sábado, 8 de septiembre de 2012

CADEA SOLIDARIA DE TRABALLO


"Asturias patria querida" está en festas, eu aquí lonxe da Guarda, en Covadonga e non na Guía, motivo polo cal síntome un pouco desconectado dalgúns acontecementos do noso pobo....pero non tanto como para non opinar daquilo que me pareza interesante.....


Hai algúns días lin nun xornal que concelleiros do PSOE sacaron adiante en pleno extraordinario unha moción que obriga ao alcalde,Miguel García Maroto, do PP, a renunciar ao seu soldo e destinar o diñeiro a un Plan de Emprego para os parados do municipio de Loranca de Tajuña.


Pareceume moi interesante a proposta, o único que me deixou un tanto desconcertado foi ver que esta medida nos parece loable e merecedora de estima cando é proposta e votada por concelleiros do PSOE si están na oposición, pero si están no goberno como é no caso da Guarda, mellor nin facemos comentarios...

O noso benemérito e case canonizado San Pancracio-alcade local podería facerse eco dos seus colegas de partido da provincia de Guadalajara e así como pagou as multas co seu salario para axudar a “uns poucos guardeses”, tamén poderían el e a súa banda doar os salarios e contratar para traballar no concello a “moitos parados locais”....

Ademais, o resto de concelleiros tanto do PP, BNG e CG (TODOS ELES CON TRABALLO, grazas a Deus), nun acto de solidariedade con todos os votantes locais, poderían doar o que cobran do Concello por asistencia aos plenos e comisións para asi crear emprego e axudar a familias locais que o están pasando verdadeiramente mal, pero axudar con TRABALLO DIGNO, non con parches de dádivas de comida ou roupa..., o traballo dignifica a quen o realiza e máis aínda a quen o proporciona.....


Concelleiros da Guarda, poderiades solidarizarvos cos vosos concidadáns e xa que todos cobrades salarios polos vosos respectivos traballos, doar os vosos cobramentos como concelleiros para soster emprego local...non dicides sempre que a política é a arte de poñer en práctica unha ideología....???, soa bonito nos discursos pero levalo á práctica parece resultarvos máis difícil...especialmente cando non se trata de dar emprego a amiguetes ou partidarios con carné......


Hai familias no noso pobo con todos os seus membros no paro, mentres que outras lograron “milagrosamente” ser contratados para desempeñar distintos postos de traballo do concello, casualidades da vida din algúns... .....servil clientelismo e favoritismo partidario dicimos outros....


Espero señor@s concelleiros que algún de vós se sinta tocado por estas palabras e leve como moción a pleno esta proposta en beneficio  daqueles guardeses que vos levaron a ocupar o sitio no que estades e no cal percibides diñeiro dos contribuíntes.... 

25 comentarios:

un dijo...

en las contrataciones del ayuntamiento, se realizan por medio de exámenes de acceso, los cuales los corrigen los propios funcionarios, como ocurrió en las pruebas del grumir de este año, el caso es que quien examina suele ser el padre de alguno de los candidatos.

XULICA dijo...

¡¡QUE GUAY DEL PARAGUAY!!
Amigo Mosquito, ¿Tu piensas que Miguelito, San Pancracio y el de la Saladina son tontos o que? ¿Para que tienen a la Estreñida, si nos es para hacer las cuentas aunque sea mal? Lo importante es que tengamos dinero para los salarios, el resto, la chusma, los proveedores, los chapuzas, que esperen y según como se porten, así recibiran en tiempo y cantidad fraccionada lo que se les debe. ¡¡Al que proteste, ni agua!
Estoy de acuerdo contigo, pero en plan democrático, que sea cierto de que el pueblo tiene la palabra. ¡¡¡QUEREMOS UN REFERENDUM SOBRE SALARIOS MUNICIPAIS!!! Primera pregunta popular, ¿Se merece el Pauli el salario que tiene? mi voto es NO, pero ¡¡habla pueblo, habla!! ¿os acordais de esta canción en la transición? ¡¡Donde va que el pueblo no habla con libertad!! ¡¡QUEREMOS UN PLEBISCITO PARA PAGAR O QUITAR EL SUELDO DEL DE TRAFICO!! estoy convencida que este asunto tiene bastante miga. Leí hace poco, que La Guardia estuvo mucho mejor en el tráfico rodado durante las Fiestas del Monte cuantos menos Policias lOcales estaban en la calle. El único punto discordante, eran las cacerías del Super-Agente, convertido en Jefe de Policia, su colección multas a guardeses fué descomunal, intentaré averiguar cuanto le dan de sobre-sueldo por sus sacrificios por la Patria (mejor sería por la cartera) CUENTA CON MI APOYO SI SE HACE LA VOTACION DEL SUELDO DEL PAULINO

Ribadavila independiente xa dijo...

Querido Mosquito

No dejas de sorprenderme por tu candor e ingenuidad.
La pregunta que te haces ya ha sido respondida hace tiempo y su respuesta es un contundente NO. CATEGORICAMENTE NO.
Como sabrás una cosa es predicar y otra bien distinta es dar trigo.
Por que ellos sirven a “o pobo” y ante tan pesada carga, que ellos nunca querían asumir pero su más alta conciencia del deber les ha obligado aceptar. Pero que conste que ellos no quieren semejante penitencia. En consecuencia por su gran sacrificio en bien de la comunidad, y eso que son ateos, los ciudadanos de este pueblo en vista de tanta abnegación y sacrificio , en un acto de excelsa magnanimidad los recompensamos con una buena dávida, entiéndase sueldazo, que de ninguna manera compensa tanto sacrificio y honor que nos hacen. Gracias. Por eso ahora son unos santos varones y van tanto a misa. Hay, si Pablo Iglesias levantase la cabeza.

No hace tanto que el señoriíto del Sr. alcalde y su corte debatieron, de forma vergonzante, ya no donar su sueldo sino rebajárselo un poquito.
Tardaron tres meses en poner a funcionar la legislatura hasta que consiguieron, con la aquiescencia de la supuesta oposición, aprobar unos buenos salarios.

Yo considero que esta gente debería ser renumerada en función de su valía y la sunción de responsabilidades. Es como se procede en el sector privado.
Como los políticos nunca son responsables de nada. Según ellos el caos en que estamos sumidos no es por su mala gestión sino culpa de los demás, son como niños, y como la valía de muchos de ellos es poca por no decir nula. Me gustaría saber como es posible que nos gestiones gente que es poco más que analfabeta?
Eso sí alguno en buena tradición se le ve cargado de papeles y un montón de bolígrafos bien visibles.

En con secuencia creo que su sueldo debería rondar cerca de los CERO € y creo que estoy siendo generoso puesto que la mayoría con el simple hecho de poder figurar ya estarían más que recompensados.

PACO JONES dijo...

Estou moi perto da plena coincidencia con Ribadavila independiente.

Só que eu poría unha parte do salario en fixo, sinalado por Lei; iso si unha parte pequena (1,25 veces o SMI).
Logo o resto iría en variale en función da productividade, boa xestión administrativa: reducción da débeda municipal, axiliza-los pagos a proveedores,...

A proposta de referendo é como diría o Sr. Miguel Español moi populista, pero que non conduce a nada. Para ser máis prácticos están certas partidas do Orzamento Municipal onde están os soldos do Alcaldes, Tnet Alcalde, concelleiros con adicación,... Modifiquemos esas partidas do orzamento, e xa está.

Tamén estou de acordo có amigo Mosquito, que dado que na Guarda temos +930 veciños en situación de desemprego, faise necesario e urxente ter un plan de emprego para estes veciños. Reduci-lo soldo de Miguel, quitarllo ó Sr. Paulino á Sra. Montserrat, reducirllo ó Alcalde,... non consigues fondos suficientes para lograr este obxectivo.

Hai que ser algo máis ambiciosos; creo que lin no "Fora de Vigo" que o Concello de Vigo puxo en marcha un plan de emprego para 1200 veciños. Pois algo similar teremos que facer. A empresa adxudicataria das obras do Castelo de Sta. Cruz, ¿cantos desempregados vai contratar?, eu creo que isto nin tan sequera foi valorado pola mesa de contratación.

Este tema amigo Mosquito, é un tema moi duro de roer; teño amigos que levan varios anos no paro, xa non teñen prestación por desemprego, algúns nin axudas,... nin sequera paquetes de comida que doa o Concello.

Lembro que na semana do Monte, un coñecido comerciante e membro da Comisión,... dixo nun bar que hai traballos o que pasa é que a maioría dos parados son uns vagos e vividores,... alguen lle puxo un papel e un boli diante, para que escribira o nome da empresa, telefono, enderezo,.. onde había esas ofertas de traballos vacantes sen cubrir, pois estaba necesitado de traballo. O papel ficou alí en branco, ainda que máis branco quedou o protagonista.

Peña do Incienso dijo...

Xa terminou a Festa da Guia, e seguimos ca vixilancia por si desaparece a capela, non sexa que nun despiste, a vendan e construan un edificio. O rematar a procesión, D. Jesús mandou poñer unha cadena para que non desaparecera a Virxe.¿Quen vai pagar o pufo? Menos mal que o Sergio Pazos cobrou 15 días antes, senón ¡neboeiro! De todolos xeitos, que ande con cuidado, xa que vai quedar sen chollo, no palco tivo mais éxito o monologo do Bixurro que o do propio artista.
Hubo quen chamou a ambulancia, pois estaba moi preocupado polos puñetazos que se daba no peito o presi, iso sen contar a colección de bicos que repartiu. A todo iso, os bolsos dos pantalóns estaban inchados a mais non poder e co medo de que caíran na leira os cartos das poxas. ¡Non hai problema, se non hai cartos, xa pagaremos! e ollo a festa do Monte, po ano, SEIS DIAS DE FESTA NA GUIA, xa sacaremos os cartos da Diputación, diso encargase a Rubia, e se non se poden xustificar, que se apañe, e se ten que visitar Tui, é seu problema. O Presidente está por enriba do ben e do mal. Os fojos, este ano foi un aviso, po que ven, arre demo, TRES HORAS, a procesión, moi ben, foron todos (casi todos) os cordeiros do Concello. E hubo placas pa todos, asta para os que non estaban na festa. BISÇA BIXURRO

PACO JONES dijo...

Meus amigos, veciños, lectores do amigo Mosquito,... vendo a panda de inutiles que temos neste Concello, nos Concellos veciños, na Xunta,... E seguindo o consello da Angela Merkel, que actualizou aquela celebre frase do "landismo": ¡¡Pepe vente pá Alemania".

Imos cunhas pequenas clases de iniciación ó alemán.

ACH SO! (¡Ah, vale!) Pronunciase: ¡AXÓ! Frase moi útil cando por fin entes algo, hai que dicilo con entusiamo. Se pensades emigrar a Rusia para o mesmo dise: JARAXÓ!.

KEINE AHNUNG (Nin idea), pronunciase: KAINE ÁNUN. É a miña favorita cando empecei a aprender alemán... a a maís úitl.

ICH GLAUBE SCHON (Creo que sí) Se pronuncia: IJ GLAUBE SHON. Nada que explicar disto...

NEIN, WIRKLICH? (¡Non! ¿En serio?)
Pronunciase: NAIN, VEK-LIJ?.

Para aqueles que estudiamos Latín, é moi aconsellable voltar a practica-las declinacións, pois estes idiomas do centro e do leste de Europa hai que declinar: nominativo, dativo, acusativo,...; 7,8,9 vocais, moitas consonantes, fortes, debiles, funcionalmente fortes,...

Falando en serio, ainda que sexa como pasatempo, aprendede outros idiomas; así que ata logo, en ruso, ucraniano, polaco, dise DO POBACHENIA! (¡do pobacheñia!). Lamentablemente para min, o meu tío-avó SOVIETICO JONES dí que calquer burro rebuzna mellor ruso do que eu falo, ¡hai que practicar máis!

fielato dijo...

Quien habla que no hay grandes cerebritos en este pueblo? Tres días después de rematar los actos de la fiesta del Monte, el que manda de verdad, el que gana los cuartos de verdad, el espabilado de verdad de la Comisión (léase LOLILLO LAMBADAS) invitó (como no podía ser de otra forma, ya que el ganador era él) al resto de la Comisión y Colaboradores a una papada en el Bernardez, dicen que rindió cuentas con un superavit im presionante y ya anunció la mitad de las contrataciones para el año que viene. ¿Cuando nos va a presentar las cuentas a los vecinos? era función se la dejará al tonto útil de presidente para que esté contento m onte la terraza y se marche la tómbola sin pagar. ¿Los de la comisión que tienen negocios en la Alameda, pagarían la ocupación de espacio público, o iría por las ánimas a cambio de su gran esfuerzo en la organización de las fiestas? Alguno presume que no puso ni piensa poner un duro, y si no preguntar en los que tienen nombre de club de futbol.¡¡Hay más!!

RADIO MACUTO dijo...

TEMA DE INVESTIGACION Y DEBATE

QUE PASA CON LA RUBITA EN LAS LISTAS ELECTORALES DEL PARTIDO POPULAR POR PONTEVEDRA

Do-Re-MI dijo...

Ji,ji, ji,…la rubita no está allí…..
El Partido Popular acaba de anunciar su lista electoral por nuestra provincia, y la que más molaba, la más guay del Paraguay, la Sirley Temple local, F U E R A, no la llevan para que recunque. No la salvó ni la caridad, ni los discursos de la Tita en plan locutora de la “V” (no equivocarse, es la 5), donde están las mejores, no en una tele de aldea donde está la del “chumbo fundido”
Como se despiste la RUBITA, le van a dar un golpe casi parecido al que le dio al abogado en su día, (bueno, dicen que lo que es igual no es trampa) ya en estas tuvo que ir a llorarle al presidente provincial en el Campo de la Mata para que no pusiera de cabeza al futbolero de los seguros en la Almeda.
Dicen que hay algún exconcejal que quiere volver y está sponsorizando todo lo que le cae a mano, imitando a su viejo amigo y exalcalde, -a aquel no le salió muy bien el invento, ya veremos que pasa cuando toque- porque está peleado con la Tita y no puede ver a la sobrina, y espera “barrerla” cuando salgan nuevas propuestas de encabezar la candidatura pepeira. ¡¡mal te veo conexo!!

PACO JONES dijo...

Luns 17 de Setembro do 2.012, xuntase o Pleno da Deputación de Pontevedra en sesión extraordinaria para coñece-la renuncia dun deputado do PP, que vai ser candidato a deputado nas vindeiras eleccións do 21 de Outubro. (Vai pasar de chupar dunha teta, a chupar doutra).

Os tres grupos políticos votan a favor da sesión extraordinaria, a cal dura pouco máis de 8 minutos. ¡¡CADA DEPUTADO PROVINCIAL VAI COBRAR 478€ POR 8 MINUTOS DE "TRABALLO"!!

Neste caso, estes políticos privinciaís COBRARON A 59,75€ O MINUTO DE "TRABALLO". A isto hai que engadir que moitos son concelleiros e alcaldes con adicación exclusiva.

No tempo de fumar un pitillo, estes 27 deputados provinciais cobraron o que se lles nega a moitos parados.

Aquí nin PP, nin PSOE, nin BNG votaron por renunciar a este diñeiro,... UNHA COUSA É O QUE PREDICAN, PERO LOGO CANDO SE TRATA DE DIÑEIRO PARA ELES, ¡¡AQUÍ NON AHI RECORTES!!

O vindeiro 21 de Outubro, votade a quen queirades. Pero tende ben craro que o único país que defenden os nosos políticos É A SÚA PROPIA CARTEIRA, ¡¡QUE NINGUEN A TOQUE!!

¡¡¿¿SON ESTES OS QUE VAN ARRANZA-LA CRISE QUE VIVIMOS??!!

RADIO MACUTO dijo...

Hola, amigo MOSQUI!
Sería bó, que fixeras un pequeño analise sobre o peso de A Guarda na política comarcal e autonómica. ¡¡¡CERO PATATERO!!! ¡¡¡nin aparecemos!!! ¡Manda truco na Habana! Non somos bós nín valemos un PATACON para ningún partido, da igual que sexa de Madrí ou de Santiago, ¡¡¡A Guarda, CACA DE LA VACA!! ¿Dónde están os pesos pesados do XOE(r) ¡vaia tropa! Os do José (na intimidade pepé) ou os do BENEJE, jé jeje… nesta nin mollamos, a única esperanza era a da Rubita promocionada pola Tita (como dí algún) comentarista da “V” (5).
Sempre pensei que o Noso José Manuel faría un esporzo polos séus (debe estar preocupado porque o séu invitado espcial da Festa da Logosta está no trullo) e o noso Xanciño e séu garrafón estaría abonado nos do NON, sería o mais indicado para sustituir o Beiras, dicen quenes o coñecen que os dous andan polo mesmo nivel de discap….na cidade.
QUERIA DECIRTE, QUE O MEU SEUDONIMO ESTÁ A SER USADO PO OUTRA PERSOA, SERIA BO QUE CANDO O RECIBIRAS, OLLARAS QUE PROCEDE DO MESMO ORDENADOR, sei que os meus comentarios poden ser ácidos e críticos, pero son méus, ninguén ten que apoderarse do nome, de tódolos xeitos, si o asunto se repite. Enterraremos a éste e buscaremos outros, polo que posiblemente este sexa o derradeiro do auténtico
RADIO MACUTO

BUSCA-PINA dijo...

Ooeees! ¿Cómo é que a nosa Sirley Temple acaban de facerlle una de-PUTADA? ¡Agora que xa ía collendolle o matraquillo, resulta que a quitan das listas! ¿Será sinal de que xa están buscándolle sustituto? ¡¡Non sei, non sei!! Pero xa se escoitan cousas raras pola Ribeira. ¡¡Por Dios, que non sexa o Veterinario!! ¡¡Dín que se emociona cando escoita cancións ca camisa nueva!! ¡¡O NÚMERO DÓUS, NON SIRVE NIN PO BANk-ill-O!!
¡¡Perdemos a gran ocasión de escoitar as entrevistas de la Señora Presidenta Local ca sobriña, ¡¡bueno, ainda que non fora os estudios, preguntaría e se contestaría ela mesma, ¡¡Faltaría Bragas!!! ¡¡iso e moito máis!!, pero bueno, o pior de todo é que nos quedamos sin florero no Parlamento e si sigue así o asunto, vai haber pelexa interna nos pepeiros a tres bandas, la TITA, o Camposino das Festas e o Sponsorizador Deportivo. ¿Quen gañará? ¡¡Se admiten apostas! Iso vai ser mais duro que o Derbi MADRI-BARÇA, ¡¡¡Eu aposto polo Festeiro!!! ¡¡¡Despois dos bicos que repartiu, algo nos debe tocar a todos, meu voto vai por el Chico de la Vega (facer memoria, é o mesmo apelido que o ZORRO) ¡¡Ese é o meu candidato, como decía séu veciño, NON FAGO PROMESAS, FAGO OBRAS, e non de caridade.

Campamento Desprovisto Loupas dijo...

Eu xa sei por quen NON votar
(A QUEN POIDA INTERESAR)
Non sei, pero cada día que pasa, convénzome máis que a política para algún é una carallada, e por iso entendo a todos aqueles que manifestan o séu rechazo a política e aos políticos. Diante dos exemplos que se “EXHIBEN”, polo menos na nosa comarca, case remato estando dacordo cos indignados.
Dende as pasadas eleccións municipais, apareceu –lexitimamente- un partido que dí que son os herdeiros de Suarez (coitado, menos mal que non se entera), o séu bocazas no noso pobo, levanno nas listas, case para ser De-PUTADO a un individuo que (a.D.g.) –a Dios gracias- non nos representa a máis do 99.9% dos veciños, porque sinó, estábamos jod…..
Non sei se creerlle, pero según dí, está e é moi VERDE, e loita como o Quixote contra os muiños, ainda que sexa un CORDEIRO.
¡¡que felicidade poder leer os séus escritos nos medios de comunicación locais, así aprendemos a redactar sen erros para que non nos sinalen co dedo. ¡¡Cada vez que hai un panfleto do séu PARTIDO hai campionatos a quen descubra mais chapuzadas do dirixente, portavoz, presidente, pega-carteis e MODELO, (que non estrañe isto, xa que presume de ter un manual de vestimenta e xesticulación para os mítines)
Por isto e por moitas cousas máis, non te voto por non ser de verdá

BADULAQUE dijo...

Este domingo he acudido a la Taberna de Moou, allí estaban en asamblea todos sus amigos, el Barny (a) Tabagón, dirigía el cotarro, era la voz del pueblo en versión enxebre, Karl, camposino en San Miguel y el Lennin de Pintán, esbadallaban cantidad, ya tenían los resultados electorales del 21 de octubre. Ya sabían quien era el ganador y hacían apuestas por quien se acercaba más a los escrutinios finales. Mucha izquierda, mucho nacionalismo, pero solo apostaban por las gaviotas del norte. ¿sería eso porque no iba la Rubita en las listas? Decía Moou que también podían votar por Apu, da lo mismo, en la versión original, tampoco se le entiende mucho, ¡¡si, si..! estou hablando del nº CINCO de los herederos de Adolf.
De donde no sacaban ningún provecho era del matrimonio Yolanda-Beiras, no entendían estos analistas esa conjunción de fuerzas ¿esotéricas? Que durante más de treinta años estaban enfrentadas y ahora son amigos para siempre. ¿seguirá la fiesta después de los resultados electorales? Lennin decía que no, Barny, más escéptico, apostaba que con Beiras (su ex jefe) cualquier cosa era posible, y Flanders (que estaba la mayor parte del tiempo callado, ¿meditando? ¿tendría la solución de la alimentación de los pájaros? (en tamaño grande solo gaviotas entran en su redil) abrió la boca para denostar contra las tres versiones del BNGa.
Solo había un punto en el que coincidían, que los PUÑE.teros no levantaban cabeza, y después de los sucesos de Ourense menos. Alguno recordaba que había sido el INVITADO ESPECIAL de nuestro alcalde a la Fiesta de la Langosta ¿será un presagio?
Delos demás partidos ni hablaron, salvo alguna referencia al de Tuy y sus vaqueradas en la banca nacional o en la tele, y eso trajo algún chiste que no viene a cuento sobre Margi la portavoz comercial en VIAs a presentadora de debates internacionales. No dejaron claro si en este punto hacían referencia a las raíces del país vecino, pero alguno cantaba una cantiga, sabiendo que ella también respondería con un (en) FADO.
Proxímamente hablaremos de Squiner, su novia Karapapel, Bart, Lisa, & Cía.

PACO JONES dijo...

Lamentablemente dado o domingo chuvioso que tivemos, o día da Santa tivemos a comida familiar na casa dun parente rosaleiro, ali no alto da Fecha.

No final entre chupito e chupito de licor café, ó primo ASTERISCO JONES (funcionario do Concello da Guarda) foiselle soltando a lingua.

Nas contas do Concello da Guarda hai menos diñeiro que na carteira de Tarzán. As facturas mensuaís da gasolineira dos Lomba-Camiña ronda tódolos meses os 3.000€.

As débeda pendentes con Fenosa son máis de 350.000€. Iso que veden por ahí Miguel Español, Montserrat e o noso Alcalde que gracias a Paulino a facturación de Fenosa baixou,... nada de nada, ¡hai que ser moi tonto para creelo!

Cando entra Paulino polo Concello, sauda ó Alcalde, a Miguel, logo vaise para o Art a toma-lo café,... Algún funcionario cachondo di: dous saudos, un café e xa gañei 50€ neste día; e iso cando aparece, pois hai semanas que nin se lle ve, nin se lle espera.

Outro funcionario cachondo tamén dí que a forma de funcionar do equipo de goberno, é mediante a forma matemática de "reducción ó absurdo".

Traballas na citroen, montas coches,... concelleiro de tráfico.
Traballas de enterrador,... concelleiro de sanidade.
Traballas vendendo traxes de baño,... concelleiro de Turismo.

A Sra García Braga, a nosa querida presidenta de ACIGU, está enfadada polo descenso-castigo á súa protexida sobriña. Querida presidenta hai topos dentro do PP, que contan "verdades" ó Presidente Feijoo, pasan informes do PP local e veciños,... e esta información non pasa polos cauces internos do Partido, onde é maquillada e desdebuxada (¡hai chivatos!). Pero non se preocupe, a dirección galega do PSOE valora máis 1 cent€ que os socialistas guardeses, rosaleiros, oienses,... En resumen os nosos políticos locais non contan para nada nas direccións dos seus partidos en Santiago.

La prima de riesgo dijo...

Lo de la Guía, todas/os los que estuvimos allí, vimos un autentico espectáculo de lo que es una republica bananera, autentico! Algo se le pegaría de su estancia por aquellos lares. Pero bueno, el que quiera colaborar o no es su problema y él de hacer lo que le venga en gana.
Lo que me parece más triste y grave es lo ocurrido en Camposancos, y me extraña que en este blog no se dijera nada. Un alcalde pedáneo, con la que nos esta cayendo, se ponga un sueldo. Señor, nadie lo puso en ese cargo, se presento libremente, que se multiplico el trabajo, déjelo, dimita, ponga un empleado. Ninguna excusa me vale. Que políticos nos van aquitar de esta crisis? Sean del signo que sean, todo son escándalos de corrupción por llenar sus propias arcas.
El día 21 votare NULO, deseamos verdaderos políticos, por lo tanto REFORMA POLITICA YA!!!! EN SERIO!!!!!

PACO JONES dijo...

¿Lembras amigo mosquito que ala polo mes de Xullo do 2.011 falaba da explotación política que fai o BNG das plataformas?

Pois dende fai unhas semanas vexo como dendo o BNG está a tentar capitaliza-la protesta dos afectados polas preferentes,... ó principio non lle deron importancia, nin apoio, pero agora teñen presa en tentar quitarlle rendabilidade.

Nótase que hai eleccións á vista, hai que tratar de oculta-lo caso "Pokemon", onda hai algún concelleiro do BNG imputado,...

Claro que "esquecen" que o BNG tiña membros dentros das Asambleas de Caixa Nova e Caixa Galicia, non se opuxeron á fusión, sabían dos temas das preferentes,... onde están hoxe:
María Xesús López Escudeiro (ex delegada provincial de Cultura.
Emilio Nogueira (ex secretario xeral de Industria).
Anxo Calvo (ex director xeral de Industria).
Alberte Souto (ex secretario xeral de Medio Rural).
Fernando Blanco Parga (ex-diputado).

Está moi ben defender públicamente ós afectados, pero tamén hai que entonar públicamente o "mea culpa" e pedir perdón. O mesmo para o PSOE e para PP, pois estes seguen na súas posturas de esquecemento intencionado, para tapa-las súas responsabilidades.

¿De qué vale facer unha reforma política-institucional, se os políticvos de sempre van a seguir estando ahi?, ¡¡HAI QUE CAMBIAR A TODOS ESES POLÍTICOS QUE LEVAN +25 ANOS!!

dende o Tecla dijo...

O sábado acudín ao Centro Cultural para asistir o comenzo dos actos que se van a celebrar con motivo do Centenario da Sociedad Pro-Monte Santa Tecla, e non como pon nos folletos Sociedade Pro-Monte Santa Trega, que esta nunca existiu. Todo estuvo ven incluido a sorpresa.
Agora ven!!! Leo en http://infogauda.blogspot.com.es/ o siguiente:
“Desde fai anos vimos comentando a nivel coloquial, que A Guarda, nunca lle recoñecerá na súa xusta medida, á labor que desenvolveron os compoñentes da Sociedad Pro-Monte Santa Trega. Máis semella que á sensibilidade cultural de varias persoas que forman parte da Sociedade Filatélica e Numismática Guardesa (S.F.N.G.), que foron os pioneiros en ir relembrando nos anos precedentes os fundadores da benemérita Sociedade que foi fundada en 29 de setembro de 1912, contribuiu a xerar á necesidade de non deixar pasar a efeméride”.
Pois a verdade e que esta sociedade leva anos conmemorando dicha efeméride, perteneceu a Pro-Monte e ten a sua sede no seu edificio. Alí non foi nin tan siquiera nombrada, cual sera o motivo?

PACO JONES dijo...

Hoxe pola tarde cando saía de certo comercio, ó lado do mesmo hai un muro onde hai "tradición" de pegar carteis,...

Non estou moi seguro, pero creo que ollei unha cartel do BNG animandonós a face-las nosas compras no comercio guardés.

Pareceme algo bó, é digno de ser "subvencionado" por ACIGU; pero voltamos ó mesmo hai que predicar có exemplo, unha cousa é pegar carteis con un lema e logo outra mercar un coche feito en Barcelona, e non mercar outro feito en Vigo.

É a primeira vez que vexo ó BNG preocupado polo comercio local, dende que un amigo do concelleiro deixou a dirección de ABACO, tras acada-los seus intereses persoais-comerciaís.

PACO JONES dijo...

Ante todo hai que SER CONSECUENTES, ten que haber unha concordancia no que se dí có que se fai.

Todos estamos a pasar malos momentos, sei que hai moitos veciños no paro, sei que hai comerciantes que o pasan mal,...

Pero non entendo que certo comerciante guardés queixese en público da crise, do pouco que se vende, dos impostos,... e perto da porta do comercio ten estacionado o seu novo e flamante coche: Jaguar,...

O cal non foi comprado nun concesionario da Guarda, no foi construido nunha fábrica galega, non ten compoñente feitos por industrias galegas,... Pero a inmensa maioría dos seus ingresos veñen dos veciños da Guarda.

Con ven señores do BNG, está ben anima-lo comercio local, pero tamén os nosos comerciantes deben ser CONSECUENTES,... pois tamén teño comerciantes do Rosal, Oia, Tomiño que me venden os mesmos productos, servicios e moitos deles si que esctúan dun xeito concordante có o noso entorno económico-social.

¿Qué te pasa amigo mosquito?, "vexote" moi parado, sen gañas de picar, tes moi tránquilos ós "4 fantásticos", á nosa presidenta de ACIGU,... "What happens?!".

Convidoche a asistir a conferencia do gran hstoriador local (Sr. Uris) que vai dar na gran sala de conferencias e actos magnos que ten a "Tasco o Jalo", organizada dentro dos actos do centenario da Pro-Monte; compartiremos uns vasos de albariño có Sr. Español. ¿Animaste?.

Para que gastar diñeiro en centros culturales se temos moitos bares; ¿qué será a próxima idea-maravilla do concelleiro de incultura?, ¿unha exposición no Gadis, no Froiz ou outro supermercado?

Anónimo dijo...

NOI da Guarda
Entro por primeira vez con o permiso do sr. Mosquito, gustame o sitio o sigo desde fai tempo, vexo que se pica toda crase de temas sin censura, tamen se discute o sexo do MOSQUITO, o da festa da Guia dice que e femenino, temos duvidas, eu digo que intelixente, xa que sabe donde hay que picar, en frores muy cercanas e do noso xardín, para min debe ser dos nosos, deixemolo picar que pique ben.
Por outra parte a presi de ACIGU, opense a apertura do Oulet de Tuy, e vemola os domingos por os Centros de Portugal, e comendo o bacallau nos restaurantes tamen os festivos-puente, en que estamos, todos son iguais, o exemplo e unha carallada.
Saudiños e unha perta.

La prima de riesgo dijo...

Sr. Mosquito, espero que estés preparando algo para los últimos éxitos da familia Sirley Temple, creo que es de mención y elogiar sus últimos logros y progresos. Pues en estos días la Tita conseguío ser reelegida de nuevo Presidenta. Lo que nadie quiere…y ella menudo caramelo que no suelta, echo en falta una fotografía para ver el gran foro de esa reelección, de ésta y anteriores, UNANIME!!!! Jejejeje.
La rizos de oro, tiene un peso político tan grande en su partido, (creo que tanto como el nuestro) no cuentan con ella en las listas, pero peor todavía, es que, como saben que no vale, la tienen por que no hay otro candidato, tanto es así, que ni tan siquiera han hecho un mitin relevante en A Guarda. Desde las altas esferas de PP sabrán que existe A Guarda???. Anda que estamos bien, los de la gaviota en A Guarda no han podido caer más bajo, no son oposición, no aportan nada, ni se les ve, ni se les espera, y cuando los echen será algún caciquillo con ganas de engordar sus bolsillo.

PACO JONES dijo...

¡¡¿¿QUÉ TE PASA AMIGO MOSQUITO??!!

¡¡¿¿Sabes que xa pasaron as eleccións ó Parlamento Galego??!!

Sabes quen fixo un mitín electoral no restaurante Brisamar; pois tivo "carallo" electoral. En conclusión, ¡¡nada de facer actos electoraís no citado restaurante!!

Hai quen dí, que a única forma que o PP recupere a alcaldía da Guarda é facer unha lista sen xente da Guarda; pois cando presentan unha lista municipal con xente da Guarda perden 1.300 votos respecto das xeraís ou autonómicas,...

Aqueles que perderon un 40% e 30% dos votos, teñen cara de susto; en troques certo empregado de Fenosa e certa profesora de Solanas están que non se creen os 450 votos colleitados sen facer nada.

Estas foron unhas votacións raras, incluso nun pobo tan tránquilo como Oia, ata o PP perdeu un 25% dos seus votantes, o "trancazo" que levaron PSOE e BNG fois igual de grande que na Guarda,...

Señores políticos hai moitas cousas que están a facer mal, por iso cada vez vota menos xente,... ¿PORQUÉ O VOTO NULO DA GUARDA O SEU % É DOS MAÍS ALTOS DE GALICIA?.

Señores políticos o voto é libre, non lle pertence ó partido,... e cada vez máis certos "muñidores" de votos teñen menos que rascar.

Anónimo dijo...

Estoy leyendo estos comentarios , que para ser sincero quiero decir que todos están muy vien,como el de PACO JONES, pero quisiera hacer mencion en el que escribe, NOY,en el que denuncia que la presi de ACIGU,los domingos y festibos se bá á comer el bacalao á Portugal pero yo tambien míro á otros comerciantes guardeses hacer lomismo que la presi de ACIGU comprar en la feira de Vila nova de Cerveira en el Pingo12 y en restaurantes de Portugal ¿pues menudo ejemplo ledan al pueblo? predican pero ellos son los primeros en no dar ejemplo al noconsumir en el pueblo CHURRI.

Anónimo dijo...

hola mosquito estoy haciendo pruebas haber si me sale un comentario y lo publicas dime si recibiste esta prueba y la publicas espero tu publicacion un saludo familia de mosquiteros