lunes, 19 de diciembre de 2011

O NADAL ESTÁ AQUÍ


Estamos en Nadal, días de sentimentos encontrados, de alegrías e tristuras, de felicidade e recordos.
A min en particular, estas datas amólanme e bastante...

Sufócame pasar coa mosquita longas horas adornando toda a casa en vermello e verde e cociñando como Arguiñanos alporizados, para que a tropa familiar (xa sabedes que os mosquitos somos de familia moi numerosa), arrase ao seu paso pola casa con todo o que pareza comestible, e nin sequera noten os adornos propios da ocasión...

Pero o que é aínda mais grave, é o que acontece á hora de entregar os agasallos, xa sexa de Pai Noel ou de Reis... despois de ter pasado longas horas pensando, elixindo, facendo malabares cos euros para mercar un agasallo a cada un, resulta que ese tío vestido de vermello e branco, ou eses outros tres que veñen en camelos, e que nin sequera teñen a decencia de petar á miña porta para entrar, se levan todos os aplausos polos agasallos que EU PAGUEI.

Que Pai Noel e Reis dos coll...! Que os agasallo os comprei EUUU! Que xa estou farto! Que levo toda a vida comprando regalos para dicir aos meus fillos e netos "mira que bonito o que che deixou Pai Noel" ou, "cho deixaron os Reis na casa porque te portaches ben este ano"

Na MIÑA CASA, debaixo do MEU PIÑEIRO DO NADAL, co MEU DIÑEIRO...  todo para darlle promoción e prestixio a uns tíos que, no mellor dos casos me deixan a min uns calcetíns ou panos na casa da miña sogra....

Este ano será un Nadal diferente,  un Nadal de crise, realizaremos as compras moito mais metódicas e meditadas que en anos anteriores, compararemos prezos, buscaremos responder a necesidades reais, pero por sobre todas as cousas gustaríame levar EU o credito de tanto traballo....

Pero.... cambio de plans de última hora.... imposible comprar nada... nin decorar a casa... e a ver que comeremos en noite boa... este mosquito capon é un mais dos 5 millóns de parados de España e sen prestacións...

Tentarei escribirlle unha carta a Pai Noel e aos Reis para que esta vez se ocupen eles no meu nome de todo o necesario.... si non o fan tendrei que brindar con auga como tantos outros que fan filas nas portas do INEM....

Reflexión de Nadal:
Fíxate detidamente ao teu arredor, de seguro verás moitos mosquitos na miña mesma situación...
Non atoparás mellores datas que estas para profesar a túa Fe...a relixión se vive no día a día, non se encontra solitaria en cada templo.
COMPARTE, AXUDA, REGALA CARIÑO E COMPRENSIÓN, RESPECTA, TENDE A TÚA MAN AO QUE O NECESITA...

Estas son as cousas que deben preocuparte realmente neste Nadal....