miércoles, 25 de abril de 2012

OS MISTERIOS DO TRANSBORDADOR 1



Dende hai algún tempo, temos noticias pola prensa de que lle debemos diñeiro ao Municipio de Caminha. Dende alí tamén nos advirten de que se é necesario irán ao xulgado co tema, e o noso responsable maior, o Sr. Alcalde, corrobora o dito dende a outra beira, pero matizando, "nos poñeremos ao día cos pagamentos... " "temos intención de cumprir os nosos compromisos na medida das nosas posibilidades... "

é que temos recursos para facelo e ninguén o sabía...??? onde estaban gardados ...???


Para a miña sorpresa de mosquito desmemoriado, caio en conta de que ademais de ter un grupo de goberno "Fantástico", é tamén infinitamente "Xeneroso"...noso alcaldísimo, ademais de asumir co seu salario multas para "defender" as 21 licenzas prometidas no Gan Prix, e "desobedecer" as ordes de derrubamento dun xuíz, agora tamén asume no noso nome e sen dicirnos nada unha débeda con Caminha que aparentemente superaría o millón douscentos mil euros, case que...a volta dun cafelito no Couto.....


Saín entón de modo urxente en busca e captura de información, a miña tribo mosquiteira en pleno, furgou en centos de vivendas e arquivos, e finalmente demos con algunhas cousiñas xeitosas...



_O tema transbordador A Guarda-Caminha, está desnortado dende a súa posta en marcha, e cada unha das autoridades que pasaron pola nosa alcaldía dende que se comezaron as tratativas, miraron sen ver ou non quixeron centrarse na cuestión da explotación financeira deste, ata que un bo día os guardeses da pé espertamos coa novidade de que debiamos máis dun millón de euros, e nós sen sabelo, vaia por Deus...

_O 6 de febreiro de 1995 (Puri como alcaldesa) levábase a pleno extraordinario (e por certo, ás 20,30 Hs, e non como algunhas veces agora, pola mañá moi temperán para que asista pouco público), a aprobación dun Protocolo Provisional de Explotación do Servizo do Transbordador.
Segundo dicía o mesmo "co fin de fixar a disciplina xurídica que regule as dúas partes na prestación do servizo, en tanto non se aproben os Estatutos", os que seguimos esperando a día de hoxe, o próximo ano cumprirán a maioría de idade de non existir...

_Neste Pleno Extraordinario, o Sr. Borrajo, voceiro do grupo do PSOE da época, facía notar que "é responsabilidade do grupo de goberno municipal o non ter aprobados a tempo os Estatutos, xa que de estar aprobados, ese punto do día sobraría. Alguén debe asumir esa tardanza... "
PSOE do 1995 acusaba de non facer as cousas a tempo, de non se facer cargo dos erros,  o PSOE do 2012, na súa segunda lexislatura, e cunha primeira en "maioritario absolutismo", segue cos deberes sen facer, é dicir seguimos rexéndonos polo PROTOCOLO PROVISIONAL DE 1995...




_Cabe destacar que no Pleno Extraordinario mencionado, o Sr Borrajo, e de xeito moi prudente ao meu entender, ao votar en favor do Protocolo Provisional, matiza dicindo "sería bo que antes de que comece o servizo se soliciten informes sobre este protocolo aos gobernos respectivos... " Que pasou dende entonces...???

Sería bo que tanto o Sr. Freitas coma o Sr. Español, ambos os dous hoxe con moita responsabilidade no goberno local (aínda que non a exerzan), desen explicacións sobre o tema, xa que ambos os dous estaban presentes acompañando como concelleiros, ou é que o esqueceron como sempre...???


Segundo dixo no seu día á prensa un ex-concelleiro vido hoxe a converxente, " formulárase unha explotación internacional mixta do servizo, pero o goberno español desestimouna"

Quere dicir entón...que todos os gobernos locais dende esa época estiveron a explotar o transbordador de modo "ilegal" ou polo menos non avalado" polo goberno de España...???


Conclusión:

Non hai Estatutos de Regulen unha Explotación Mixta do Transbordador.

_Nos seguimos rexendo (a dicir pola alcaldesa de Caminha) polo Protocolo Provisional de 1995, en espera duns Estatutos que nunca chegarán porque foron desestimados polo noso Goberno de Madrid xa hai moito tempo.

_Despois de 17 anos deberiamos polo menos chamalo Protocolo Definitivo en lugar de Provisional.

Gustaríame saber se xurídicamente ten ou non valor este Protocolo asinado polos respectivos gobernos locais e non referendado como internacional que é, polas autoridades gobernamentais correpondientes....

Se o Protocolo é legal, por qué non se pagou a Caminha dende 1995 como correpondía, e onde está o diñeiro recaudado...???

Se non é legal, de que débeda de máis dun milloncete de euros estamos a falar e o noso Fantástico Mayor asumiu????

Que pensades...???



5 comentarios:

dende o pasaxe dijo...

O noso ilustrísimo recoñece a débeda porque así queda ben e como o diñeiro non é del que problema hai...se paga e listo

PACO JONES dijo...

Mentras escribo isto teño a soar a canción de "Lareira" sobre so "cha cha do Ferri". 17 anos despois e seguimos sen arranxa-lo problema do Ferri; ¡¡isto é unha mostra da eficacia e productividade da clase política local!!.

Falando de contas; o primo ASTERISCO JONES xa leva tempo "arrebuscando" entre moreas de papeis, pero non atopa as contas de Camiña sobre o Ferri que debe presentar ante o Concello da Guarda.

Semella que a Sra. Julia (Alcaldesa de Caminha) quere o diñeiro recadado polo Concello da Guarda, pero ela tamén debe presentar contas do recadado pola Camara de Camiña. Se o Ferri e explotado dun xeito conxunto, ambalas partes deben compartir información, recadación, custes,...

Pero nunca atopamos as contas de Camiña dende a epoca do Sr. Valdemar (anterior alcalde de Camiña). Logo a Sra. Julia fala dunha débeda superior a 1.000.000€; isto vería a supoñe-la recadación do Ferrí feita polo Concello da Guarda de 8 anos ou algo maís; pois a recadación do posto da Pasaxe ronda os 120.000€ ano.

De ser certa esa información, o diñeiro non se esconde el só, alguen ten que escondelo; ¿¿onde está??. O grupo de goberno "fantástico" non entrou onde a gobernar, xa levan +4 anos, e algúns como concelleiros +20 anos,... polo tanto no poden alegar descoñecemento do tema.

De exisitir tal débeda, eles xa a sabian, polo tanto tamén saben onde está o diñeiro,... non se pagou a Camiña estes anos, entón deben explica-lo PORQUÉ, e tamén explicar que se estivo e está a facer con este diñeiro.

Eu temo que isto sexa unha cortina de fume interesada; maís ou menos real, para ir deixando morre-lo servizo do Ferri e dentro dun período de tempo pechalo. Uns alegarán as débedas do Concello da Guarda, outros a dificultade da operatividade do servizo pola canle de navegación,....

Como punto final, dende aquí dou unha lembranza amistosa para o recen finado Sr. Fausto (patrón do Ferri).

zizita vuelve dijo...

Se é verdade que se debe diñeiro dende decembro do ano 1.995, quere decir que alguén e quedou co que pagabamos tódolos usuarios. A min venme a memoria dunhas coplas dun antroido deses anos, en que se falaba do sr. que levaba o maletín cos cartos unha vez a semana, e logo disfrutaba dos recoñecementos dos empresarios que sacaban a area en Caminha. Dende esa época, él, o Patricio e o Supusitorio, terían moito que contar dos cartos. Seguramente algún maís. Pero, si non o entregaron nas contas oficiais, nalgún sitio ten que estar. desa época era a canción VOLARE, ¡sería la plata que emigraba!

PACO JONES dijo...

Non cabe alegar ignorancia ("Non disceptabo ignorantia").

Sres. gobernantes locaís vostedes xa levan +4 anos gobernando, algúns de vostedes xa levan +20 anos como concelleiros,... e sobre este asunto non poden alegar que descoñecían o tema.

Imos supoñer que esa débeda é real, se a ela engadimoslle os 980.000€ recoñecidos á Hacienda como débeda real do Concello:

1º) Vostedes non lle comunicarón tódalas débedas á Facenda. Fixeron unha ocultación de información, isto que na rúa chamase: mintir.

2º) O 95% do gasto do orzamento xa esta comprometido; está débedas supoñen máis do 30% da partida de gastos, e non figuran na mesma. ¿Como se vai pagar?, ¿de qué partidas pensan quita-las?, ¿acudir a un novo prestamo bancario?,...

3º) Supoñemos que a débeda existe, pero o Concello foi previsor é foi guardando o diñeiro da recadación dos anos que reclama Camiña. Neste caso non hai problema, o diñeiro o temos en caixa, pagase e problema rematado.

O que non comprendo, é que ainda non saíse ninguen do Concello a dar explicacións:

1º) ¿Debemoslle diñeiro a Camiña?: si ou non.

2º) De ser certo; ¿cal é a cantidade?, ¿donde está o diñeiro recadado?, ¿qué se fixo con el durante estes anos?.

3º) De ser certa a débeda; ¿cal é o proceso de pago a seguir?.

Son preguntas moi sinxelas e que de momento ainda non tiveron unha resposta oficial dos gobernantes.

PACO JONES dijo...

Querido amigo mosquito.

Hoxe recibín unha mensaxe no móvil para acudir mañán ó Pleno da Entidade Menor de Camposancos, para ollar coma agora o Alcalde Pedaneo tamén quere porse un salario,...

Aquí todo o mundo quere un soldo a conta do erario público.