O 30 de xaneiro de 2010, aparecía a primeiro nota escrita por este Mosquito Capón.
Grazas a un moi bo amigo, quen tivo a xentileza de publicala no seu Blog, sen descubrir nin preguntar nunca a miña identidade, comezaron a esbozarse pola Guarda as picaduras dun mosquito solitario, cuxa única intención era intentar chegar aos demais coas súas opinións e reflexionar sen cores nin bandeirolas políticas sobre a realidade que nos toca vivir día a día...
Así apareceron 24 notas críticas da realidade e acontecementos de cada momento, sempre dende a particular óptica deste mosquito capón.....e con elas moitos comentarios, algúns acertados, repletos dunha intelixente ironía e esbozos de sarcasmo, outros, ademais de malintencionados, traizoeiros, esquizoides e ateigados de erros ortográficos, non eran máis que fétidas pinceladas de escatolóxicas frases insás, cuxa única intención era difamar sen importar a quen...
A partir dese momento, decidín facer o meu propio blog, para dende aquí responder e publicar soamente comentarios de seres racionais. Deste modo non poñería a ninguén na difícil situación de ter que ler semellantes incoherencias ou peor aínda ter que publicalas...
Dende ese día, o 14 de maio de 2011, pasou exactamente un ano... no que o número de mosquitos nos reproducimos a Deus grazas, de modo exponencial...isto significa que cada vez somos máis os que opinamos sobre o facer ou desfacer dos que din gobernar este pobo, aínda que tamén daqueles que aínda que queden fora da casa grande buscan un e mil sumidoiros por onde infiltrarse....
Din que o poder corrompe, eu añadiría...sempre e cando un teña no seu haber xenes pútridos...claro que "xente desta ralea" haberá sempre...
Levo escritas e publicadas a día de hoxe 88 notas, e encantaríame ésta forza a última, sería porque está funcionando todo tan marabillosamente ben que este mosquito debe chamarse a silencio, pero lamentablemente, non creo iso aconteza...
Na súa maioría os mosquitos pican xente, en Grecia foron tan difíciles de controlar que causaron a evacuación de cidades, na Guarda, din que enviei algúns ao psiquiatra de Goián, aínda que eu creo non son tan milagroso...
Celebremos entón mosquitos que dende hai un ano, no que recibín 14600 visitas a esta páxina, moitos comezaron a zumbar....motivo polo que máis dun busca mosquitos onde só hai pulgas....cada día somos máis, zumbaremos cada vez máis forte e máis preto, ata que as cousas se fagan como se debe....
Felíz Primer Año xuntos Mosquitos
3 comentarios:
parabéns meu amigo Mosquito, non te preocupes polos que falan de ti, é que non teñen nada que facer ou que non saben qué facer có tempo morto que teñen.
parabéns meu amigo, e sigue así dándolle caña a estos conxuradores de augardente e pouco máis, porque de políticos teñen ben pouco
FELCIDADES E PARABENS PARA VOCÉ.
Creo que vas a ter que seguir picando; pois se lembras a gran obra dramática de Hamlet; hai un intre no que Hamlet di: "There is something rotten in Denmark" (Hai algo podre en Dinamarca); só que neste caso a nosa Dinamarca, é unha casa que hai na Praza do Reloxo.
Pero na mesma obra, hai un persoaxe chamado Polonio, e en certo intre dí: "que para peixes de verdade, bós son os amozelos de mentiras."
Pois iso, para os problemas de verdade que ten o noso pobo, ainda non fai un ano moitos pregoaron moitas mentiras baixo a figura retórica de promesas electorais.
Agora xa temos os peixes na patela (os votos dos incautos que confiaron en nós), pois esperar 3 anos, para largar un novo palangre cheo de amozelos de mentiras, con carnada imaxinaria e ben fresca.
Xa que hoxe estamos con Hamlet, remataremos con outra frase da mesma obra: "Presta oído a todos, pero a poucos a túa voz; recibe a censura de todos, pero reservate para ti mesmo o teu xuizo".
Publicar un comentario