miércoles, 28 de marzo de 2012

ALEGACIÓNS E ALGO MÁIS...



Un Mosquito do concello, deume información valiosa dalgúns aspectos das recentemente presentadas alegacións....

En primeiro lugar confirmoume a asidua lectura que realizan deste blog membros da casa consistorial, tanto funcionarios coma persoal que só cobra....debo agradecer entón, a todos eles a fidelidade ao mesmo, aínda que creo que en moitas ocasións vos sentiredes demasiado protagonistas destas liñas, laméntoo, pero onde non hai auga podre...no hai mosquito que pique....

Por outra parte, contoume que a interventora está por solicitar un novo despacho, argumentando que no actual non cabe a cantidade de alegacións aos presupostos presentadas polos partidos, especialmente por CG quenes presentaron máis de 90....

Aquí debo facer unha reflexión, hai poucos días dicían dende ese partido que soamente debían axustar uns poucos flecos para chegar a un acordo..., máis tarde, votaban en contra destes no pleno..., e agora, presentan máis de 90 alegacións....si isto é coherencia...que alguén mo explique....

Cada día queda máis en evidencia a ruptura sentimental que vén acontecendo no noso concello....pero tamén cobra máis relevo cara a onde apunta a infidelidade....

Din que as louras son parvas, e eu mellor que diga o contrario se non quero que a miña muller me poña fóra de casa, o que si é notorio é que si un se mantén en silencio, sen facer moitas obxeccións, con perfil baixo e submisa á Tita, quizais gañe máis que facendo o contrario...
Case sempre detrás dunha loura hai outra loura, aínda que neste caso, houbo unha castaña, unha morena e ata un moreno, en fin para gustos hai acordos....

Acabo de recibir unha copia de todas as alegacións de todos os partidos, cando analice en profundidade todos os temas xa vos contarei, como sempre dende a miña óptica de Mosquito Capón...


15 comentarios:

PACO JONES dijo...

Moción do PSOE, con rexistro de entrada 1.724 do 27 de Marzo = TRASPASARLLE A GUARDERÍA Á XUNTA.

Fai 30 días que o PSOE aprobaba uns orzamentos que eran moi bós, que ían asegura-los servicios sociaís,... e agora a ¡¡1ª MACHADA desfacerse da guardería municipal!!

Isot é unha frase textual da citada moción:
"Cós resultados altamente deficitarios no Conservatorio municipal, na Piscina municipal,... etc; é hora que onde sexa posible, adoptense decisións que viabilicen a economía municipal".

¿Pero Sra. Montsé non estaba ben a economía municipal coa gran xestión que levaba feito o PSOE nestes 4 anos?. Vostede nos dí que a Guardería municipal tivo no ano 2.011 un déficit de +92.000€. ¿Porqué o calaban?

Na páxina 2º do informe do Servicio de Intervención do Concello fala de desprenderse primeiro do Conservatorio:

"Esta Intervención debe advertir que a diferencia entre o custe do servicio e a recadación é de +100.000€; o coste do servicio é excesivamente gravoso dada as circunstancias nas que se atopa o Concello da Guarda". Sra. Montsé creo que vostede mentíu no Pleno do pasado 28 de Febreiro.

O Servicio de Intervención dí:
"O CONCELLO DA GUARDA ESTÁ OBRIGADO POLO RD-LEI 4/2.012 A FACE-LO PLAN DE AXUSTE, QUE OBRIGA A TOMAR MEDIDAS QUE SUPOÑAN UN IMPORTANTE AFORRO NOS PRÓXIMOS 10 ANOS".

Lamentablemente en 30 días vemos que a Sra. Bea tiña razón; agora vemos a desfeita financeira da xestión do PSOE nestes 4 últimos anos, o problema é máis grave, e vai levar tempo, esforzo e sacrificios resolvelo. Os sacrificios xa sabemos para quen son.

No Pleno do pasado 28 de Febreiro, a Sra. Montsé falaba do ben que fixera ela as contas, o Sr. Xan falaba de ter un plan de tráfico, algúns concelleiros do PP tomaban un "descanso" pois os números e contas non van con eles,... ¡Todos a rirse da novata concelleira!; pero a realidade é moi cabezuda e demostrou que ela tiña/ten razón e os outros falan de parvadas, quentan a cadeira, cagán un peito furtivo e levantan a mán,...

Ou sexa, dentro de pouco, ¿seguirá funcionando a guardería para a miña nena miuda?.

¡¡Merecemos políticos que digan verdades!!

fururo votante de CG dijo...

Debo felicitar a concelleira de CG e os seus votantes, por ser una novata na polìtica pero ben eficiente e con ideias , mentres os outros concelleiros e o alcalde todos estes con estudos universitarios en burrologia non dan mais.

Eu para próxima vez que votar para alcaldía xa sei a quen tenho que votar en CG, o equipo que esta detrás da Sra. Bea esta ben formado e tenhen ideias de futuro e realistas para o noso povo.

No pleno de onte Bea era a unica que realmente sabe como estan as coisas, os outros estaban a pensar quen era o mosquito e donde estaba, eu tamben esta a fazer o mesmo.

manuel cansado dijo...

anda que eres pelota de CG "futuro votante", si a Bea sabe tanto como están as cousas, para que se lles arrimou tanto antes, anda ya....

PACO JONES dijo...

Imos aclarar certas cousas Sr. "futuro votante".

Estamos en Marzo de 2.012; as próximas votacións para o Concello serán en Maio do 2.015; ¡¡ainda faltan pouco máis de 3 anos!! Isto é moito tempo e poden acontecer moitas cousas.

O fin desta páxina, e certas persoas, é traer información do noso Concello, verificala, explicala, contrastala con outros datos,... e expresar unha opinión particular. Outros poden expresala súa opinión aquí publicamente, ou comentala cós seus, guardala para si mesmos,... Pero con educación.

Por desgracia durante +30 anos o que acontecía no Concello ficaba ali, ficaba no círculo pechado dos concelleiros,... non informaban con veracidade, e explicando as cousas ó resto dos veciños,... Polo tanto tiñannós desinformados; aquí o que tratamos é de paliar esta carencia.

Para que funcione medianamente ben unha democracia, os cidadáns teñen que estar ben informados, coñece-los datos, saber dos pros e contras das cousas, para forma-la súa propia opinión e obrar en conciencia. ¡¡O VOTO É SECRETO!!

Tamén para que funcione medianamente ben unha democracia, hai que coñecer como funcionan, traballan, laboran,... os nosos representantes. Pode un concelleiro X facer moi bós discursos, pero logo comprobo que a información do discurso é falsa, ou a súa práctica é a contraria do que me falou,... Estame a mentir por medio da incoherencia.

Polo tanto, aquí temos que analizar e estudiar ENTRE TODOS OS LECTORES a información que chega de boas fontes; información que non vai sair na "Folla de Vigo" nin no "Oceánico",... E logo estudiar e analiza-la praxis dos nosos representantes.

A nivel particular, cada un de nós que faga un balance de cada representante: ACTIVO (ben feito) e PASIVO (mal feito). Dentro de 3 anos comproba-lo balance e actuar en consecuencia e libremente.

No seu día xa dixen; a FAMILIA JONES temos interés en tódolos partidos con representanción no Concello. Aqueles que o fan medianamente ben, interesannós máis; os que o fan mal, pois evidentemente interesannós menos.

Pero sempre votamos pensando en quen deles é mellor para defende-los intereses da FAMILIA JONES.

Así que Sr. "futuro votante" recomendolle que "patentia magna virtutem est" (A paciencia é unha gran virtude).

riba do monte dijo...

eu o que sei é que imos ver como traballan todos e tamén para qué peto o fan, logo veremos a quen votamos ou non, aínda falta que chova moito.
polo de agora os Jones có seu Paco a cabeza saben moito do que acontece en CG entón queda claro que por esos aires respira.
coméntase por algún bar que é un novo achegado ao partido e asesor da concelleira, haberá que buscar máis información.

ZZZ MOSQUITO CAPÓN dijo...

Vou a seguir con Pimpinela amigos Mosquitos, xa que miña irmán acordou a letra dunha canción...

"Ahora me toca a mí"

CG-Ahora ha llegado mi hora ven aqui y siéntate
hoy voy a hablar por primera y última vez
La obra terminó no la dirigiste bien
me diste el peor papel

PSOE-De que estas hablando que pasa contigo
tu hiciste el papel que mas te ha convenido

CG-Silencio que ahora soy yo la que hablo
yo soy esta vez quien se lleva el aplauso
Ahora me toca a mi gritar que fuiste una gran mentira
ahora me toca a mi
no te importó mas que tu propia vida
ahora me toca a mi

PSOE-tu siempre ausente, fria, indiferente y que esperabas
si te engañe pero tu lo buscabas
Ahora me toca a mi
ya me canse de ser siempre el culpable
ahora me toca a mi
gritar que tu tambien te equivocaste
ahora me toca a mi
no me dejaste mas que un camino
robar en la calle
ahora me toca a mi

CG-Aqui se termina esta historia
no hay nada mas que hablar
hoy fue la ultima noche de nuestra funcion
sin maquillaje al fin
Ya estoy aburrida de todo este cuento
a nadie convences con tus argumentos

PSOE-Por mas que aun siga pensando la gente
que fui el verdugo y tu la inocente

CG- Ahora me toca a mi
gritar que fuiste una gran mentira
ahora me toca a mi

Ni que pintao amigos....casi que unha foto da nosa realidade no concello...

zzz...paff dijo...

xa facia bastante tempo que non me reia tanto. ¡que cabreo tiña un amigo meu dunha asociación! pa unha subvención de quinientos euros que recibiron o ano pasado, cando fixeron o primeiro acto, o alcalde reclamaba unha chiquita de viño albariño. ¡con que cartos ian pagalo se non chegou o diñeiro para nada e ainda quedaron empufados. Menos mal que a axuda muniucipal deu para as bolsas de patatas fritas e catro aceitunas. ¡tenche un paladar mui fino! o amigo di que para este ano, teñen pensado comprar pon con manteiga ou azeite en Portugal haber si desta chega para todos.

RAS-putin dijo...

Jones, compra un paraguas porque van cairte adoquins de todo-los lados, parez que xa te teñen casi identificado, poico máis e apareces nos cartes de SE BUSCA, esta claro, ou CG, +gali ou irmanado. Andate con ollo que hai moito da KGB solto. Din que van facer da Perestroika un supusitorio para regalarte.
Adio caro amigo e camarati

Conchita Generosa dijo...

hoy voy a ir al pleno, por lo tanto, le agradezco sr/sra o lo que sea MOSQUITO, haga el favor y saludeme, o aunque sea, deme un roce, con disimulo, pero me tiene intrigado y casi no puedo dormir de tanta elucubración. Sus escritos y fama está dando la vuelta al mundo, ya que hasta mis familiares en el estranjero me hablan de sus peripecias. No se si en el mismo sitio estará el Sr. Jones, pero con un poco de suerte, alguno de los dos me aumentara las vibraciones. Espero tener suerte y no pasar la Semana Santa de penitente. Agur.

peña celtista dijo...

eu tamén vou ir ao pleno a ver se atopo quén é ese paco jones, eu creo que é o que di meu cuñado o lolo pero seguro que vai e está a supervisar a súa asesorada xunto ao ex concelleiro.
en canto a tí mosquito capón, segue coas túas picadas e pon máis ollo aos comentarios que che mandan, moitos son mentiras familiares que logo se destapan, algúns despois dunha cervexa falan de mais e so para ser os que mais saben do que pasa no concello.

CIUDADANA DEL MUNDO dijo...

yo no he necesitado pensar mucho, para saber que:

“PACO JONES” no es una persona física, es un personaje de ficción, al igual que sus familiares,… detrás del citado personaje de ficción hay un grupo de varias personas de La Guardia, la mayoría no son residentes por diferentes motivos profesionales, laborales, estudios,…

Recordar que el artículo 18º de la Constitución garantiza el derecho al honor, a la intimidad personal, familiar y a la propia imagen. Con lo cual aquellas personas que intentan personalizar al “MOSQUITO” o a “PACO JONES” en determinadas personales individuales podrían estar entrando en un camino que les ocasione ciertos problemas legales.

Para ellos les recordaré que existe el artículo 208º del Código Penal donde tipifica el delito de INJURIA, que es la acción, o expresión, que lesiona la dignidad de otra persona, menoscabando su fama o atenta contra su propia estimación; con el agravante de ser hecha con publicidad.

Entendemos que ciertas personas puedan estar molestas; pero debemos recordarles que nos sentimos amparados por el artículo 20º de la Constitución: expresar y difundir libremente los pensamientos, ideas y opiniones mediante la palabra,… A comunicar o recibir libremente información veraz por cualquier medio de difusión.

Les recordamos que antes de exponer un tema, de emitir opiniones, contrastamos la información para comprobar su veracidad; nunca emitimos opiniones que atenten contra nadie, procuramos mantener una línea de respeto y educación para todos.

No compartimos la opinión propia de si mismos que tienen ciertos cargos electos-políticos que se creen la vanguardia de la sociedad, que sus opiniones son las únicas y verdaderas,… que siempre se amparan en ese plural mayestático para emitir su opinión particular o partidista. Para nosotros la única opinión valida es la que emiten los ciudadanos en las votaciones, deberíamos ser consultados en las urnas por muchos más temas que nos afectan, pero solo nos consultan cada 4 años, y la democracia es mucho más que eso de votar cada 4 años.

Cerraré con una cita del evangelio de Mateo(7, 15-20): “Un árbol bueno no puede producir frutos malos; ni un árbol malo producir frutos buenos. Todo árbol que no da buen fruto es cortado y arrojado al fuego. Así que por sus frutos los reconoceréis.”

gaucho dijo...

mosqui, levamos días abandonados e xa non sabemos que facer, esperemos que non te foras de vacacións co Jones, pois a túa volta, imos ter uns ladrillos de cara...
Cas procesións que temos en A Guarda e en Tui. chéganos para encher o esprito de fonda fé no alén. Paro tamén para desconectar do mundanal ruído.
quedamos a espera das túas arengas

palante dijo...

El primo JONES está llevando mucho palo y está siendo acusado de diversas personalidades, pero a sus seguidores nos da igual, que siga, aunque seria menos suufrible si sus consejos, informaciones y/o observaciones fueran un pelin mas breves. ADELANTE

alfaçinha dijo...

¡Bueno, isto que é! Mosqui e Jones, foron xuntos de vacacións e o vir de volta. quedaron para a procesión de san telmo, iso si que éu parella perfecta. Don sin din, carallos en latín! E nos aquí a sufrir o "mono" da falta de información destes dóus artistas. Si botamos uns días máis, imos ter que copiar da carlitos e ir a goian. ¡dar sinais de vida dunha vez por todas!

ciudadana del mundo dijo...

En un Web da Guarda donde nos informamos de noticias los que vivimos fuera y en el pueblo debería antes de publicar la noticia tal como se la da el ayuntamiento corroborar la información, al final y gracias a MOSQUTO Y FAMILIA JONES, conocemos la realidad.
Creo que el ayuntamiento no se ha acogido al Plan de Ajuste para pagar a proveedores, estando ahora de vacaciones en el pueblo me entero que cuando PACO JONES nos decía había una deuda + 700 mil € e escuchado en una tertulia en una asociación que esta es realmente de 1 MILLON €, porque mas 600 MIL € de debe a un solo proveedor y esta a subir mes a mes.
El FREITAS lleva años a decir que no hay casi deudas, ahora no quieren el conservatorio, la guardería ,…. Porque siempre dieron perdidas, al cabo de 4 años hicieron cuentas y lo vieron.
No acoge porque habría que pagar todo este año. Dentro de 3 años ¿CUANTO DEBERA A GUARDA? ¿QUIEN VENDRA A EMBARGAR EL AYUNTAMIENTO DA GUARDA Y CUANDO?