miércoles, 30 de mayo de 2012

CRISE NA GUARDA??? QUEN???



Queridos mosquitos, infórmolles, por se acaso non o saben aínda, estamos en crise, unha crise que antes de selo pasou por ser unha leve recesión, despois por un estancamento económico e ao final rematou sendo a maior e peor crise da historia do noso país.


Pero, esta crise económica afunde as súas raíces nunha crise máis fonda, de carácter moral, en todos os niveis da nosa sociedade. De forma piramidal, dende as nosas autoridades ata chegar a nós, os nosos amigos e veciños....



Non cabe ningunha dúbida, hai que falar dunha crise moral, dun mundo sen honra... A honra é unha relación de lealdade cos demais e cun mesmo, de forma que a deshonra é terse fallado a un mesmo e aos outros...



A crise moral e a falta de ética son entón, un problema de todos...en consecuencia preguntarnos...



-Como é posible que coa que está a caer haxa veciños que pasen pola rúa Manuel Álvarez a buscar a axuda "para familias necesitadas" que outorga o noso concello conducindo un BMW?



-Como é posible que a familias con só un membro no paro (e cobrando) con outros membros traballando, se lles conceda esta axuda de comestibles?



-Como é posible que os nosos servizos asistenciais locais outorgasen esas axudas? Cal foi a valoración que se utilizou para outorgalas?



-Como é posible que non se fiscalicen nin corroboren os ditos dalgúns mentireiros compulsivos sen escrúpulos que pasan a buscar as caixas de alimentos para cargalas en automóbiles case de paquete?



-Como está a funcionar no noso concello o servizo social, como clientelismo ou amiguismo quizais?


-Se a resposta é que non están en coñecemento de que isto estea ocurrindo...Sres....non o saben porque non queren...y porque ademais non estades facendo ben voso traballo.....o cal consiste en outorgar axudas e observar que sexan necesarias...


As axudas están destinadas a familias vulnerables, con necesidades reais, moitas das cales nin sequera van solicitalas, por vergoña ou quizais un pudor mal entendido. 

Acaso non saben os nosos servizos sociais qué familias teñen todos os seus membros no paro?, non serán esas as realmente necesitadas?


Por outra parte, nalgúns concellos ábrese paso un novo concepto de axuda social, máis digno se cabe, no que se outorga a axuda a cambio da realización dalgunha acción en beneficio de todos, porqué aquí non?



Sería bo comezar a "mirar con lupa" cada un dos casos, para evitar enganos (se é que o son), pola contra estariades en conivencia cos "delincuentes que falsean por avaricia" pícaros para ser finos....



Estas "irregularidades á vista de todos" resúltanme vomitivas tanto polo que as concede como polo que as solicita...y só con honestidade é que se combate a corrupción, será moito pedir as nosas autoridades...???



Todos estes "mentireiros" que ocultan a súa realidade co fin de obter un beneficio, son simplemente avaros que se converten en "delincuentes"....



O mentireiro é un ser inseguro, egoísta, irresponsable, ou inmaturo, ou todo iso á vez. A mentira é tan daniña para quen a recibe como para quen recorre a ela. O adulto é mentireiro cando non superou os obstáculos que lle puxo a vida, e engana para sentirse o triunfador que nunca foi.



A tolerancia da xente cos mentireiros habitualmente é moi pequena, e só se necesita que se sorprenda alguén nunha mentira para que se lle asigne a etiqueta de "mentireiro " e pérdaselle para sempre a confianza, por non chamarlle "ladrón de pobres"...



É acaso demasiado tarde e na nosa mirada xa non cabe outra cousa que a compracencia e a cobiza?



Iso se, quede ao revés ou ao dereito, o que se fixo xa está feito...

Reflexionemos Mosquitos... ( dedicado a todos e cada un dos que sen necesitalo acoden a buscar o que non lles corresponde...e aos que o consenten....)

Que é a avaricia? Un continuo vivir na pobreza por temor a ser pobre.
San Bernardo de Claraval


"Quen só pensa no que no seu ventre entra..., non vale máis que o que do seu ventre sae.... "



    14 comentarios:

    PACO JONES dijo...

    Querido amigo mosquito:

    Dende fai algo máis dun ano teño certos problemas de saude por unha úlcera estomacal, o medicamento receitado pola doutora de familia funciona.

    Pero as veces cando moi de madrugada cruzo a vila para ir a Vigo a traballar, vexo a veciños arrebuscando en contedores de lixo perto de certos afamados supermercados. Esta imaxen volta a repetirse cando cruzo por Baiona, logo en Nigrán e tamén en Vigo,...

    Cando vexo isto, os ardores do estamago entran en erupción, sento unha carraxe e noxo contra os que gobernan. Así sei que non vou cura-la úlcera, a solución real non está no medicamento.

    Mentrás hai veciños que sofren, outros están preocupados por facer festiñas gastronómicas e convidar a "estomagos agradecidos", que o único que coñecen da vida é o bó comer e o mellor beber, a conta todo do erario público.

    Sobre o bó beber, temos un persoeiro na Corporación que ten esta afición, incluso dentro do horario de traballo. Un día diante do seu vaso de viño debía de cavilar, que para que él beba, hai outros que pasan fame.

    Por desgracia a inmensa maioría dos nosos gobernantes viven dentro dunha burbulla que é allea á realidade.

    "No puede haber una sociedad floreciente y feliz cuando la mayor parte de sus miembros son pobres y desdichados." (Adam Smith).

    Anónimo dijo...

    home por fin¡¡¡¡eu sei de dous casos un tanto raros; unha casa onde viven 3 persoas (unha nai co seu fillo e o novio desta) e con case 800€ de pagas sen contar coa pension alimentaria do rapaz que lle ten que dar o pai perciben axuda de alimentos, e a outra casa onde viven 4 persoas (pai, nai e dous fillos un minusvalido) e con case 550€ de pagas perciben a metade de axuda que a anterior familia, se alguen mo pode explicar que por favor o faga que eu no o entendo.

    Julia da Vila dijo...

    Tienes toda la razón Mosquito, yo paso a menudo por ahí al ir al zapatero, y veo como entran coches de alta gama, cierran la puerta y más tarde salen, a qué van ?, solo los días de entrega de mercadería.
    Aún por encima, las señoronas hablan a voces en la puerta, qué poca vergüenza tienen, robando lo que tanta falta les hace a otros.
    Propongo apostarse en frente y sacar fotos para publicarlas en un cuadro de "honor".
    Por cierto, al lado del sitio nombrado, está también la sede de un partido político, cómo es que ellos ni dicen nada, ni ponen fotos en su cristalera de los premiados con el "Goya al mejor ladrón"?
    De ahora en más estaré atenta los días de entrega y seguro que te enviaré retratos de los galardonados para que los publiques, yo si creo que con la honestidad de los que aún la tenemos podemos combatir la "pillería" de esos pocos que nos mean encima y nos dicen que llueve.

    Anónimo dijo...

    anda Mosquito que hoxe vas lento, ainda non te habias decatado de que aljuns dos nosos "ricachóns" son os primeiros en levarse as limosnas dos pobres?
    O peor do caso é que os mandamáis que temos disfrazaos de socialistas son os que llas outorjan aos seus amijetes que van de listillos pol,a vida.
    Di o refrán que quen a burros favorece, coces merece, e éste é o caso

    conmigo otro gallo cantaría dijo...

    Mosqui, robar dicen que es pecado, y está muy mal visto, pero apropiarse indebidamente como en este caso, es otra cosa, no confundas, no es robo, es DELINCUENCIA

    Anónimo dijo...

    Estoy de acuerdo con Julia da Vila, y les montaremos guardia a partir de hoy mismo, en cuanto tengamos fotos te las enviamos, y a tomar por culo las señoronas, qué joder.

    Anónimo dijo...

    vergoña deberíalles dar ir buscar con esos coches, deben crer que non os vemos, menuda cara que tenen os tíos

    PACO JONES dijo...

    Hola amigo mosquito:

    Consentidor: persoa que permite que se faga unha cousa, cando o seu deber e impedilo (nalguns paises de américa tamén significa: cabrón).

    Consentido: Persoa mimada en exceso(nalguns paises de américa tamén significa: cornudo).

    Evidentemente para que certas "persoas" collan uns paquetes de comida destiñados a necesitados, ten que existir unhas persoas que lles otorguen ese dereito.

    Ademáis de ver que son eses "necesitados que van en BMW, Volvo,..." Tamén haberá que votar unha visual polos servicios sociaís do Concello, pois semella que aquí estanse a pagar favores de outra índole.

    Señor mosquito; ¿quén é a concelleira de servicios sociaís?; ¿non ten nada que dicir sobre o tema?, ou ¿forma parte do clube dos concelleiros caladiños que só levantan o brazo para airea-la sobaqueira?.

    Os sexa que temos un "Freitas Hood", temos que roubarlle ós pobres para logo darllo ós ricos.
    ¡¡Sozialismo do século XXI!!

    Ribadavila independiente xa dijo...

    No me preocupa el grito de los violentos, de los corruptos, de los deshonestos, de los faltos de ética.
    Lo que más me preocupa es el SILENCIO DE LOS BUENOS.

    Amigo mosquito ya sabes la poca ética que presentan nuestros politiquillos, se frivoliza el mal viendo para otro lado.
    No cabe ninguna duda que hay que denunciarlos y pediría desde aquí que se les señale, haber si a alguien se le cae la cara de vergüenza.

    DENUNCIA XA...

    Anónimo dijo...

    la crisis debe estar en el BNG ya que necesita instalar carteles de adoctrinamiento político en el instituto de A Sangriña, insisto nuevamente que el adoctrinamiento a menores de edad en centros públicos de enseñanza es ilegal, pero ya que usando los medios de comunicación, informando al PP y al PSOE, el cartelito sigue allí. solo me queda seguir la ultima vaza que es la de la fiscalia.

    PACO JONES dijo...

    Querido mosquito e amigos, durante unhas semanas imos estar de "holidays".

    Este pasado fin de semana tivemos unha cena varios amigos, amigotes e outros achegados,... coa excusa de festexa-lo ascenso do Celta.

    Varios dos nosos convidados son lectores desta páxina, só uns poucos a descoñecían. Todos estaban irritados, queimados,... coas persoas que se benefician das desgracias dos demáis; non só falaban dos paquetes de comidas, tamén de certos postos de traballon temporais que sempre rematan nas mesmas persoas,...

    Ben, ata despoís de San Xoan, seguide todos picando por ahí.

    Ata logo; "Do pobachenia"

    zzz...paff dijo...

    e unha vergonza o dos alimentos, perro pior é a maniobra do Concelleiro de Deportes, que xuntou aos equipos que usan o Campo da Sangriña, para que todos fixeran unha carta de felicitación e apoio a muller que limpa o estadio (que quede claro que cobra polo séu traballo) e desa maneira, non convocar a plaza, e usala disculpa de que era tan boa no choi que ían a facerlle un novo contrato

    graficos dijo...

    Amigo Mosqui:
    Cal non seria a miña sorpresa candfo hoxe fun a Facenda a Tui, e en plena Corredera, estaba a maioría da plana maior do Iniciativa Veciñal e seus tres ex-concelleiros, non sei como seria o pique, pero nunha banda estaba esta a Carlitos e o Escayolas co Xeral Pepiño e na outra esquina o ex-xefe co arxentino que parecía un garda de trafico con tanto movemento de brazos. O choio non estaba moi claro, pero a Carlitos, a muller do sinjuevo, tiña cara de funeral,polo que o choio non debía ir moi ben para o Lado Oscuro. Tratarei de averiguar o que pasaba e xa te informarei, si sabes algo, faino público para que o saibamos os teus lectores.

    jiriguay dijo...

    estimado amigo:
    Acabo de tener un buen enfado, porque ya pasaron más de cuatro meses, y hoy me dijeron en el ayuntamiento que aun no se sabe cuando me van a pagar VEINTE EUROS de los Carnavales. ¿Será posible? ¿estamos tan arruinados que no hay ni esa cantidad? Como lo estarán pasando los proveedores, no es verdad que ya cobró todo el mundo lo del año pasado, pues mi cuñado aun está esperando menos de 600 euros de mercancía. No sé si será verdad, pero algún club deportivo, recibió ya todo el dinero de la subvención del año 2.012 y más de la mitad de la del año que viene. ¿Será porque las hermanas de un directivo trabajan en el ayuntamiento? No sé pero esto está oliendo muy mal.