martes, 11 de diciembre de 2012

OS SUPERHEROES DA GUARDA 2

Para continuar coa saga dos superheroes locais ... e  seus inspiradores dos cómics, hoxe centrarémonos nos do PP e por orde de lista electoral...




Ao igual que a nosa felina guardesa, sempre está acazapada, lista para dar o zarpazo e trepar ata a Deputación ... pero como todos os felinos, aínda que a caída sufrida fose estrepitosa (que o foi), teñen sete vidas, e seguirá xogando a ser política no noso concello ... ata que a próxima envestida teña lugar...




A versión local deste heroe, é un pouco máis inxenua ... por non dicir de presenza inexistente, o seu segundo posto na lista viuse relegado ao derradeiro plano grazas a un compañeiro con serias necesidades de protagonismo político .... e neste caso, noso Superman non tivo vista de raios X precisamente para anticipalo ...


O noso amigo dos animais local, ten tanta necesidade de figurar en primerísimo plano, que precisa tantos brazos como lle sexan posibles para dedicarse a máis dunha tarefa ao mesmo tempo ... todas elas, indubidablemente encamiñadas  a afundir aos opoñentes, co único fin de sobresaír, aínda que para iso sexa necesario trepar sobre cadáveres políticos ou ser servil con quen fora necesario ...

A seguinte heroína en cuestión, La Sra Increíble, fai honra ao seu nome e incriblemente apareceu nesta lista ... ten pouco que criticar , xa que ao que pouco fae pouco se lle pode dicir... soamente iso, que está nesa cadeira pola necesidade de poñer unha muller na lista tal vez.???

En cuestións educativas a Sra parece funcionar moi ben, pero en política ... só para recheo das procesións ...


Eléctrica como poucas ... a nosa Elektra-Fenosa é parlanchina como moitas do PP... con necesidade de subir algúns chanzos na lista ... pero por sobre todas as cousas ocupa un lugar estritamente para cubrir o pocentaxe de presenza feminina que dita a lei electoral ... non se pode poñer na lista figuras femininas "pensantes" que deslustren a nosa felina voceira...


Pasa tan desapercibido que debe ser o superheroe doutro continente ... pero no noso concello soamente está para que non quede unha cadeira do PP baleira nos plenos ... e tamén para levantar a man e votar cando o avisan con algún golpe, xa que adoita despistarse ata niso ...
Din que proximamente asistirá aos plenos co seu traxe e escudo, para protexerse dos avisos dos seus colegas e non quedar co brazo marcado...

En fin, o PP está formado por un grupo de superheroes políticamente opacos, nada tras - Lúcidos, e con ríxida disciplina partidaria, a punto tal que por servir ao seu xefe supremo da Xunta, resultan inoperantes a nivel local ...








9 comentarios:

no facho do monte dijo...

é moi certo Mosquito niñún é Lúcido no PP soamente a Tita que é a titiriteira de todos eles

chupa chus dijo...

a leonina que coide ben a sua cadeira porque sen ir a Sevilla vanna deixar sen ela, un don veterinario amigo.

Anónimo dijo...

titiriteiros porque se deixan, por todos e sabido que a leonina estaba onde estaba por ser marioneta, non sei se e porque e manipuladora nata ou porque a xente que a apoya e pouco lucida.

cucara chito dijo...

é unha dupla moi boa a do PP ele é una leona e el un veterinario jajaja, iso si, ningún é político

sarita la ya no tan guapita dijo...

mosquito te has olvidado de la Tiísima en los comics, a ver si nos escribes algo con ella vestida de heroína, has estado algo flojo al olvidarla jajaja, será quizás que la que tenemos en a guarda es la verdadera y por eso no tiene dibujo?

Anónimo dijo...

pobre tita, pena me da, siempre en boca de todos, jaja tal y cómo le gusta a ella, ser el centro de atención, o por mi cómo si no vuelvo a oir pronunciar su nombre...no soy anónima, soy la otra prima de riesgo

camposina dijo...

Para todos os mosquiteiros do baixi minho, olhar para o blog O MIRADOR DOS ANCOS.

Realmente é bo, tem que ser de alguem que trabalha o esta no bando enemigo do concelho, porque ten datos que son reais.
Votar unha olha mosquiteiros porque a nos a merda nos atrae como se fora mel.

PACO JONES dijo...

Estou de acordo con aqueles que din que debemos prestarlle atención ó veterinario, polo que sei é moi fachendoso, vai de enteradillo,... pero dentro do grupo é o único que pode quitarlle lugar á Sra. Iglesias.

Respecto ó novo concelleiro, o coñezo dende neno, non é despistado,... Imos a ser politícamente correcto: eficacia mental de nivel reducida.

Clara que oresto dos seus compañeiros concelleiros, támpouco están sobrados de eficacia mental.

prima de risco dijo...

Descoñecia a otra prima de risco, eu pensaba que non tiña familia, me alegro.
E lamentable que un partido como e o PP, caia tan baixo, e que maís abaixo xa non hay nada, como algin dixo isto e a merda.