miércoles, 29 de febrero de 2012

OS 4 FANTÁSTICOS APROBAN OS PRESUPOSTOS GRAZAS AO PP 1




Grazas á ausencia de dous edís do PP, (un deles xustificado absolutamente por enfermidade), o noso grande equipo de fantásticos aprobou onte en pleno extraordinario os presupostos para este ano.

Parabéns ao equipo de superheroes, lograron aprobar uns presupostos que como dixeron na oposición "naceron mortos", e o que é peor teñen “difícil resurrección"....


A pesar de ter informe desfavorable de intervención, o grupete fantástico decidiu poñer oidos xordos ás advertencias dunha profesional no tema e aprobarse a se mesmos unha lista debuxada de organización e previsión do noso diñeiro para este ano.


É dicir advírtenlles que están a facer as cousas mal, que inflaron a previsión de ingresos e que non se sabe con claridade onde está e adonde vai algun diñeiro e eles contestan "naina, que nós somos os que mandamos" ole pola jeta que lle poñen a todo.....
Iso si me pregunto para que temos e pagamos unha interventora se o equipo de goberno ao que asesora non lle pon atención e a cada advertencia, lle pechan a boca ou miran para outro lado.....


Patético polo lado que se mire o accionar dos fantásticos, pero aínda peor o do noso PP local, os que sabendo a importancia deste pleno non asistiron a cumprir coas obrigas para as que os eliximos, acaso non se decataran de que coa interesante ausencia que tiveron lle daban a maioría ao PSOE para autoaprobarse o que quixeran???


Non sería estraño que sequera non o tivesen pensado, non se lles dan ben nin as chocolatadas, nin as festas, nin as declaracións na prensa onde hoxe me fago cargo e mañá enfádome porque me critican...e polo visto, as matemáticas elementais tampoco......de pena amigos mosquitos!!!!!!!

O máis estraño do caso é que a concelleira ausente é profesora, ou é que neste caso e por algún motivo paranormal actuou como alumna e seguiu directivas???  habrá que descubrilo.....porque iso de ser o xefe da academia e que se diga no pleno que non vai porque tiña clases... é polo menos estraño....acaso non pode cambiar as súas clases ou poñer quen a substitúa nelas para non faltar nunha ocasión como ésta???

Finalmente a concelleira responsable de facer estes presupostos que segundo a interventora non se axustan á realidade, tratou como sempre de poñer xustificacións á demora, con problemas informáticos, do programa, etc, etc, palabras que ninguén creu obviamente.

Debo aclarar neste punto que o que si é verdade, é que todos os anos e dende fai varios, temos tantas e tantas dificultades informáticas para facer os presupostos en tempo e forma, que xa vai sendo tempo  de decatarnos de que o equipo informático e os que o xestionan non serven para nada, e cambialos. 
A poñer quen traballe como corresponda, que xente para o choio sobra!....si non é así, sería hora de que polo menos intentasen usar a imaxinación para inventar novas escusas para xustificar a súa ineficiencia e ineptitude...

Para finalizar déixolles unhas frases para que algúns reflexionen antes do próximo pleno...


"É máis importante a imaxinación que a intelixencia sobre todo cando esta última non se posúe. Non hai nada máis estúpido que facer o mesmo e esperar resultados diferentes"
Albert Einstein

"O malo dos que se cren en posesión da verdade é que cando teñen que demostralo non acertan nin unha"
Camilo José Cela

11 comentarios:

Bili o Neno dijo...

Despois de tantos anos na oposición e queixandose dos gobernos de man ditactorial, resulta que seguimos polo mismo camiño, non aprendemos. O do PP, normal, que esperabamos. Eu de algun de les xa lle daba menos tempo i estou seguro que mais dun non chega os catro anos. E algunha xa tiña que haber dimitido por incompentente, que por certo podria facer unha chocolatada de despedida.

ZZZ MOSQUITO CAPÓN dijo...

eu a chocolatada apúntome a faga quen a faga

PACO JONES dijo...

Hola meu amigo mosquito, hoxe despertei coa noticia que seguimos coas prácticas de tempos préteritos.
Vamos cunha párabola naútico maritima, que case que todos imos a entender:

Pensemos os nosos partidos políticos locais coma se fosen barcos, os militantes, cargos electos son a tripulación e os votos a mercancia que transportan. A vida política sería ir de un porto a outro seguindo unha ruta (tentar face-lo proxecto político), e o mesmo tempo aumenta-la tripulación e acadar maís mercancia (votos).

Dende o meu punto de vista o PSOE é un barco vello, oxidado. Dende Maio 2.011 está embarrancado; lanzou mensaxes de SOS para que alguen lle axudará a aproba-los orzamentos (sair do embarranque).

Todo servicio de remolque hai que pagalo, pero nin BNG, nin CG deronlle remolque. ¿Sería a ausencia de certos concelleiros do PP o servicio de remolque prestado?, ¿qué precio foi pactado?

O "virus da maioría absoluta" é moi contaxioso, pero de díficil cura. Estas prácticas que ainda hoxe usan, son as mesmas que eles criticaban a "Ligero" e a "Puri".

O sábado 25 publicábase no BOE o Decreto-Ley 4/2.012 que obriga a tódolos concellos entregar antes do 15 Marzo unha relación das facturas impagadas a 1 Xaneiro de 2.012, e antes do 31 de Marzo ter aprobado un "Plan de Ajuste" feito pola interventora. Se non o fai a interventora será considerado unha falta disciplinaria moi grave.

Creo que a interventora non se vai casar con ninguen, fará o "Plan de Ajuste", recortará (con machada)por tódolos lados, axustará á baixa ingresos,... Polo tanto dende o meu ponto de vista, estes orzamentos nacerón mortos.

ZZZ MOSQUITO CAPÓN dijo...

totalmente dacordo contigo amigo Jones

PACO JONES dijo...

Señores concelleiros e lectores, o barco do PSOE está embarrancado, caben dúas posibilidades:
1º Remolcalo ata un porto.
2º Deixa-lo ahi ata que as olas o desguacen.

Se a 1º opción é un intento calado do PP. Corren o risco de ir a parar contras as pedras e asi teríamos a dous barcos. Ademáis deberían de dar moitas explicacións a tódolos cidadáns.

A 2º opción debe ser estudiada polo BNG e CG; xa fixeron intentos de remolque e agora deben esperar ó desguace.

Querido Xan, o ofrecimento que fixeches está de máis; os embarrancados non son sinceiros, nin leais. ¿Queres outra puñada na espalda?

En atención do BNG e CG falareilles das 4 Leis das Oportunidades:

1º As ocasións sempre están ahi. As xeneramos nós ou os nosos rivaís, e agora mesmo a xeneraron o PP e o PSOE.

2º As oportunidades caducan. Por iso Xan, o ofrecimento teu xa chega tarde.

3º Se ti non aproveitas a ocasión, outro o fará. Pero temos un barco embarrancado que se nega acepta-la realidade, viven unha ilusión. Agora o aproveitamento está na man de outros.

4º Ante a dúbida, ¡¡ousadía!! Moitos saben o que non queren, pero uns poucos saben o que queren realmente. Neste momento os barcos do PP e PSOE non teñen rumbo, un está embarrancado e outro carece de mando (non saben o que queren = non hai proxecto político).

Señores do BNG e CG teñen unha oportunidade de desguaza-lo PSOE e parte do PP, enrolar novos mariñeiros e quedarse con moitas mercadurias (votos).

Hoxe na hora do cafe, meu primo ASTERISCO JONES (funcionario municipal) dixome que algúns membros do PSOE teñen mala cara (tristes) e só un par deles están contentos, non hai harmonia entre eles,... ¿soplan ventos de motín?

Tamén me trouxo unha copia dos orzamentos, imos traballar sobre eles,... e xa exporemos as xoias contables.

Anónimo dijo...

Amigo MOSQUI, ¡non sei donde vai ir parar esta xentiña!, debe ser que inda non perderon as prácticas de cando ían os campamentos do Frente de Juventudes, ¡isto é así por que o di o Xeneral e acabouse! ¡Non hai maneira de que o noso Mijel mellore! A parte positiva, e que agora a encargada de decilas mentiras e a Monse, o programa e o equipo informatico, en Libia xa huberan ido o paredón. ¡¡inútiles!!
Teu colega o JONES-JONES, (familia que saliu da Arca de Noé pola cantidade) ten máis razón que a pacencia do Jones-Job, ahora van vir os Pepeiros a contar outra batalla, a DEputada foi a Santiago porque quería cobrar os Ajinaldos+Propinas+Comisións, namentras A Juardia que lle den…, ¡¡Que dirá a TITA!! Iso non é un grupo, xa que o Vitirinario non se lle entende e trata a todos con prepotencia e chulería, o bancario máis calado cun peto (da Caixa de aforros) e a que da clases, ausente para non repetir en setiembre. A da Joreña, ainda que vaia, non está ni se le espera. Este e o cuadro de deCLAMACION dos Ppiros.
Os outros ¡ique oposición!! Bien, bien, bien, unha ca legislación na man como si venderá fanecas e o outro co teléfono operativo, esperando que o chamara o Mijel cando quixera, menos mal que xa pasou o antroido, minudos disfraces, ¡¡vaite boa Vilaboa!!
A MANDAR

DOLESTE

zz...paff dijo...

Amigo Jones: Disculpa o trato de aproximación pero, xa case formas parte da familia, a miña e bastante pequena pero interesante, non tanto como a tua, pero ahí está. poucos e mal avenidos, sonche de todolos partidos menos do do Xan, pois ainda non esqueceron o que decía a nosa abuela, este rapán é un xanciño! e a verdade e que doía. Nada que ver co outro elemento que fai tento era concelleiro do mesmo partido, era un cándido, estaba verde e de propina era un andrés. (outro xanciño) ca diferencia que tiña familia de bistecs e non comia castañas pilonas do monte, nin tampouco brevas. Os outros entre o Pp e o Xoe, non son recuperables. O maís novo como é do Barsa, fixose de Converxencia porque gustaríalle ser o Pujol. Xa te contarei outro día

el sur tambien contigo dijo...

hola, amigo/amiga o lo que seas.
Desde hace algún tiempo, te veo muy suave, ya no me cuentas nada de la Carlitos, el Escayolas o del Loco de la colina. ya no quiero hablar del Sin dientes o de la que pasea el perrito ni del resto de la familia Telerín, pero bueno, ya recibo noticias de nuestro pueblo por otras VIAS, ya que aquí recibimos el Canal de la Carmencita y así se cosas guardesas, pero no con la gracia, el salero y la mala leche positiva que destilas, debe ser que al haber poca sangre, seleccionas bien las vacas. Espero que no tengan que pacer en el consultorio de Goyán.
Bueno, seguiré leyendo tus notas y también los comentarios que te envian algunos que son tambien muy interesantes.

PACO JONES dijo...

Hoxe lin o muro de Xan (BNG). O vaticinio que facia Xan o Luns 27 foi totalmente erroneo, ¡Xan non vales como analista político!, ollas pero non vés, por iso Bea estivoche metendo goles diante das túas narices, o sinto Xan, pero foi Bea quen levou coas súas negociacións ó punto de embarranque onde hoxe está o PSOE.

Sra Hortensia (BNG) erra vostede na súa apreciación. Cando un barco da remolque cobra polo mesmo, se non cobro solto o cabo de remolque; ¿non tiveron vostedes negociacións có PSOE en xuño-xullo?, ¡non houbo acordo, non houbo remolque!
Logo notáse que vostede é lega no mundo do Dereito, o Decreto-Ley 4/2.012 é a norma xurídica que mata os orzamentos. Podo recomendarlle ó meu mestre en dereito JURIDICO JONES, pode recibir clases nos ratos ociosos na tenda de cosmética.

Xan xa sei que non tes formación en económicas, pero non mixtures un plan de tráfico cós orzamentos,... o tráfico é algo máis complexo: os conductores non somos apuntes contables, as prazas de estacionamento non son epigrafes contables, a incompetencia profesional da Policía Local non cabe nun balance contable,...

Xan falar moito, non é dicir moito. Hai persoas coma ti e outros concelleiros que dicides o que pensades (sinceridade), pero algunhas como Bea pensan o que din (astucia). ¿Entendes o matiz?

Anónimo dijo...

Bea non pensa nin onde se meteu ...

Anónimo dijo...

Falar moito é típico dos que non saben do que falan. Pensan que falando moito tempo con palabras que non saben usar failles parecer máis enterados. Así que Xan xa podía dar menos a brasa, o que di ou deixa de dicir pode serque sexa verdade, pero non hai quen o entenda nin quen o aguante. E é unha pena, porque o BNG ten boas iniciativas, pero como non hai quen ature o rollo do concelleiro quedan nun sermón insoportable.