sábado, 18 de agosto de 2012

FESTA DO MONTE 2012


Non sei como andará o persoal Mosquito da Guarda...pero este Mosquito Capón sofre aínda a resaca (e non etílica) dunhas festas do Monte un tanto “diferentes”....

Comezando pola comisión de festas, que tivo (segundo se queixan por todas partes) só tres meses para organizar todo (acaso non o sabían cando se fixeron cargo...???), dicir que a poucos días de comezada a festa xa había membros da Xunta Directiva que estaban ata os mesmos celtas de ver como uns traballaban e outros miraban ao castro....algunho xa comentaba a quen o quixera escoitar que (aínda non rematada a festa) xa non pertencía á comisión.....outros adestrábanse en carreira e espionaxe para ver se así non se lles seguían escapando os dos quioscos sen pagar as taxas respectivas, algunhas das cales ao domingo do Monte aínda non foran abonadas....outros  dicían que eles non pagarían polas súas terrazas xa que traballaran demasiado para a festa.....unhos  poucos falaban que as 24 horas non eran de descanso pero que o seu xefe horario así llo tomara para poder abastecer de alcohol non autorizado en todo o que fixese falta....en fin un rolo patateiro que nos augura para o 2013 un Centenario do Monte nun equilibrio perigoso....

Seguindo por un desfile de traxes rexionais no que moit@s luciron o noso traxe típico con orgullo e minuciosamente preparado nos seus detalles, mentres que outras, como o fan sempre, saíron disfrazadas de galegas 2012, ao mellor estilo Cibeles dá Juarda,(tacóns, gafas de sol de marca coñecida, melenas leoninas ao vento, bolso á cintura...), en fin galegas xeito novo ou new age, o que non significa en ningún caso típico e rexional, senón máis ben ridículo, propagandístico e históricamente cutre....cando nosas galegas da época irían co cabelo sen recoller..??? nunca señoras miñas...!!!, se tedes cartos para o traxe, xuntade uns cantos máis e comprarvos un libro que vos instrúa sobre a nosa cultura e historia...que polo visto o precisades e moito....mirade como van vestidas as dos grupos de baile e vos decataredes tamén da diferenza....ou podedes achegarvos á asociación do traxe que seguramente vos asesorarán axeitadamente e para o centenario podedes ir vestidas orgullosamente de galegas e non como nunha comparsa de carnaval...escoitei algunha vez que o diñeiro non dá intelixencia...e esta é unha pequena mostra....

Continuando coas bandas, algunhas que ao meu parecer enxalzan a festa e outras que paradoxalmente ao mesmo tempo a menosprezan..., preparan os seus atavíos, ensaian os seus ritmos, organizan as súas marchas, para despois de pouco tempo de ter saído desprestixiar o seu propio desfile con piricas furibundas dalgúns dos seus membros, os que non chegan ao porto a menos que algún dos seus compañeiros lles faga de can lazarillo....outras pola súa banda dan exemplo de alegría, bo facer, organización, e fundamentalmente son reflexo do espírito que creou as bandas da festa do Monte.....amig@s o desfile do sábado non é o domingo do monte nin a desfeita, a ver se algunha vez nos poñemos de acordo co tema....despois non nos queixemos cando por aí adiante falan da nosa festa como a do viño e o desmadre....

Pero a parte máis desastrosa viviuse o domingo do monte, e en varios aspectos....concordo có meu amigo Paco Jones foi escabroso ver como adultos, relacionados coa educación, e representantes políticos locais, facían xurar a nenos con viño...toda a miña repulsa visceral para este tema... (non me vale o de era un traguiño..., amigo, edúcase co exemplo, e isto te retrata....), pero isto dá para un capítulo aparte que xa comentaremos...


Por outra banda, esgazámonos as vestiduras falando de que debemos coidar o noso patrimonio cultural, de que dende Madrid non nos fan nin caso para seguir coas escavacións do Monte, de que é unha xoia histórica a que temos tan preto, unha Put...Mier...., todo iso para logo ir e plantar como toxos a cadeira dentro das casas e usar o castro a como de lugar, señor@s que o tedes feito...pedide desculpas públicas pola vosa curta intelixencia e menosprezo á cultura, sodes máis cavernícolas que os de Altamira, irvos para alá para sentirvos máis preto de casa...é que acaso precisades que se vos estea a vixiar como noutras épocas para respectar o que é patrimonio de todos...???

As fotos foron publicadas en galiciasuroeste, pero a esta "xente" debería caerlles o repudio do resto do pobo por indecentes... non sobra lugar no monte para poñer a mesa e a comida...!!! 

vaia paifocos que temos, por Dios...!!!

Continuará....





5 comentarios:

disionario ensiklopediko dijo...

as tuas son verdades coma puños...que mais podemos dicir...sin ti Mosquito a vida sería menos picante...

anónimo da juarda dijo...

jajaja non sei si rir ou chorar, porque todo o que dis é certo, espero ansioso o teu comentario sobre a falcatruada do xanciño, vaia concelleiro que temos

PACO JONES dijo...

Nos días festivos do Monte, notei que este ano a ciruclación do tráfico era máis fluida, tanto nas horas que un marcha para o traballo, nas que chega do mesmo, nos arredores da festa, nas zonas de praias,...

Unha noite conversando nunha terraza, fixen este comentarios ós meus amigos, e unha deles con certa gracia explicou unha posible causa da mellora do tráfico:

"Dado que a Policia Municipal está en mínimos, e agora non queren facer horas extras, ademáis a comisión de festas xa non é o grupo de goberno,... pois a presencia da Policia Municipal é moito menor nas rúas, sobre todo nas horas de máis tránsito. Conclusión: para circular ben polo noso pobo a presencia da Policia Municipal non é necesaria."

Esta conclusión deixoume bastante descolocado e pensativo,... levo varios días matinando nisto, e cada día doulle máis visos de certeza.

descendiente del castro da A Guarda dijo...

Los Guardeses y la gente del Baixo Miño no dan valor a la gran riqueza que tenemos al tener un poblado galaico y grabados rupestres (petroglifos) en la zona, no los cuidamos, protegemos y publicitamos.

Tienes razón mosquito durante la fiesta del monte mucha gente estaban comiendo, sentados y de fiesta sobre el poblado del castro (muros, casas, grabados, etc...), esto es un crimen. Hay alternativas la zona de la casa forestal y alrededores en vez de ser un parking prepararlo con mesas, toldos y arboleda para comer. La gente que va a la fiesta arriba al monte deben ir todos en coche, porque parece más una fiesta de coches, antes no era lo mismo y subían muchas más personas.

Los ayuntamientos del Baixo Miño deben fomentar mas la conservación y turismo de este legado, con la colaboración de la Universidad de Santiago.

A.A.A. da Guarda dijo...

Estoy a espera de los nuevos capitulos mosquito, con las noticias que te ha dado Paco Jones este septiembre va ser muy movido na Guarda. Lo del BNG es muy fuerte como le gusta salir en las fotos por cosas de política y del ayuntamiento, ahora será en las fiestas,si va ser de esta manera.
Bebendo
Nao
Ganho