Hai pouco reflexionaba sobre o tema do transbordador a Caminha, e inquietábanme algunhas cuestións que a día de hoxe seguen sen resposta...
De ser válido o Protocolo Provisional polo que nos rexemos e tal como neste se explicita, deberían A Guarda e Caminha ter feito números de recadacións e gastos, xa que coparticipan nas responsabilidades financeiras ao 50%.
Porqué entón, nunca ata 2010, se fixeron estes números, nin nunha beira nin na outra ...???
En maio de 2006, no Xornal de Notícias de Portugal, saía unha nota na que dicía que os socialistas galegos pretendían que A Guarda e Caminha se sentasen a clarificar as contas de explotación do transbordador.
Freitas como voceiro da oposición explicaba entón, "é necesario activar as conversacións entre os municipios" "é imprescindible recuperar o espírito que presidiu a unión fluvial", España e Portugal se rexen por un protocolo provisorio de explotación e é necesario definir un soporte legal dende o punto de vista financeiro de explotación do barco", pois di Freitas, "non se sabe se o Transbordador está pago", "lamento que A Guarda sexa un mero cofinanciador dun servizo do cal non é titular". Polo que, esixen ao PP gobernante na época, que ambos os dous concellos "revexan o protocolo que faculta a Caminha á explotación do servizo de transporte de bens e persoas" e desexan constitúase "unha asociación na que ambos os dous teñan as mesmas responsabilidades e beneficios"...
Despois de varios anos de goberno, catro deles de absoluto totalitarismo maioritario, non foron capaces de facelo...??? Fai o que eu digo pero non o que eu fago, verdade Fantásticos...???
Ademais, Luis Almeida na nota cita, "Diso despréndese que existe unha conta de 50 millóns de pesetas inmobilizados dende hai anos na cidade galega, eventualmente para apoiar os custos de construción do barco que se elevou a 143 millóns de escudos (xa amortizados en 2000), financiados en parte con fondos de Interreg."......qué pasou entón co diñeiro...???? haberá que resucitar a Houdini para que o encontre...???
Din nalgúns bares que algún alcalde investiu eses cartos en letras do tesouro...haberá que buscar a algún pirata para que encontre o cofre de Barbarroxa, ou acaso se perdeu nalgunha illa coñecida???
Existe este diñeiro nos presupostos de todos estes ano como ingresos...???, ou é que tamén diso téñense esquecido...??? misterioso verdade...???
En canto á area extraida da canle de dragado, sabemos que a lei española non permite a súa venda, en tanto que a portuguesa, autoriza que as dúas terceiras partes sexan vendidas co cal se producen uns ingresos interesantes, consideráronse estes ingresos como beneficios da explotación ou non...???, nunca nolo explicaron, só dinnos unha mañá que temos unha débeda con Caminha....pero non nos explican en que consiste, o famoso "pague e cale" vaia...
Segundo relata a Presidenta da Cámara Municipal de Caminha, nunha acta de pleno de abril de 2011, "ata 2010, nunca fora recoñecida a débeda con Caminha", e paréceme moi ben que se faga se é certo, pero sen comunicarllo ao pobo da Guarda señores Fantásticos...???, ao mellor estilo feudal...???, é acaso que a xente só serve para entregarlles o voto, pero non para que vós lles deades explicacións dos actos que facedes no noso nome...???
En abril deste ano, o noso Fantástico Maior, di: "Cando chegamos ao goberno municipal no ano 2007, e froito dá nosa iniciativa, empezamos a ter contactos co goberno de Caminha para os efectos de validar ás contas. No ano 2010 acordouse un plan de pagamentos:
Ano 2010, pagamento dá cantidade correspondente o ano 2008
Ano 2011, pagamento dás cantidades correspondentes ós anos 2009 e 2007
Ano 2012, pagamento dá cantidades correspondentes ós anos 2006 e 2010.
A nosa débeda pendente con Caminha, unha vez aboado o correspondente ao ano 2010, será de algo máis de 300.000 euros, correspondentes ós anos 2006 e 2007. "
Cabe recordar que a débeda que recoñece o noso ilustre Fantástico con Caminha non figura como tal nos PRESUPOSTOS presentados en todos estes anos, NON RECOÑECEN A DÉBEDA NOS PRESUPOSTOS, NIN FIXAN PARTIDA DESTINADA A PAGALA, se é verdade que xa fixeron algúns pagamentos, onde figuran...??? de onde saíu ese diñeiro...???
Os alcaldes que tivemos dende 1995 poderían axudarnos a descifrar este xeroglífico económico, porqué ningún di nada e xogan ao "oficio mudo"...??? Porqué non lles preguntamos...???
Sigo crendo mosquitos que o noso concello se converteu nunha estraña aeronave cunha caixa negra oculta.... pero... ONDE ESTÁ O PILOTO...???
12 comentarios:
Hoxe 9 de Maio, día da Victoria, temos algúns festexos na casa.
1º) Vemos que a información aportada por ASTERISCO JONES sobre que na contabilidade municipal non aparecen as ¿dédebas? con Caminha son certas. Ademáis, de existir tal débeda non é pola cantidade que dí Caminha.
2º) ASTERISCO JONES dí que o ano pasado houba unha modificación no orzamento municipal para pagarlle a Caminha unha importante cantidade: 130.000 ou 150.000€.
3º) Dende 2.007 ata hoxe temos os mesmos gobernantes; ¿tardarón 4 anos en saber que hai unhas cantidades que se deben a Caminha?; ¿cánto tempo van a tardar en cuantificala?, ¿outros 5 anos?,...
Isto chámase ineficacia, ineptitude, pasotismo,...
Non me gustou a foto que escolles para tratar este tema; era mellor un famoso fotograma da pelicula de Titanic, onde os namorados están na proa do barco e o rapaz levanta pola cintura á moza,... sonando a música de fondo (You open the door,..). Pero aquí tras un retoque fotográfico poñe-los rostros da alcaldesa de Caminha e do noso aldalde.
¡¡non te esquezas do 1º aniversario!!
Tranquilo amigo Jones que estou niso, o que pasa que estou buscando un bo fotógrafo para poñer a miña foto pero non atopo a ninguén e a que sae a facer fotografías pola Guarda está en Goián moi ocupada.
O tema do ferry xa FEDE. En novembro decia a Alcaldesa de caminha que se España non pagaba o dragado quedamos sin él, agora que se a debeda, esta parece a Angela Merkel, que deixe de torearnos, mais ven apostemos por o vial o un estudo de viavilidade e mandar o ferry para o carallo que esta xa moi anticuado e sale caro.
En canto a deuda que non aparece nos presupuestos, non e de estrañar, tampouco aparece partida para a Festa do Monte, sabran facer os presupostos?... claro que si, pero con cazo, por iso nos son claros, mais ven diría oscuro, negro, muy negros. Igual se invirten en Letras do Tesouro, que polo que sei e certo.
Oie, zzz mosquito, recorda que tes un reporteiro fotógrafo que ademais e naturalista.
Tes moita razón Bili o que pasa é que como eu non teño subvencións que darlle seguro que non me atende, como fae cando o chaman por algunha gaivota ferida....
Estoy asombrada por el tema del dinero de la recaudación del ferry, tienen una deuda enorme y no recuerdan ponerla en los presupuestos, pagan parte de la deuda y tampoco lo mencionan, aprueban los presupuestos y dicen que están perfectos, menos mal que ninguno de ellos es médico porque de serlo vamos por un dolor de oídos y nos operan de hemorroides.
El problema es que el jeque es profesor, habrá educado con la misma coherencia a sus alumnos?
ja ja ja cincuenta millóns de pesetas, son bastantes máis mosquito que desapareceron polo visto o mellor dito non vistos, máis os intereses destes anos, de cantos cartos estaremos a falar amigo? que digan onde están e qué fixeron con eles si estou equivocado, dende Puri para eiquí todos a dar contas.
O noso mártir fantástico é tan jeneroso que recoñece a débeda e sejuro que a pajará do seu peto como as multas das 21 licencias, din que o fae unha fae un cento si lle dan lujar e tempo, tempo tuvo todo o que quixo e mais e lujar o da sua casa rexeitada con trampiñas.
Se os outros mandamais non lle pajaron a Caminha porqwué este sinfronio foi de dadivoso a darlle os cartos do pobo?
Si tiña tanto apuro que llos dera do seu peto que joder!
Cós cartos dos demais todos somos moi xenerosos eh mister?
Bueno Mosqui, FELIZ CUMPLEANOS, CEN ANOS MAIS DE PRIMAVEIRA INFORMATIVA.
a mín o ferri que o deixe varado na Pasaxe o Alcalde, agora xa non ten donde tomalas chiquitas, pois a María marchou po Forte. Ollo piollo, pois pode dar outra espantada no tempo. Bueno, diso de dar espantadas, que fale a rubia, que sabe como se pecha unha empresa aproveitando o 1º de maio. ¡¡VIVA LA CLASE TRABAJADORA Y LOS REPRESENTABNTES DEL PUEBLO QUE LOS DEFIENDEN EN EL PARLAMENTO JALEJO!!
bUENO, Tendo como secretario privado e asesor político o Lambadas, ¡non ten problema! ¡Que San Roque, San Queitano e a del Carmen non lle contratan as orquestras, non hai problema! ¡Pregón do Monte o sábado, así fodemos os da Cruzada! ¡Fojos o martes, día do Serán, paulazo aos de San Roque! ¡Na Patrona dos mariñeiros, amagos e ameazas de facer denuncias en Portos de Galicia que pa algo ten carnet do PP e cea os venres no caseto ilegal ca Deputada e compañía.... Así da gusto ser juardés, pero de juante, do color non falo...¿Quen presume de telo Audi en Vigo arranxando e todos o miramos precintado? Si.Si, ese no que estas pensando, e non imos falar dos pinos que faltan, ese é outro capítulo....Dín que o que máis manda no Concello, o Ex-Presi, contratou o Romerales para facer as investigacións.
Na próxima, falaremos da cobertura televisiva que dende Boca Chica, van facer dos actos de exaltación a la Jefatura Cultura Guardesa, van facer do Ajuardienteiro, ata van a cambiar de fecha o Pleno Municipal, para que o Alcalde póñalle o Medallón, non sabemos si de pedra ou de bronce, pero a intención é fondealo.
Tal y como están las cosas, hay que andar con cuidado, no sea que secuestren el ferry en medio del rio, y nos pase como el Santa María con Galvao que lo entregó en Brasil. Hay que empezar a acostumbrarse y viajar por Goyan, pues nos dolerá menos cuando Caminha diga que hasta aquí llegó y Rajoy diga AMEN. Al PP le interesa tanto el Ferry como a mí la ecología del Neno convertido en periodista y fotógrafo oficial de los actos del PSSSSSSSSOE. Ahora ya no le pueden pagar el café en El Pasaje. Toniño, cerró la Estación y María se mandó a mudar, vigila no sea que pisa la flor de toxo y cometa un atentado ecológico. Ella tendrá cuidado con los lagartos y los reptiles que se arrastran ante el poder. Pero ese es otro tema.
¡Que alegria, vamos a volver a los años jóvenes, vuelve la ZIZITA! solo falta que digan que ponen la frontera, y volvemos al contrabando. Para saber del dinero, tenían que poner encima de la mesa, el dinero que dió la U.E. para construir el ferri, cuanto aportó el gobierno portugués y español para las instalaciones, y quien se PAPO el dinero de la arena, de eso sabe mucho Antonio Cividanes y Valdemar Patricio, y despues cuanto personal tiene Caminha y cuanto La Guardia, y a partir de ahí hacer los númweros, y si no cuandran, montamos los viernes culturales actuando en esta banda del río, la alcaldesa cantando fados y en la otra orilla, el San Pancracio cantando cantigas de cego para explicar las multas y sus licencias que de tanto estirarlas, están reventando en los juzgados y solo le dan para lloraderas y pases por taquilla a pagar las multas. Bueno, hasta otra. Ah, se me olvidaba, los judios tienen el Muro de las Lamentaciones y el Lambadas la barra del Arruaz.
Publicar un comentario