miércoles, 14 de marzo de 2012

10.000 VISITAS!!!!!!! GRAZAS.....


Xa que o país está cheo de actividade política, de políticos, de cultura e de cultos, o Mosquito Capón pretendeu ser algo así como unha nova visión "moi persoal" da realidade, dende o chairo... (ou dende o meu voo).


O único que me motiva a facer este blog é a inmensa capacidade de exercitar o insersismo do que gozo hai poucos anos, deporte nacional e popular entre os da miña idade...

Solidarízome con todos aqueles que sexan perseguidos polas súas ideas ou a súa falta delas, excepción feita daqueles cuxas ideas só poden impoñerse matando as miñas, que son moitos, que están preto e que hai algúns aos cales o único que lles interesa é saber quen son... Para que? 


Para aquell@s aos que tanto importa coñecer a identidade deste mosquito, onde estou, que fago....decirlles...
Ante todo que son un escéptico positivista. Como é iso? Moi doado. O escepticismo é beneficioso pero ata certo punto, de aí que tambien sexa positivista, é dicir, vexo o mundo con escepticismo pero con ganas de que algo mellore, coa idea de que, no medio do barullo de imbecilidades que facemos a diario, algo sirva para algo. Non é moito pedir, ou si?


Vivimos épocas un tanto decrecentes pero sempre hai esperanzas...

No noso país houbo moitos cambios, para algúns, eses cambios son revolucionarios, algo así como o Edén na Terra. Para min, non, queda claro. …?  Traen rabo...

Entón, tento dende o meu lugar, poñer as cousas en sintonía, coa visión de "o que é unha pataca é unha pataca, e non unha fondue de camembert", e "o que é unha merda é unha merda e non un chanzo cara ao futuro".

Como ben dixo Lichtenberg: "Ojos como estiletes", (aínda que xa usen lentes os meus)... 


Todo aquel que non entenda o que trato de explicar pode anotarse no colexio nocturno que é gratuíto e coller os libros que non morden. ..



Ando só pola vida da escritura, a pesar de ter unha familia moi ampla e infinidade de amigos, pero non teño máis colaboradores que todos aqueles que fan os seus comentarios neste blog, aos cales se debe exclusivamente a cantidade de visitas que recibín...

Non estou coa dereita, nin coa esquerda, nin con ningunha outra localización espacial que non responda única e exclusivamente ás necesidades do común da xente.

Intento sinxelamente construír bocexo a bocexo, un sono de igualdade real de dereitos e obrigas para tod@s...dende a miña visión...
Acepto colaboracións sempre que sexan desinteresadas, fundamentadas, respectuosas e acordes coa intelixencia común.

Non publico nin publicarei xamais notas barriobaxeiras destilantes de veleno e mal gusto, a pesar de que algúns comentarios publicados fixeron certas referencias coas que non estou de acordo, pero cuxo estilo irónico paga a pena ver...
Intento soamente censurar os insultos e as incoherencias insás.... 


Finalmente desexo agradecer a todos e cada un dos que, coas vosas notas e dende os lugares máis insólitos como Rusia, Xapón, Filipinas ou Australia, facedes que este blog creza día a día...


Valoro e agradezo a asiduidade de lectura das miñas notas dende Alemaña, Bélxica, Estados Unidos, Brasil, Suíza, Inglaterra, México e por suposto de España....especialmente tendo en conta de que ESCRIBO EN GALEGO......(idioma que restrinxe enormemente a cantidade de público lector estranxeiro, pero que para ben ou para mal e con todo o meu orgullo, é o do meu berce...)


Falta como di a canción de Zapato Veloz que me lea un galego na Lúa, que visto o visto debe haber algún....xa chegará...

Reitero o meu agradecemento a tod@s os que cos vosos comentarios facedes este sitio, e recordade, acertados ou non, os meus escritos son soamente a miña vision persoal das cousas, estritamente a miña OPINIÓN...


Chegamos as 10000 visitas un martes 13...boa sinal amigos mosquitos!!!

Para reflexionar algunhas frases: 


( algunha un pouco vulgar, pero de irrefutable veracidade...)

As opinións son como os buratos no cu, todo o mundo ten un distinto ao do outro.


Cando deas unha opinion, dáa con fundamento, no caso contrario, deixarás á luz a túa ignorancia.

Onde todos pensan igual, ninguén pensa moito.
As opinións son como os cravos: mentres máis se golpea contra ellas,más penetran. (Alejandro Dumas)
O que non ten opinión propia sempre contradí a que teñen os demais. (Lingrée)
A opinión que os demais teñen dun é a atmosfera boa ou mala en que se vive. (Hebbel) 




9 comentarios:

PACO JONES dijo...

¡Moitas gracias e felicidades amigo mosquito!
bardzo dziękuję i gratuluję komara przyjaciela!

¡¡A polos 20.000!!

Vou con algunhas ensinanzas dun vello mestre, as veces sempre abro un libro que recolle as súas ensinanzas: Confucio.

1º) As mellores palabras son as que pechan un profundo significado, e ó mesmo tempo son comprensibles para todo o mundo.

2º) Se queres que os demais atendan as túas palabras, primeiro hai que escoitar atentamente ós demais.

3º) Hai que adoptar políticas xenerosas, para permitir que a xente vexa por si mesma as súas propias debilidades. Logo hai que establecer principios de goberno según a capacidade de aceptación do pobo.

4º) ¿Cal é esencia dun bó goberno?; Non resolve-los asuntos con precipitación, e sobre todo non busca-lo proveito propio.

5º)Quen ocupa un cargo público e non pode cumprir coas súas obrigas, ¡debe dimitir!.

6º) Resulta imposible gobernar un Reino, se o pobo perdeu a confianza nos seus gobernantes.

7º) Só hai un medio para crece-las rentas públicas dun Reino: que sexan moitos os productores e poucos os que gastan, traballar con beneficio e gastar con moderación. Se o pobo e os gobernantes obran así, sempre haberá rentas suficientes para o benestar de todo o Reino.

Gracias a todas estes "amigos" que visitan este blog do amigo mosquito; sobre todo ós novos que entraron co arreón dos orzamentos.

Gracias ós nosos políticos locais, algúns deles son lectores diarios. Tamén algún político de concello veciño olla o blog.

Gracias a eses funcionarios do Concello, empresarios locais, mestres,... que tamén son seguidores.

Ánimo que chega a primavera, quentase a sangre, e aparecen máis mosquitos.

zz...paff dijo...

meus parabens, e dacordo co xefe da tribu Jones, e preciso e necesario a existencia de páxinas coma túa. Por hoxe, namais, PARABENS

kangaroo dijo...

saludos Mosquito y gracias por acordarte de los que te leemos desde tan lejos, vivo en Australia desde hace mucho y me cuesta un poco leer en galego xa o esquecin un poco,adelante amigo a picar a quien moleste

Anónimo dijo...

Desde estos lares tan lejanos de samba e garotas boas te seguimos un grupo de galegos que vemos como alguén con estilo e altura sabe opinar. Parabéns para vocè meu amigo Mosquito, e a continuar coa labor de alto voó
Blumenao te sigue...

ciudadana del mundo dijo...

Felicidades por las 10.000 visitas y ahora por las 20.000 y más

Yo entiendo que muchos quieran saber quien es/ son el MOSQUITO CAPON , sobre todo los políticos de la comarca del Baixo Miño, los que están en el gobierno y en la oposición.

Si no oliera o hubiera mierda no aparece los mosquitos es así resimple en la naturaleza, y lo mismo en la política.

SR MOSQUITO CAPON realmente sabe mucho de todo lo que pasa en el ayuntamiento esas papeleras, mesas, archivos debe haber mucha mierda, cuando se van los trabajadores, mosquito y su equipo se dan a la lectura, investigación, … y luego se da al trabajo de informar a sus mosquitos para opinar.

Este año habrá un presupuesto para spray antimosquitos en el ayuntamiento.

PACO JONES dijo...

¡¡17 de Marzo Día de San Patricio!!.
Mañán iremos da Caldas de Reis a festexalo Santo. Normalmente alí anualmente xuntamonos ós Jones da peninsula ibérica; tamén sempre acude algún O´Jones dende a católica Irlanda ou un O´Llons dende a presbiteriana Escocia.

O importante é que estamos en familia, hai cervexa, viño, comida,....

Hoxe un chisco antes de marchar para Caldas de Reis, meu primo ASTERISCO JONES deixoume unha adiviñanza: ¿Qué empregado do concello como regalo de voda tivo un sobre soldo moi productivo?

¡¿Señores concelleiros adiviñen?!; seguro que a SRA Montsé xa coñece a resposta.

Sres concelleiros teñen permiso para facer unha copia da adiviñanza e usa-la no próximo pleno.

zz..paff dijo...

Amnigo Mosqui: Pensei que xa morrera a Tola do Carlitos, pero ou é tonta ou que! poque polos Reis deberon de regalarlle unha cámara fotografica e recorre toda a vila sacando aretratos, pero non lle da tempo de levalos o Concello cas ocupacions que ten en Joian. Dín que o loqueiro non da afeito con ela e a sua tropa, iso sin falar das bruxerias, bueno, o importante é que ainda sale polo pobo. Sale como a Santa Campaña, a caza dos vivos, ela aparca moi ben...jajajja

PACO JONES dijo...

Hola mosquitos, lectores e outros curiosos; imos a reflexionar un pouco sobre cousas serias e a reirnos con certas ironias.

Fai uns días lein a seguinte cita nun libro:"O presuposto debe equilibrarse, o Tesouro público debe ser reaprovisionado, a Débeda pública debe ser mingüada, a arrogancia dos funcionarios públicos debe ser aminorada. A xente debe novamente traballar e non vivir a costa do Estado".

A cita é de Marco Tulio Cicerón, ou sexa xa ten perto dos 2.000 anos; lamentablemente os nosos políticos informanse có Marca, o AS, a Folla de Vigo, e algunhas revistas cardíacas,... ¿qué esperamos deles?

ITÁLICO JONES foi un afamado político transalpino, tiñan o don de chegar a acordos de goberno con todos. Foi famoso pola súa frase: "¡¡Non hai pobre na Italia capaz de sobornarme!!".

Acabou na cárce xunto a outros moitos políticos por aceptar sobornos de banqueiros, grandes empresarios,... ¡¡pero foi leal á súa palabra nunca aceptou un soborno dun pobre!!

Él non entendía como podían chegarlle bolsas de diñeiro ó maleteiro do seu coche; non sabía nada de nada.

Tras sair da cárcere, rematou na Venezuela, traballando para a destileria da Familia Jones, onde elaboramos un dos mellores ron do mundo: RONCO JONES.

ITÁLICO JONES só aceptaba os sobornos de quen podía pagalo: un rico. O problema cós políticos de agora é que xuntaronse cós banqueiros para roubarlle o diñeiro ós pobres. ¿Quén nomearon ós directivos das Caixas?.

ITÁLICO JONES "sorprendiase" que apareceránlle bolsas de diñeiro no maleteiro do seu carro. A mesma "sorpresa" que levan algúns que estacionan o carro no Calvario e atopan caixas de viño no maleteiro.

Xa decía o barrocho de "Pedro Navaja": "¡¡La vida te da sorpresas, sorpresas te da la vida!!".

Mónica Gando dijo...

Querido MOSQUI:

No te tengo visto, mejor dicho, leído, sobre la doble o triple cara del sr. Alcalde. Me explico, hoy, no se si estabas presente, se celebró un pleno a las OCHO Y MEDIA DE LA MAÑANA, a esa hora, estaban un grupo muy reducido de los afectados por las “preferentes” y los cuatro curiosos de turno. O sea, dice que es solidario con los vecinos que tienen este gran problema, pero para que no lo molesten, hace la reunión a la hora del desayuno, como si los demás, no tuvieran que ir al trabajo. Así quedó relajado para todo el día.
Lo mismo pasa con sus discursos sobre el FERRY-BOAT, cuando en Madrid mandaba Zapatero, o sea, los suyos, estaba prohibido hablar de los problemas de navegación. Ahora, como mandan los otros, se pasa el día hablando de la cantidad de arena y demás problemática sobre este asunto, en el que su partido (el PSOE) y el PP lo tienen claro, los guardeses si quieren ir a Portugal que vayan o por Goyan o que entrenen para las olimpiadas y se inscriban en el equipo de natación.
Cuanto tiempo lleva sin hablar de las promesas de Zapatero y Touriño para hacer un puente entre La Guarda y Caminha? Si mal no recuerdo, en aquel momento, también mandaba en Portugal el Partido Socialista, pero de este cuento, si te he visto no me acuerdo. Como dice mi abuelo, pronto volveremos a ver a la Zizita navegando por el Miño. De esta forma, ya tenemos un nuevo atractivo turístico en Camposancos.
Si considera que este tema, que tanto me preocupa, es interesante, me gustaría conocer su opinión, de forma que también los demás guardeses intervengan en el asunto y se crea debate sobre algo que según lo que se decida, va a abrirnos al mundo o nos va a encerrar en esta esquina. Gracias por su paciencia.