lunes, 19 de diciembre de 2011

O NADAL ESTÁ AQUÍ


Estamos en Nadal, días de sentimentos encontrados, de alegrías e tristuras, de felicidade e recordos.
A min en particular, estas datas amólanme e bastante...

Sufócame pasar coa mosquita longas horas adornando toda a casa en vermello e verde e cociñando como Arguiñanos alporizados, para que a tropa familiar (xa sabedes que os mosquitos somos de familia moi numerosa), arrase ao seu paso pola casa con todo o que pareza comestible, e nin sequera noten os adornos propios da ocasión...

Pero o que é aínda mais grave, é o que acontece á hora de entregar os agasallos, xa sexa de Pai Noel ou de Reis... despois de ter pasado longas horas pensando, elixindo, facendo malabares cos euros para mercar un agasallo a cada un, resulta que ese tío vestido de vermello e branco, ou eses outros tres que veñen en camelos, e que nin sequera teñen a decencia de petar á miña porta para entrar, se levan todos os aplausos polos agasallos que EU PAGUEI.

Que Pai Noel e Reis dos coll...! Que os agasallo os comprei EUUU! Que xa estou farto! Que levo toda a vida comprando regalos para dicir aos meus fillos e netos "mira que bonito o que che deixou Pai Noel" ou, "cho deixaron os Reis na casa porque te portaches ben este ano"

Na MIÑA CASA, debaixo do MEU PIÑEIRO DO NADAL, co MEU DIÑEIRO...  todo para darlle promoción e prestixio a uns tíos que, no mellor dos casos me deixan a min uns calcetíns ou panos na casa da miña sogra....

Este ano será un Nadal diferente,  un Nadal de crise, realizaremos as compras moito mais metódicas e meditadas que en anos anteriores, compararemos prezos, buscaremos responder a necesidades reais, pero por sobre todas as cousas gustaríame levar EU o credito de tanto traballo....

Pero.... cambio de plans de última hora.... imposible comprar nada... nin decorar a casa... e a ver que comeremos en noite boa... este mosquito capon é un mais dos 5 millóns de parados de España e sen prestacións...

Tentarei escribirlle unha carta a Pai Noel e aos Reis para que esta vez se ocupen eles no meu nome de todo o necesario.... si non o fan tendrei que brindar con auga como tantos outros que fan filas nas portas do INEM....

Reflexión de Nadal:
Fíxate detidamente ao teu arredor, de seguro verás moitos mosquitos na miña mesma situación...
Non atoparás mellores datas que estas para profesar a túa Fe...a relixión se vive no día a día, non se encontra solitaria en cada templo.
COMPARTE, AXUDA, REGALA CARIÑO E COMPRENSIÓN, RESPECTA, TENDE A TÚA MAN AO QUE O NECESITA...

Estas son as cousas que deben preocuparte realmente neste Nadal....


6 comentarios:

zz..paff dijo...

Despois de leer a tua nota, vou facer unha campaña de aproximación entre os do lado oscuro e os que acadaron apoio do pobo para ter representación municipal, xa que si esto sigue así, non vai haber cartos no Nadal, pois cada vez son máis os que van o sicologo noutro pobo

PACO JONES dijo...

Szczeslewego nowego roku 2.012!!!
¡¡Féliz aninovo 2.012!!!

Estes días eu tamén aportei moitos regalos debaixo da árbore, xunto ó belen,... e a min tocoume un libro sobre a aventura polar entre Amundsen e Scott, da cal fai agora 100 anos.

Ali perdidos no medio dos xeos da Antartida anda o noso PSOE, quere desfacerse da pesada carga da Festa do Monte, que alguen se achegue a eles,... pero os seus "SOS" parecen non ter resposta, ninguen organiza unha expedición de auxilio. Cada vez son menos, máis vellos e as forzas xa fallan.

Na base "Brasilino" o equipo do PP non se move, están quentiños a cantar vilancicos, a beber cava e catar outras provisións,... ademáis có ascenso da xefa, o máis importante é fachendear do novo uniforme cheos galóns, medallas,... De momento non hai ordes dende a sede do Almirantazgo da rúa Nandín, polo tanto ós SOS nin caso, a radio ésta para escoitar música.

Unha luz solitaria ilumina a base alta da "Praza Nova", pero non hai ninguén e o SOS pérdese. Agóra o importante é a elección do próximo politburo de Compostela, así que a xenerala de Tomiño e o comisario político Sr. Mendez derón un permiso de ría ás tropas, para que pasen o Nadal na casa tocando o a gaita, pandeiro,... Cada vez máis xente sabe que as cousas bloqueiras da Guarda cocense no Seixo, aquí obedecer e calar.

Na base "Lonxa", non se olla moito movemento, o barco varado, os aparellos na bodega, redes a atar,... Xunto á radio que emite SOS hai un mapa metereolóxico, frentes de borrascas, sinais de ventos, isobaras,... Para ser almirante, antes hai que ser guardiamariña.

Na base "Scay Hola", non hai luz, a radio non soa, non hai barcos no peirao, non hai carros no estacionamento, non hai bandeira no alto do mastro,... Cando as tropas non teñen mando, despois dun tempo buscan ter un novo uniforme, un catre e rancho quente, despois de todo as ordes sempre son ordes, só trocan quen a dí, os que obedecen son os mesmos.

Querido mosquito temos que facer balance do ano que remata; pero creo que alguén ten que sair a rescata-lo noso "Scott-PSOE", pois os heroes mortos non nos valen (están mortos), pero vivos sempre poden facer algo útil, e ainda temos 42 meses por diante.

Anónimo dijo...

FELIZ AÑO 2012 A TODOS OS LECTORES DO QUERIDO MOSQITO

ciudadana del mundo dijo...

Feliz año 2012 para todos, aunque este año sabemos que de feliz poco, van a ser 12 meses duros y con malas noticias ze povinho, para los ricos y políticos todo seguirá igual con o sin poder pero comiendo y bebiendo del bote y nosotros pueblo a dieta o ayuno forzado.

Mis regalos de reyes me los a traído Don Mariano subida de IRPF y lo que vendrá después, ze poviño tiene la culpa de lo que han hecho ellos (políticos) de malgastar el dinero y de robar, se nos piden hacer un pequeño esfuerzo por el bien de España. Nosotros pidiendo desde años a los políticos de no robar por nuestro bien y el de España.

El otro regalo malo me lo trae zzz.mosquito, no hay nadie que se haga cargo da Festa do Monte, creo como guardesa viviendo muy lejos la única respuesta y la más coherente debe ser una organización con personal de los ayuntamientos y comercios del Baixo Miño ( Rosal, Oia, A Guarda, Tomiño) porque todos se benefician de la riqueza que genera las fiestas.

Anónimo dijo...

xa pasou o nadal e xa e hora de cambiar de tema ou e que xa tas cansado

Anónimo dijo...

O Apalpador manda! abaixo o consumismo!