Dende onte, está a circular polas redes sociais con infinidade de comentarios (nin un só bo por certo), a noticia de que Rosalía de Castro resucitou da man dunha "poetisa" guardesa...
Antes de escribir esta nota, verifiquei exhaustivamente a poesía á cal se fai referencia, e para o meu asombro, descubrín que era absolutamente certo todo o que alí se dicía.
Verso a verso evidénciase como "a autora" en cuestión foi copiando ao noso referente galego da literatura e facendo unha mestura de pote de varias poesías, se apropiou da creación dunha celebridade literaria falecida...
A pesar de que a devandita señora, pola súa idade, non pertence á xeración do "copia e pega" (igual cá min), parece que se enxeñou como para armar algo case coma se dun crebacabezas se tratase, unha poesía dedicada á Virxe do Carmen (miúdo regalo á Virxe!!! ante todo esqueceuse....cómo era ese mandamiento...??? ah..NO ROBARÁS!!!!)
Tomar prestadas as ideas e o traballo doutros chámase PLAXIO ou ROUBO INTELECTUAL.
Como delito que é, está contemplado no Real Decreto 1/1996 (BOE22-4-1996) texto refundido da Lei de Propiedade Intelectual.
No Código Civil, artigos 10.4, 428 e 429.
No Código Penal, artigos 270, 271 e 272, "será castigado coa pena de prisión de 6 meses a 2 años...quien con ánimo de lucro, ou en perjuicio de terceiros, reproduza, distribúa ou comunique públicamente en todo ou en parte unha obra literaria, artística ou científica....sin a autorización dos titulares dos correspondentes dereitos de propiedade ou dos seus concesionarios... "
Se ben a nosa Rosa-lía, ou toxo guardés das letras, non cometeu este roubo intelectual con fins de lucro, si intentou gañar prestixio social e literario local apropiándose indebidamente do traballo doutro... (e xa creo que o gañou, pero máis ben DES+PRESTIxIO)...
Ademais afectou a todos aquell@s que dedicando horas das súas vidas a ardua tarefa de escribir, se ven así desacreditados ao compartir as páxinas do libro no que sae publicada a carnavalada poética desta señora...
O plaxio, neste caso, ademais de covardía, é tamén estupidez ou soberbia desmedida.
Covardía, porque supuxo que ao ser unha persoa falecida, ninguén diría nada. Pero estupidez, porque, señora miña..., non se andou vostede con chiquitas!!!, apropiouse dos versos nada menos que da nosa Rosalía... creu acaso que ninguén a lera nunca, soamente vostede? creu que ninguén o notaría?, por tan incultos tennos vostede os guardeses?
Considero pola miña banda, que cada un de nós dende os nosos diferentes lugares, debemos combater situacións como estas, xa que ademais de delituosas, son profundamente inmorais.
Actuouse, dun xeito totalmente descarado e deleznable, publicando unha "falsedade poética" nun libro dunha comisión de festa relixiosa.
Ao saír do meu abraiante asombro, cábeme reflexionar....ante unha evidencia de plaxio semellante, que farán as diferentes persoas ou entidades relacionadas co tema?
-que pensa facer ao respecto o noso Concelleiro de Cultura?
-que farán os distintos partidos políticos que moitas veces ata se fan eco de noticias de Armenia?
-que medida tomará particularmente o BNG, xa que ultraxaron o seu icono idiomático literario por excelencia?
-que accionar terá neste caso a Asociación Cultural Guardesa? Outorgaralle quizais o premio das letras galegas do próximo ano?, (o premio Feliciano Rolán xa llo deron..!!!)
-que decidirá facer a Comisión de Festas da Virxe do Carmen que publicou no seu libro "tan belo poema"? Sentirase estafada ou enganada acaso?
-alguén terá o suficiente como para tomar as medidas legais oportunas? Ou serán todos "capóns" coma min?
Miúda primeira dama local esperábanos se o seu esposo chegaba á alcaldía!!!!
Finalmente se Rosalía lle enviase unha mensaxe á "señora" en cuestión...probablemente recitaríalle estes versos seus...
.”NO SUBAS TAN ALTO, PENSAMIENTO LOCO,
QUE EL QUE MÁS ALTO SUBE, MÁS HONDO CAE...”
Rosalía de Castro y Murguía