viernes, 23 de marzo de 2012

REMATOU O PRAZO PARA PRESENTAR ALEGACIÓNS AOS PRESUPOSTOS





Atentos mosquit@s, hoxe rematou o prazo de presentación das alegacións aos presupostos locais, e segundo rumores dos meus mosquit@s infiltrados, darán moito que falar...

Observando detidamente os presupostos, non vexo soamente datos que necesitan ser modificados, senón máis ben, un labirinto de números que non cadran e unha infinidade de acochos con cifras infladas.
Iso si, todo feito cunha prolixidade e minuciosidade destacable, cosa que causou que investise numerosas horas no descrifrado deses xeroglifos contables.
Obsérvase así un traballo de formiga laboriosa para o encriptar máxico das contas....

Queda en evidencia finalmente, que os nosos Fantásticos saben pouco de cálculos, pero moito de disfrazar pistas para xogar á busca do tesouro....

Logo de votar en contra dos presupostos e argumentando variadas opcións, que farán agora os concelleiros da oposición ???

Que e cantas alegacións presentará cada grupo municipal logo de pronunciarse aparatosamente en contra destes, e con unha "batería de argumentos que xustifica o voto en contra" como dixo o BNG ???

Serán as alegacións un reflexo da PRODUTIVIDADE e COHERENCIA dos nosos edís ???

Poderemos observar dunha vez por todas se o PP local se centra no importante e deixa de quentar as cadeiras sen "producir máis que risa", (segundo os meus datos, 8 meses, 6 concelleiros = unha moción) ???

Cesará CG de gastar folios en mocións "Fariñentas" que nada teñen que ver co que acontece no noso pobo (Pobo Palestino) ???

Que fará o PSOE cando reciba as alegacións, seguirá encerrado no seu propio CUBO sen recoñecer que xa non son maioría absoluta ou recibirá novas ofertas sentimentais para chegar a un acordo de vida en común ???

Será acaso unha estratexia do PP non facer oposición, intentando así abrir as portas ao diálogo negociador ou so é incapacidade ???

Que farán os partidos políticos sen representación, polo menos se terán interesado por mirar os presupostos, aínda que algún@ non os entenda ???

Coidado concelleiros, o galanteo é como unha pastilla: ninguén pode predicir os seus efectos secundarios.




8 comentarios:

CIUDADANA DEL MUNDO dijo...

En este momento de crisis son necesarios unos presupuestos bien detallados y claros, que sólo al ver se observe que son reales. Nuestros políticos han vivido durante años en el “PAIS DE NUNCA GAMAS” donde hay una isla llena de piratas, hadas, indios, sirenas (LADRONES; VAGOS;..) y Peter Pan (FREITAS) que quiere vivir en la fantasía eternamente y no ver la realidad ni vivirla. Hay suficientes personajes para nuestros concejales.
En el próximo pleno se verá quienes están aun viviendo en el “PAIS DE NUNCA GAMAS”, aunque es fácil quien que los nº del euromillones, estas son las combinaciones:
BNG : Xan vota a favor para ser GULLIVER y lo puedan ver en Pontevedra o Coruña ( subir puestos dentro del partido, en vez de subir baja)
PP: con RICITOS DE ORO Y LOS 3 OSOS, estos osos son muy cobardes no irán al pleno y así matan a la niña mientras está dormida (como en el cuento original, RICITOS está comiendo la sopa y ahora dormir la siesta)
CG: Bella Durmiente reciba el beso del príncipe valiente y se casen, sean felices y coman perdices, hasta que le ponga los cuernos.
PSOE: se vea sóloooooooooo, está seria la mejor

Bili o Neno dijo...

Mosquito non creo que te extrañes dos resultados dos PP, sabemos quen son? Que fixeron asta agora, ou antes…. Chocolatadas e salir nas fotos, ven de herencia.
O que non entendo e que ainda lle voten.

zz...paff dijo...

Joder ainda non chegou o Pleno, a xa temos folclore, é importante saber as alegacións, habería que animar aos partidos para que as colguen, non alí donde estou pensado, senón en páxinas como esta, e a ser posibel con música incorporada.
Sigo convencido que o final, denantes que remate o ano, imos ter duas bodas, por un lado a Aurora e o Carlitos e pola outra o Mosqui e o Jones, faltalles aprender ingles para entenderse.

PACO JONES dijo...

Hoxe estivemos falando ASTERISCO JONES e eu; falamos sobre un concepto xurídico que se chama: "DOLO".
O "DOLO" é realizar un acto delictivo con intención de facelo e a sabendas das consecuencias que acarrea.

O Venrés na hora do café, ASTERISCO e varios funcionarios comentaron algo sobre a forma de proceder con este orzamento. Vou tentar resumir as conclusións que eles quitaron.

1º) O RD-Lei 4/2.012 obriga ó Concello a facer unha contabilidade real das facturas impagadas e remitilas ó Mº de Facenda.

2º) A Intervención fai o sinalado anteriormente; ¡¡sopresa!! aparecen +210.000€ non contabilizados, facturas "traspapeladas",... As facturas non se esconden elas soas, alguen fai a intención de escondelas.

3º) Como o Orzamento municipal é un documento público, e alí non estaban recollidas estas facturas "traspapeladas"; ¿cabria a posibilidade da existencia de falsedade en documento público?.

4º) O RD-Lei 4/2.012 obriga ó Concello a facer un "Plan de Axuste" para pagalas todas e a aprobalo en Pleno. Polo cal hai que reface-lo Orzamento.

5º) O RD-Lei 4/2.012 obriga ó Concello a facer unha previsión de ingresos en funcións dos "ingresos reais en caixa" tomando os datos dende o 2.009 ata o 2.011. Polo tanto a previsión de ingresos que hai no Orzamento non é valida.

6º) Ata aquí a frase de "este Orzamento nace morto" de certo concelleiro/a da oposición ten sentido, non soubo explica-lo tema; pero outros concelleiros con máis experiencia como Montsé non dixeron nada; a Sra. Secretaria támpouco dixo nada,... ¿por qué?, ¿ocultación de información?

7º) O RD-Lei 4/2.012 obriga ó Concello a envia-lo "Plan de Axuste" ó Mº de Facenda antes do 31 de Marzo do 2.012. Pero os "4 Fantásticos" non o queren tratar en Pleno. ¿Por qué?, aquí non cabe alegar iñorancia, hai unha intención de actuar neste senso.

8º) De non face-lo punto 7º, ou non ser aprobado polo Ministerio de Facenda, este vai rete-los ingresos que lle corresponden ó Concello na participación dos impostos do Estado. ¡¡ISTO SERÍA UNHA AUTÉNTICA RUINA PARA O CONCELLO!!

9º) Pois o tema do "Plan de Axuste", non está nas previsións dos "4 fantásticos" en levalo ó Pleno. Polo cal actuan dun xeito intencionado nunha determinada dirección, a sabendas que o están a facer mal.

Esta é a conclusión que quitan ASTERISCO JONES e algúns funcionarios con profesionalidade (poucos pero algúns hai):

""Hai unha intención (DOLO) do grupo de goberno de non trata-lo tema do "Plan de Axuste", deixar que o Mº de Facenda reteña eses ingresos e leva-lo Concello á ruina. Logo os "4 Fantásticos" dimitirían e deixaríanlle o morto ós concelleiros do PP, BNG e CG para que se queimen resolvendo a desfeita que eles deixaron.

Logo dentro de 3 anos presenta-la Montsé ou a Lomba como os "salvadores" que veñen a prometer un novo "paraiso socialista"; aproveitando que outros xa teñen medio resolto o problema que eles deixaron"".

Vamos, cando escoitei isto puxerónseme de punta tódalas neuronas de noxo, asco,... Quero pensar que non é verdade, pero dende logo hai indicios que esta suposición ten moitos visos de converterse en realidade.

PACO JONES dijo...

O seguinte é unha anecdota:

Este pasado venres, sobre ás 18.15 h, acudín á sede de ACIGU a resolver unha cousiña.
Mentrás solventaba a pequena xestión a Sra. García Braga falaba con alguén por teléfono, e comentaba con esa persoa a nova publicación do "mosquito".

A Sra. García Braga falaba que descoñecía que este venrés remataba o prazo de presentación de alegacións; que ela non dirixe para nada o PP (¡¡Agora xa sabemos todos que o PP local está desgobernado!!).

A Sra. García Braga falaba sobre as súas suposicións sobre: ¿quén pode se-lo mosquito?, ¿quén pode se-lo PACO JONES?,...

Miña querida Sra. García Braga se soubese o cerca que estiven de vostede, mentrás conversaba tan animadamente por teléfono.

Doulle as gracias por ser seguidora desta páxina do meu amigo "mosquito", e por estar tan interesada polos meus comentarios.

É unha anéctoda verídica que a protagonista pode confirmar, aqui mesmo, se a protagonista o desexa.

yo mismo 1º dijo...

carajo para el personal, muchos comentarios en escritos anteriores y en este nada.

Anónimo dijo...

Gracias pola fina ironia de Ciudadana del Mundo; pero non creo que as neuronas e entendimentos dos nos próceres chegue a entende-la mensaxe.

“PAIS DE NUNCA GAMAS”; penso que realmente o que vostede dice é.

"PAIS DE UN CAGA MÁS". Así podemos entender por que a "cagan" tan a míudo.

PACO JONES dijo...

Información a confirmar de ASTERISCO JONES:

Sobre 23 mocións, tanto PSOE, BNG e CG seguen coa moda das "mocións fariñentas"; realmente só 4 ou 5 teñen un interese local,...
¡¡Os modaís da esquerda verdadeira e tradicionalista das JONS seguen vivos!!

Nesta ocasión o campeón é o BNG.

Preguntada a Sra. Ana Vigo (Interventora) sobre as alegacións dixo:

-Recibidas máis das esperadas, pero non da persoa esperada; quen máis argumentou no Pleno foi dos que menos traballo alegou; outros seguen na súa liña. El total ronda las 100 alegaciones, pero hay algunas interesantes que me han descubierto ciertos "escondites" contables que desconocía.

A vindeira semana os próceres van de viaxe a Coruña (visita ó Delegado do Goberno), aproveitaremos para buscar máis información,...