bahamonde, Carrero Branco ou Arias Navarro.

Seguimos con Adolfo Suárez, Felipe González, Jose María Aznar, José Luís Rodríguez Zapatero. De feito o slogan deste último era ZP presidente, dándolle á letra Z un papel preponderante na súa campaña. 

O caso de Leopoldo Calvo Sotelo, o sucesor de Adolfo Suárez, é especial. Non ten a letra Z nos seus apelidos, pero non foi elixido nas urnas, senón que foi nomeado presidente tras a dimisión de Suárez. Coincidentemente, o día que se estaba votando o seu nomeamento era o famoso 23 de febreiro de 1981, no que Tejero irrompeu no Congreso pondo en perigo a democracia e intentando dar un golpe de estado, polo que Calvo Sotelo estivo a piques de non ser presidente.

Os presidentes elixidos democráticamente desde 1975 non só teñen a letra Z, senón que aparece nos dous apelidos: Adolfo Suárez González, Felipe González Márquez, Jose María Aznar López, José Luís Rodríguez Zapatero. Isto fortalece aínda máis a coincidencia.

Como vos dais conta, Mariano Rajoy non ten a letra crave Z no seu apelido. O seu segundo apelido é Brey, polo que as letras que se repiten son a R e a E, non a Z. Será que este detalle impediralle ser presidente ?


No meu caso en particulatr, teño TRES LETRAS Z SEGUIDAS (ZZZ MOSQUITO CAPÓN), motivo polo cal teño máis que garantida a miña chegada triunfal á Moncloa...non o credes?...

7 comentarios:

Anónimo dijo...

conta co meu voto jejeje, joer ti si que sabes

ciudadana del mundo dijo...

Por desgracias, no eres candidato.

La gran desgracia que vamos a tener otro Presidente de Gobierno no se podrá unirse a los corrillos en las reuniones en Europa solo habla el castellano y mal el gallego. El Sr. Raoy sabe que en Europa hay que saber hablar Ingles para poder hacer tratos con los otros presidentes de gobierno en esos corrillos no van los traductores son reuniones privadas. Nos espera 4 años perdiendo poder en Europa y en El Mundo por tener políticos de ¾ por decir algo bueno.
Por lo menos algunos sabemos quienes en realidad va mandar en España y Europa ALEMANIA Y FRANCIA, nosotros solo somos peones del tablero, nos falta saber si estamos en lado que pierde o gana.
El Sr. Rualcaba se puede decir es una persona de inteligencia rápida y lo mejor pose el dominio de varias lenguas como son ingles y francés a parte del castellano y un poco de Alemán de supervivencia cuando estudio allí. Así comprendo los grandes resultados durante su época en el ministerio del interior la comunicación era directa con Francia de ministro a ministro, así se consigue resultados.
Creo que tenemos unos políticos sólo piensan en hacer carrera política para enriquecerse, pero no tienen conocimientos de cultura general, idiomas o que hayan trabajado en otra cosa no sea en política. Esto también lo digo por nuestros políticos a nivel del ayuntamiento de A Guarda, O Rosal, Oya, Tomiño.

zz...paff dijo...

vas ser un oso duro de roer, conta co meu voto, iso sí rexeita na furna as papeletas do carlitos, da laura e do sin neuronas, xa que seguro que si aceptas o séu voto, logo queren ser ministros, e soio tes unha alternativa, darlles en grupo o Ministerio do Cortello, e ainda nsese, seguro que fracasan.

PACO JONES dijo...

Cando era pequeno facendo os deberes de xeografía, pregunteille ó meu tio PRACTICO JONES: "¿Canto de grande é a lúa?, o meu tío olloume e respotoume: "¡¡depende do tamaño do armario!!" ¿¿??

Era evidente que os dous falábamos de cousas distintas; pois algo similar acontece con nós e os nosos políticos, falamos de cousas distintas. ¿De qué se rien os políticos durante os mitíns?, de tódolos ilusos que lles aplauden, pois non saben o que lles espera despois das eleccións; teremos que apretarnos o cinto, pero no pescozo.

O meu mestre de filosofía CINICO JONES, "un político sempre se preocupa polo futuro do País, ata que accede a un cargo ben pagado, logo a súa única preocupación é mantelo".

O outro día no xantar dominical familiar, a miña irmá ANACO JONES (Presidenta do BANCO JONES) fixo unha analise moi simple da situación actual:
"A sociedade gracias a estes políticos tragouse tódalas nosas mentiras. A crise é a palabra clave para meterlles o medo no corpo ós máis débiles; mentrás nós duplicamos ou triplicamos os nosos beneficios".

Pero o meu cuñado LADRONESCO JONES deixou unha definición sinxela do que é a política:"a política é a arte de goberna-los asuntos públicos, para beneficio duns particulares".

Son moi pesimista (debe ser por un exceso de información realista); pero estou moi convencido que as persoas que vivimos neste país chamado España merecemos algo moito mellor que todas esta merda pola que teremos que optar o 20 de Novembro.

Anónimo dijo...

ir a llorar a el escorial en memoria del tito franco el capu... que mando y mat.. a los españoles durante 40 primaveras, por cierto ya son 36 años bajo esa losa ay se pudra el y su memoria. baya fecha para ir a votar.

PACO JONES dijo...

Temos uns ingresos de 100, os nosos gastos son de 120, e temos unhas débedas de 60. Mirando estas simples contas podemos facer catro cousas:

1º) Aumenta-los ingresos para cubrir totalmente os gastos, e ir pagando algo das débedas.

2º) Dismimui-los gastos ata que sexan inferiores ós ingresos, e así poder pagar algo das débedas.

3º) Facer unha mistura das dúas solucións anteriores.

4º) Non facer nada, seguir como agora gastando máis e aumentado as débedas, ata que os veciños propietarios do super, do bar, do taller,... me manden ó "cobrador do frac" para cobrarme as facturas e de paso xa negarme tódo crédito. Entón nese intre descubro que estou totalmente arruinado, teño a nómina embargada, a casa embargada,non teño diñeiro para a gasolina,...

A opción 1º ma ofrece o candidato de Santander, a 2º ma ofrece un rexistrador de propiedade de Pontevedra. Pero estou seguro que os dous me aplicarán a 3º.

A 4º opción xa foi experimentada por varios paises de Europa durante os primeiros anos da década dos 30; rematarón con réximenes ultranacionalistas e feixistas no poder. Rematando todo nunha Guerra Mundial.

Esperemos que isto comence a se-lo inicio do final, para dentros duns meses comenzar a ve-la luz ó final do túnel.

Anónimo dijo...

conta co meu voto mosquito a quén máis poderiamos votar entón?
ao calvo que ata agora estivo no goberno e non fixo nada do que agora promete?
ao barabas que di moito, promete máis pero que a hora de facer, só facerá-nos merda como fae sempre o PP?
a IU para que nos defenda coma fae nos seus sindicatos?
eu votarei ZZZ MOSQUITO CAPÓN, iso si, dame a tua palabra de que encontrarei as papeletas!!!!
senón tendrei que levalas da casa