(foto de galiciasuroeste)
Hai poucos días chegou aos meus oídos o zunido de que xa temos premiado das letras galegas da Guarda 2012, e tal foi a miña sorpresa que case pido cita eu tamén no psiquiatra de Goián, a ese ao que vai a elite dun partido desaparecido por falta de votantes...
O convertido a escritor, parece ser un tal Victoriano da Gándara, a quen persoalmente coñezo bastante, aínda que algo máis a un irmán (tamén dado a escritor, e seguramente premiado o próximo ano) o actual concelleiro de tráfico invisible....
Como gustame sempre ter información antes de emitir a miña opinión persoal, sobrevoei bibliotecas e arquivos, sen encontrar libro algún de propiedade intelectual do premiado, soamente artigos en "libros de festas locais", especialmente das Mercedes e do Monte, como non podía ser doutro modo, faltaría máis...
Logo de ler minuciosamente os seus artigos de colaboración, e analizalos en canto a información, estilo literario, etc, cheguei á conclusión do paupérrimo nivel literario que a Agrupación Cultural Guardesa premiará este ano, pero o que é aínda peor, é que premie un personaxe que expresou no seu día ideas xenófobas nos seus escritos..... comparando ás persoas que se poñen piercins cos porcos "arganeis dos porcos que poñía o Tío Manuel o paraugueiro, O Callau", dicindo ademais que ao que mira a algúns deles "rebúlelles o corpo e arrepíase a pel ollando tal cousa"....ante todo moi actualizado e respectuoso dos demais, o emérito...
Posteriormente tomei nota de onde publicaba o devandito, e caín na conta de que soamente o facía onde algún consecuente coa súa ideoloxía accedía a poñer o artigo en cuestión, co cal evidentemente de crítica literaria ao seleccionalo... nada...
Escudriñei un pouco na súa historia persoal en relación coa Agrupación que o galardoa, e recordei todas as súas marabillosas intervencións literarias, como poñer flores nalgunha homenaxe, ou facer de público, todo iso merecedor dun premio literario, polo visto....
Cabe pensar que aqueles que o 30 de maio de 1982 decidiron constituír formalmente a Agrupación Cultural Guardesa, deben sentirse orgullosos destes 30 anos de traxectoria en homenaxes literarias..., por certo recordades algúns dos que a fundaron???
José Antonio Uris (presidente), Victoriano Rodríguez González (vicepresidente), Agustín Ferreira Lorenzo (secretario), Eloi Gómez Mariño (vicesecretario), José Vicente Romero (tesoureiro), Francisco Álvarez Álvarez, koki (vicetesoureiro), Miguel Español Otero (vogal), Pedro Borrajo Rivas, Ricardo Rodríguez Vicente (vogal); Feliciano González Otero (vogal), Isaac González González (vogal), César González Álvarez (vogal), Antonio González Durán (vogal) e Chuny Vázquez (vogal).....
Por mera casualidade... cantos deles teñen a mesma militancia...??? cantos deles foron galardoados...????
O que me resulta inverosímil é que se facemos un listado das figuras ás que se lles deu o mesmo galardón, a Macedonia resulta case vomitiva...
Vemos nomes como o de Ermelido Portela, Miguel Villa, Gómez Alfaro, Juan Bautista Alonso, Koki Álvarez,Feliciano Rolán, entre outros, revoltos, co de Uris Guisantes e agora o de Victoriano de Saladina, cuxo gran mérito ademais de ser portadores do carné do PSOE, é ser amiguetes de Dona Julia Sobrino e grandes acopiadores e transcritores de información....
É que habería acaso que comparar a cada un dos monxes que transcribía un libro antes de haber imprentas, con Miguel de Cervantes, Rosalía de Castro, Novoniera, etc e premialos...???
Iso ademais de ser ilóxico sería ata un insulto!!!!
Por certo como se sentirían ou sentirán os galardoados co mesmo premio ???
Con ganas quizais de dar unha puñada na mesa e devolvelo???
Alguén comentou por aí que o conxurador xunqueiriñas tiña moito material sobre A Guarda....e iso é mérito de abondo...?? pois premiemos á bibioteca ou o arquivo municipal, que aínda teñen máis...non te fastidies...!!!
Porqué entón non premiamos tamén a escritores e investigadores locais como, Angel Iglesias Bacelos, Celso Fariñas, Moncho Velasco, Angel Gándara, Carmiña do Leza, Antonio Martínez, entre outros moitos..., se ata a mesma Julia Sobrino e Bueventura Lomba publicaron no seu día algunha nota ou poesía..., todos escribiron en libros de festas, moitos posúen un magnífico arquivo, pero.....sin o carné do PSOE.....como que non serven....
Outra cousa..., hai máis de 20 anos lidera a Agrupación a mesma persoa e elíxese cun xurado a quen se homenaxeará, habendo unha terna de candidatos, sabiades que esta vez se optou polo mencionado descartando a Generoso Álvarez Seoane???
Por certo alguén sabe quen integraba este ano o xurado que elixiu o próximo homenaxeado???? descubride e levarédesvos algunha sorpresa....a familia, é a familia...