miércoles, 30 de mayo de 2012

CRISE NA GUARDA??? QUEN???



Queridos mosquitos, infórmolles, por se acaso non o saben aínda, estamos en crise, unha crise que antes de selo pasou por ser unha leve recesión, despois por un estancamento económico e ao final rematou sendo a maior e peor crise da historia do noso país.


Pero, esta crise económica afunde as súas raíces nunha crise máis fonda, de carácter moral, en todos os niveis da nosa sociedade. De forma piramidal, dende as nosas autoridades ata chegar a nós, os nosos amigos e veciños....



Non cabe ningunha dúbida, hai que falar dunha crise moral, dun mundo sen honra... A honra é unha relación de lealdade cos demais e cun mesmo, de forma que a deshonra é terse fallado a un mesmo e aos outros...



A crise moral e a falta de ética son entón, un problema de todos...en consecuencia preguntarnos...



-Como é posible que coa que está a caer haxa veciños que pasen pola rúa Manuel Álvarez a buscar a axuda "para familias necesitadas" que outorga o noso concello conducindo un BMW?



-Como é posible que a familias con só un membro no paro (e cobrando) con outros membros traballando, se lles conceda esta axuda de comestibles?



-Como é posible que os nosos servizos asistenciais locais outorgasen esas axudas? Cal foi a valoración que se utilizou para outorgalas?



-Como é posible que non se fiscalicen nin corroboren os ditos dalgúns mentireiros compulsivos sen escrúpulos que pasan a buscar as caixas de alimentos para cargalas en automóbiles case de paquete?



-Como está a funcionar no noso concello o servizo social, como clientelismo ou amiguismo quizais?


-Se a resposta é que non están en coñecemento de que isto estea ocurrindo...Sres....non o saben porque non queren...y porque ademais non estades facendo ben voso traballo.....o cal consiste en outorgar axudas e observar que sexan necesarias...


As axudas están destinadas a familias vulnerables, con necesidades reais, moitas das cales nin sequera van solicitalas, por vergoña ou quizais un pudor mal entendido. 

Acaso non saben os nosos servizos sociais qué familias teñen todos os seus membros no paro?, non serán esas as realmente necesitadas?


Por outra parte, nalgúns concellos ábrese paso un novo concepto de axuda social, máis digno se cabe, no que se outorga a axuda a cambio da realización dalgunha acción en beneficio de todos, porqué aquí non?



Sería bo comezar a "mirar con lupa" cada un dos casos, para evitar enganos (se é que o son), pola contra estariades en conivencia cos "delincuentes que falsean por avaricia" pícaros para ser finos....



Estas "irregularidades á vista de todos" resúltanme vomitivas tanto polo que as concede como polo que as solicita...y só con honestidade é que se combate a corrupción, será moito pedir as nosas autoridades...???



Todos estes "mentireiros" que ocultan a súa realidade co fin de obter un beneficio, son simplemente avaros que se converten en "delincuentes"....



O mentireiro é un ser inseguro, egoísta, irresponsable, ou inmaturo, ou todo iso á vez. A mentira é tan daniña para quen a recibe como para quen recorre a ela. O adulto é mentireiro cando non superou os obstáculos que lle puxo a vida, e engana para sentirse o triunfador que nunca foi.



A tolerancia da xente cos mentireiros habitualmente é moi pequena, e só se necesita que se sorprenda alguén nunha mentira para que se lle asigne a etiqueta de "mentireiro " e pérdaselle para sempre a confianza, por non chamarlle "ladrón de pobres"...



É acaso demasiado tarde e na nosa mirada xa non cabe outra cousa que a compracencia e a cobiza?



Iso se, quede ao revés ou ao dereito, o que se fixo xa está feito...

Reflexionemos Mosquitos... ( dedicado a todos e cada un dos que sen necesitalo acoden a buscar o que non lles corresponde...e aos que o consenten....)

Que é a avaricia? Un continuo vivir na pobreza por temor a ser pobre.
San Bernardo de Claraval


"Quen só pensa no que no seu ventre entra..., non vale máis que o que do seu ventre sae.... "



    miércoles, 23 de mayo de 2012

    PREMIO AO ESCRITOR AUSENTE






    O venres 25 entregarase o premio polo día das letras galegas na Guarda, e o honrado con tal mención, o noso xunqueiriñas, contamina visualmente dende hai uns días coa súa fotografía, os nosos escaparates comerciais.

    Din que os de AONDE VAN están por presentar unha queixa formal pola contaminación atmosférica que realizou o xurado de críticos literarios que elixiu o escritor homenaxeado, xa que puxo polas nubes todo o lixo publicado.



    POEMA AO ESCRITOR FRACASADO



    Todo escritor fracasado
    ten un benfeitor Mecenas,
    ti telos por decenas
    todos co mesmo carné.

    Non lle cabe dúbida a ninguén
    paradigma do fracaso
    a túa vida xa está no ocaso
    e segue sendo unha queimada
    digna de gran gargallada
    e musa de insólita mofa.

    Agora agregas unha estrofa,
    un premio non merecido,
    só por ser un bo amigo
    e antigo político afín.

    A tí escritor casual,
    mareante de expresións
    versión satírica actual
    de conxurador de ilusións.

    A tí que che sentes poeta
    Que prosa! Que recitar!
    Que novo xeito de trovar!
    Miúda que tes a jeta!

    Buscas, Quevedo, no camiño
    fantasía e popularidade
    pois se un home caval
    e permanece calado.

    Lope da nosa xunqueira,
    Cervantes sen o seu Quixote,
    torturador de palabras
    calvario dun escritor,
    escribe a túa biografía....
    non a de quen ti cres ser
    senón a que os demais miran...

    Hoxe un consello douche
    mal escritor valorado,
    non abonda con escribir un ensaio,
    senón que Hai que ensaiar máis!

    Como poderá hoxe ver a xente
    resulta moi evidente
    todo o teu mundo de gloria
    xamais quedará na memoria...
    Pode pasar o seguinte!

    Mosquito Capón da Juarda





    martes, 15 de mayo de 2012

    ROMANCE DEL DUQUE









    Non teño costume de copiar escritos doutros, pero este soneto pareceume tan impecable que decidín compartilo convosco....





    Así recitó el juglar
    a muchedumbre embobada:
    E
    ra un joven que metía
    las pelotas por la escuadra
    y, de pronto, llegó a Duque
    al casar con una infanta:
    braguetazo, que le dicen
    por tierras de Salamanca,
    braguetazu, en les Asturies
    y pelotazo en Granada.
    Al entrar en la nobleza,
    ya Duque de Candelaria,
    se creyó con la licencia
    del derecho de pernada
    y se vio como intocable
    en la Realeza de España.
    Vino a proponer negocios
    a diversos Reyes Taifas
    que juegan con el erario
    como bien les viene en gana;
    pues es dinero de nadie
    y revierte en quien lo apaña.
    Presidentes autonómicos,
    que aparentan Reyes Taifas,
    se embobaron con el “Yerno”
    y prepararon pitanza
    para que comiese el Duque
    cuanto le diese la gana
    y el Duque, más que comer,
    ciertamente devoraba
    con apetito insaciable;
    le gustaba la pitanza.
    Asunto fue de millones
    los contratos que firmaran
    y, por si acaso, el Gran Duque
    adelantados cobraba;
    no fuese que de proyectos
    quedasen humos de paja.
    Asunto fue de millones
    los contratos que firmaran
    y cual lluvia, en gota fría,
    a la Nóos inundaban;
    eran ganancias muy sucias
    y preciso blanquearlas.
    Así fue montando empresas
    (lavadoras las llamaba)
    el prelavado en Aizoon;
    en Belice se lavaban;
    el centrifugado en Londres
    y, una vez blanqueadas,
    retornaban abundantes
    para comprar nuevas casas
    y un palacete en Pedralbes,
    reformado con tal gracia
    que ha llegado a real palacio
    para orgullo de la Infanta.
    Al Duque de Palmatoria,
    a más de plebeya plaga
    que le servía de apaño
    para camuflar ganancias,
    les han cogido, en la noche,
    una patrulla de guardias
    que vigilan la honradez
    y encontraron la mangancia.
    Con las alforjas repletas
    a Diego Torres pillaban,
    acompañado de esposa
    y de un cuñado por banda:
    por estribor iba Marcos,
    Miguel por babor andaba.
    Estos cuatro mochileros
    los millones transportaban
    y usaban las lavadoras
    con tal salero y tal gracia
    que hacían de sucios euros
    unas monedas honradas.
    El juez dice “trapicheo”;
    “gran robo” el fiscal la llama
    a la fortuna del Duque:
    la Empresa que no lucraba
    y, sin embargo, lucró
    millones de euros a manta.
    Los impuestos en Belice
    se extinguían en la nada
    y todo era beneficio,
    y todo era ganancia,
    pues pagaba las facturas
    que él mismo se cobraba.
    Con más arte que Paesa,
    el Duque de Candelaria
    amasaba una fortuna
    así, sin más, por la cara
    que tiene de hombre buenazo
    y de marido de Infanta.
    Si en Nóos hubo trapicheos,
    el Duque no sabe nada,
    que Nóos está en Barcelona 
    y él residía en las Babias.
    Así se escribe la historia:
    unos pierden, otros ganan;
    aquí perdió el pueblo entero
    y ganó el Duque de Palma. 
    Ahora corresponde al juez
    analizar bien la causa
    y demostrar que es verdad
    que, quien la hace, la paga.
    Debe el juez recuperar
    el total de la mangancia,
    subastar el palacete
    y ofrecerle larga estancia,
    en Soto del Real, al Duque
    y a sus amigos comparsas.
    Así terminó el Juglar
    de relatar las hazañas
    del “yernísimo de Rey
    y noble Duque de Palma”,
    que ordeñaba los millones
    que nos faltan en la vaca.

    POEMA ANÓNIMO




    lunes, 14 de mayo de 2012

    PRIMER ANIVERSARIO XUNTOS...





    O 30 de xaneiro de 2010, aparecía a primeiro nota escrita por este Mosquito Capón.
    Grazas a un moi bo amigo, quen tivo a xentileza de publicala no seu Blog, sen descubrir nin preguntar nunca a miña identidade, comezaron a esbozarse pola Guarda as picaduras dun mosquito solitario, cuxa única intención era intentar chegar aos demais coas súas opinións e reflexionar sen cores nin bandeirolas políticas sobre a realidade que nos toca vivir día a día...

    Así apareceron 24 notas críticas da realidade e acontecementos de cada momento, sempre dende a particular óptica deste mosquito capón.....e con elas moitos comentarios, algúns acertados, repletos dunha intelixente ironía e esbozos de sarcasmo, outros, ademais de malintencionados, traizoeiros, esquizoides e ateigados de erros ortográficos, non eran máis que fétidas pinceladas de escatolóxicas frases insás, cuxa única intención era difamar sen importar a quen...

    A partir dese momento, decidín facer o meu propio blog, para dende aquí responder  e publicar soamente comentarios de seres racionais. Deste modo non poñería a ninguén na difícil situación de ter que ler semellantes incoherencias ou peor aínda ter que publicalas...


    Dende ese día, o 14 de maio de 2011, pasou exactamente un ano... no que o número de mosquitos nos reproducimos a Deus grazas, de modo exponencial...isto significa que cada vez somos máis os que opinamos sobre o facer ou desfacer dos que din gobernar este pobo, aínda que tamén daqueles que aínda que queden fora da casa grande buscan un e mil sumidoiros por onde infiltrarse....


    Din que o poder corrompe, eu añadiría...sempre e cando un teña no seu haber xenes pútridos...claro que "xente desta ralea" haberá sempre...

    Levo escritas e publicadas a día de hoxe 88 notas, e encantaríame ésta forza a última, sería porque está funcionando todo tan marabillosamente ben que este mosquito debe chamarse a silencio, pero lamentablemente, non creo iso aconteza...

    Na súa maioría os mosquitos pican xente, en Grecia foron tan difíciles de controlar que causaron a evacuación de cidades, na Guarda, din que enviei algúns ao psiquiatra de Goián, aínda que eu creo non son tan milagroso...

    Celebremos entón mosquitos que dende hai un ano, no que recibín 14600 visitas a esta páxina, moitos comezaron a zumbar....motivo polo que máis dun busca mosquitos onde só hai pulgas....cada día somos máis, zumbaremos cada vez máis forte e máis preto, ata que as cousas se fagan como se debe....

    Felíz Primer Año xuntos Mosquitos

    miércoles, 9 de mayo de 2012

    OS MISTERIOS DO TRANSBORDADOR 2




    Hai pouco reflexionaba sobre o tema do transbordador a Caminha, e inquietábanme algunhas cuestións que a día de hoxe seguen sen resposta...
    De ser válido o Protocolo Provisional polo que nos rexemos e tal como neste se explicita, deberían A Guarda e Caminha ter feito números de recadacións e gastos, xa que coparticipan nas responsabilidades financeiras ao 50%.

    Porqué entón, nunca ata 2010, se fixeron estes números, nin nunha beira nin na outra ...???


    En maio de 2006, no Xornal de Notícias de Portugal, saía unha nota na que dicía que os socialistas galegos pretendían que A Guarda e Caminha se sentasen a clarificar as contas de explotación do transbordador. 

    Freitas como voceiro da oposición explicaba entón, "é necesario activar as conversacións entre os municipios" "é imprescindible recuperar o espírito que presidiu a unión fluvial", España e Portugal se rexen por un protocolo provisorio de explotación e é necesario definir un soporte legal dende o punto de vista financeiro de explotación do barco", pois di Freitas, "non se sabe se o Transbordador está pago", "lamento que A Guarda sexa un mero cofinanciador dun servizo do cal non é titular". Polo que, esixen ao PP gobernante na época, que ambos os dous concellos "revexan o protocolo que faculta a Caminha á explotación do servizo de transporte de bens e persoas" e desexan constitúase "unha asociación na que ambos os dous teñan as mesmas responsabilidades e beneficios"...

    Despois de varios anos de goberno, catro deles de absoluto totalitarismo maioritario, non foron capaces de facelo...???  Fai o que eu digo pero non o que eu fago, verdade Fantásticos...???


    Ademais, Luis Almeida na nota cita, "Diso despréndese que existe unha conta de 50 millóns de pesetas inmobilizados dende hai anos na cidade galega, eventualmente para apoiar os custos de construción do barco que  se elevou a 143 millóns de escudos (xa amortizados en 2000), financiados en parte con fondos de Interreg."......qué pasou entón co diñeiro...????   haberá que resucitar a Houdini para que o encontre...???

    Din nalgúns bares que algún alcalde investiu eses cartos en letras do tesouro...haberá que buscar a algún pirata para que encontre o cofre de Barbarroxa, ou acaso se perdeu nalgunha illa coñecida???
    Existe este diñeiro nos presupostos de todos estes ano como ingresos...???, ou é que tamén diso téñense esquecido...???   misterioso verdade...???


    En canto á area extraida da canle de dragado, sabemos que a lei española non permite a súa venda, en tanto que a portuguesa, autoriza que as dúas terceiras partes sexan vendidas co cal se producen uns ingresos interesantes, consideráronse estes ingresos como beneficios da explotación ou non...???, nunca nolo explicaron, só dinnos unha mañá que temos unha débeda con Caminha....pero non nos explican en que consiste, o famoso "pague e cale" vaia...


    Segundo relata a Presidenta da Cámara Municipal de Caminha, nunha acta de pleno de abril de 2011, "ata 2010, nunca fora recoñecida a débeda con Caminha", e paréceme moi ben que se faga se é certo, pero sen comunicarllo ao pobo da Guarda señores Fantásticos...???, ao mellor estilo feudal...???, é acaso que a xente só serve para entregarlles o voto, pero non para que vós lles deades explicacións dos actos que facedes no noso nome...???



    En abril deste ano, o noso Fantástico Maior, di: "Cando chegamos ao goberno municipal no ano 2007, e froito dá nosa iniciativa, empezamos a ter contactos co goberno de Caminha para os efectos de validar ás contas. No ano 2010 acordouse un plan de pagamentos:
    Ano 2010, pagamento dá cantidade correspondente o ano 2008
    Ano 2011, pagamento dás cantidades correspondentes ós anos 2009 e 2007
    Ano 2012, pagamento dá cantidades correspondentes ós anos 2006 e 2010.
    nosa débeda pendente con Caminhaunha vez aboado o correspondente ao ano 2010, será de algo máis de 300.000 euros, correspondentes ós anos 2006 e 2007. "


    Cabe recordar que a débeda que recoñece o noso ilustre Fantástico con Caminha non figura como tal nos PRESUPOSTOS presentados en todos estes anos, NON RECOÑECEN A DÉBEDA NOS PRESUPOSTOS, NIN FIXAN PARTIDA DESTINADA A PAGALA, se é verdade que xa fixeron algúns pagamentos, onde figuran...??? de onde saíu ese diñeiro...???


    Os alcaldes que tivemos dende 1995 poderían axudarnos a descifrar este xeroglífico económico, porqué ningún di nada e xogan ao "oficio mudo"...??? Porqué non lles preguntamos...???



    Sigo crendo mosquitos que o noso concello se converteu nunha estraña aeronave cunha caixa negra oculta.... pero... ONDE ESTÁ O PILOTO...???