sábado, 8 de septiembre de 2012

CADEA SOLIDARIA DE TRABALLO


"Asturias patria querida" está en festas, eu aquí lonxe da Guarda, en Covadonga e non na Guía, motivo polo cal síntome un pouco desconectado dalgúns acontecementos do noso pobo....pero non tanto como para non opinar daquilo que me pareza interesante.....


Hai algúns días lin nun xornal que concelleiros do PSOE sacaron adiante en pleno extraordinario unha moción que obriga ao alcalde,Miguel García Maroto, do PP, a renunciar ao seu soldo e destinar o diñeiro a un Plan de Emprego para os parados do municipio de Loranca de Tajuña.


Pareceume moi interesante a proposta, o único que me deixou un tanto desconcertado foi ver que esta medida nos parece loable e merecedora de estima cando é proposta e votada por concelleiros do PSOE si están na oposición, pero si están no goberno como é no caso da Guarda, mellor nin facemos comentarios...

O noso benemérito e case canonizado San Pancracio-alcade local podería facerse eco dos seus colegas de partido da provincia de Guadalajara e así como pagou as multas co seu salario para axudar a “uns poucos guardeses”, tamén poderían el e a súa banda doar os salarios e contratar para traballar no concello a “moitos parados locais”....

Ademais, o resto de concelleiros tanto do PP, BNG e CG (TODOS ELES CON TRABALLO, grazas a Deus), nun acto de solidariedade con todos os votantes locais, poderían doar o que cobran do Concello por asistencia aos plenos e comisións para asi crear emprego e axudar a familias locais que o están pasando verdadeiramente mal, pero axudar con TRABALLO DIGNO, non con parches de dádivas de comida ou roupa..., o traballo dignifica a quen o realiza e máis aínda a quen o proporciona.....


Concelleiros da Guarda, poderiades solidarizarvos cos vosos concidadáns e xa que todos cobrades salarios polos vosos respectivos traballos, doar os vosos cobramentos como concelleiros para soster emprego local...non dicides sempre que a política é a arte de poñer en práctica unha ideología....???, soa bonito nos discursos pero levalo á práctica parece resultarvos máis difícil...especialmente cando non se trata de dar emprego a amiguetes ou partidarios con carné......


Hai familias no noso pobo con todos os seus membros no paro, mentres que outras lograron “milagrosamente” ser contratados para desempeñar distintos postos de traballo do concello, casualidades da vida din algúns... .....servil clientelismo e favoritismo partidario dicimos outros....


Espero señor@s concelleiros que algún de vós se sinta tocado por estas palabras e leve como moción a pleno esta proposta en beneficio  daqueles guardeses que vos levaron a ocupar o sitio no que estades e no cal percibides diñeiro dos contribuíntes....