Cunha economía á deriva...un goberno conservador atordado... unha deterioración socio laboral impactante.... un sistema bancario ao bordo do colapso... unha elite empresaria inmune e unha política de austeridade (como denominan ao que se coñece como axuste neoliberal, "só para os pobres"), inténtannos vender a "Marca España".
Neste vivir sen dirección, participan destacadamente políticos do PP e do PSOE, posto que en España funciona moi aceitada a famosa "porta xiratoria", onde se confunden intereses públicos e privados de forma permanente.
Funcionarios en postos clave do goberno de Rajoy participaron antes en consellos de administración de conglomerados españois. Cando deixen o cargo aspiran volver á actividade privada.
O ex presidente do goberno do PP, José María Aznar cobra 200 mil euros anuais como asesor de Endesa, que en Arxentina manexa Edesur, entre outros investimentos.
O ex presidente do PSOE, Felipe González foi contratado por Gas Natural, controlada por Repsol, para que exerza a tarefa de lobbista por 126 mil euros ao ano.
A lista é longa de ex funcionarios que hoxe son parte de compañías privadas; e de ex executivos de grupos españois que hoxe son funcionarios.
O estalido da burbulla inmobiliaria deixou ao descuberto o disparate dun mercado alimentado por un frenesí crediticio financiado por un sistema bancario sobredimensionado. España logrou o record de ser un país con máis vivendas construídas que familias.
Moitos dos que se endebedaron para comprar as súas casas, hoxe non teñen traballo, cunha taxa de desemprego próxima ao 25 por cento, que se eleva a case o 50 por cento nos mozos, e non poden pagar o crédito, dun importe hoxe máis elevado que o valor actual da vivenda, que a remataron perdendo ás mans dos bancos.
Ou sexa, non teñen traballo, quedaron sen casa e coa débeda.
España mantense a flote porque a Unión Europea avalía que un default desa débeda ten un custo maior para o euro que continuar coa asistencia que lle está a proporcionar o Banco Central Europeo.
Mentres tanto, nós, españolitos da pé, mirando cara ao horizonte coma se dunha película se tratase..., sen ter a coraxe de intentar darlle a volta á situación, porque aínda que os que nos deberían representar nos virasen as costas nós deberiamos ir de fronte....
Os que como no meu caso, peiteamos canas ("peiteamos" algunhas veces é imaxinación), encontramos cada día maior similitude entre a España actual, e a da posquerra.....
-regresión no terreo económico.
-apoio á oligarquía e os grupos financeiros e industriais relevantes
-mingua dos dereitos laborais, con restricións e sen garantías.
-degradación dos municipios rurais
-poboados chabolistas nos arredores das grandes cidades receptoras de poboación
-división aínda máis férrea entre a clase popular, condenada a unha pobreza máis ou menos asumida, e unha clase media-alta
-perda do poder adquisitivo
-corrupción xeneralizada
-sindicatos esvaecidos, sen respaldo e credibilidade social
-emigración por falta de horizontes e traballo
"Nin un fogar sen lume, nin un español sen pan" rezaban algúns dos folletos propagandísticos do bando nacional daquela. A realidade era, desgraciadamente, moi diferente.
A fame, a pobreza e o desespero causaban efecto nunha poboación que optara por gardar silencio.....tal vez como ahora...???
Inténtannos distraer primeiro coa copa Europa....ahora coas Olimpíadas.....mañán con algo sobre Belén Esteban...qué máis da....o importante é que sempre esteamos a mirar cara a outro lado....
Coidado....., demasiadas similitudes aterran.....verdade Mosquitos...???
Lembrade.....
La España de charanga y pandereta,
cerrado y sacristía,
devota de Frascuelo y de María,
de espíritu burlón y de alma quieta,
ha de tener su mármol y su día,
su infalible mañana y su poeta.
El vano ayer engendrará un mañana
vacío y ¡por ventura! pasajero.
Será un joven lechuzo y tarambana,
un sayón con hechuras de bolero;
a la moda de Francia realista,
un poco al uso de París pagano,
y al estilo de España especialista
en el vicio al alcance de la mano.
Mas otra España nace,
la España del cincel y de la maza,
con esa eterna juventud que se hace
del pasado macizo de la raza.
Una España implacable y redentora,
España que alborea
con un hacha en la mano vengadora,
España de la rabia y de la idea.
Antonio Machado (sen plaxio)