martes, 29 de enero de 2013

O CHEIRO DAS PREFERENTES ...


Hai poucos días vivimos un pleno un tanto atafegado e con moito de TDT (teatro dixitalizado terriblemente), logo dun pleno no que o PP sufría unha baixa (unha concelleira que por vergoña partidaria dimitía )

Vivimos un sainete no que os dixitalizadores ou monicrequeiros políticos de pouca honra quedaron identificados polas súas expresións faciais, só fai falta ver as fotos que pon galiciasuroeste para observar as caras de pouca sorpresa dalgúns deles .... algún mirando o horizonte como esperando ver chegar a néboa, outro disimulando sosterse a barbela para que non lle caia a cara de vergoña ao ver como se increpa a concelleiros doutro grupo partidario e disimulando con cara de sota que non sabía o que ía acontecer....


Pensades seriamente que a xente é tan parva como para non reconocervos ...???   ou é que no voso narcisismo deficiente credes que sodes tan bos como para actuar sen ser descubertos  ...????


Aclaremos algúns tantos......



Moitos dos presentes no pleno reclamando con xustiza e total dereito o seu diñeiro, son os mesmos que se pecharon no concello do Rosal, e que saen retratados nun e outro concello ..... esa xente está de máis nalgunha das dúas casas consistoriais, ou son dun ou ben do outro .... ou cabe unha terceira posicion ... que creo é a máis próxima á realidade ..., son persoas que no desespero de ter sido estafados  agárranse a un cravo ardendo e sen decatarse son usados por pajarracos políticos preeiros como instrumento en contra do partido opositor ...
.


Hai un refrán que di "a culpa non é do porco senón do que lle dá de comer"... neste caso aos pobres estafados enriba estanlles facendo tragar merda dicindo que é chocolate ... e úsanos (como están afeitos a facer con outros), de tirapedras contra a súa oposición...


Cómo pode ser que abusen do desespero de tanta xente para os seus chicaneos políticos ...???



O peche e petición de compromiso de devolución total do diñeiro ou dimisión ao alcalde do Rosal (casualmente do PP) ..., peche e pedido de compromiso en Tui, bloqueo dunha xunta de goberno ( casualmente do PP) ..., agora na Guarda o pedido de dimisión aos concelleiros casualmente do PP....

Mentres tanto... esquecémonos que...

As entidades bancarias emitiron o maior paquete de preferentes a clientes minoristas -máis de 18.000 millóns de euros- precisamente entre 1999 e 2004, é dicir, dende o último tramo da primeira lexislatura de Aznar ata o final do seu mandato.

Pero as emisións dese produto-trampa experimentaron un marcado repunte en 2009 -superando os 11.000 millóns-, xa cun posto fóra de combate Zapatero en La Moncloa, porque os bancos necesitaban unha urxente recapitalización.

A colocación masiva de participacións preferentes detéctase xa en 2008, se ben alcanza o seu máximo histórico durante o ano seguinte, ... quén gobernaba entón ....????, se a miña memoria non me falla, o ilustre Sr Gepetto Zapatero .... do PSOE .....

Por que entón ninguén dos afectados tamén lles está a reclamar nada aos concelleiros dese partido ...??? non son acaso todos responsables solidarios do fraude ..??

Memoria afectados ....!!!! que o desespero non vos faga perder o norte ....., cambiar o rumbo ..... e esquecer o porto de saída do problema.... 

PP e PSOE SON TODOS A MESMA M....




4 comentarios:

afortunado sin duros dijo...

todo muy bonito señor mosquito y totalmente de acuerdo contigo, están llevando de las narices a toda esa gente que por angustia pr la pérdida de su dinero hace y dice cosas de las que luego se arrepentirá,
pero no dices nada del bng ni de cg ?

xerlok o home dijo...

e certo Mosquito a metade da xente das preferentes que estaba no pleno da Guarda sn dos pechados no Rosal e mal dirixos por quén?

NOI da Guarda dijo...

Muy ben plantexado Sr. Mosquito, pero vexo que se queda corto no traballo, os "coitados" das preferentes, si que están ben dirixidos e con boas intencións, nas fotos e na TV. e nas pitadas nas oficinas, os cabecillas que manexan a manada de todos son coñecidos politicamente, e as complacencias no pleno como o sr. Alcalde permite que se sente a o seu caron e lle dé palabra a un representante do publico, creo que e a primera vez que iso sucede, temen doulle a razón a vostede os responsables da situación que están sufrindo esta xente, son os politicos e sindicatos todos que estaban representados nas caixas, e agora vense demostranto que a solución e politica e no bancaria.
A verdad que da asco vivir neste pais, cada dia unha nova corruptela.

PACO JONES dijo...

¡¡¿¿Qué tal amigo mosquito??!!

Vexote cabreado e iso gostame.

Lembras alo polo verán do 2.011 cando expliquei o das "plataformas petroliferas" que certo partido monta para extrae-lo petróleo aproveitandose duns incautos.

Pois eu estou moi seguro, que moitas destas plataformas dos estafados das preferentes están manipuladas polo BNG.

Pero os amigos do BNG, tamén deberían dicir, que cando Caixanova, Caixa Galicia comercializaban este produto,... no Consello de Administración e na Asamblea destas caixas había persoas que eran (¿son?) membros dos BNG,... ¿Polo tanto parte da culpa tamén terán?.

Asistin a ese pleno, non me gustou nada o ambente matonil e violento que tiñan certas persoas,... Entendo o medo que poiden ter a perde-lo seus aforros, pero os concelleiros do PP da Guarda non son os culpables, os compañeiros do PSOE, BNG e CG támpouco,... Pero o de amenazar con certa violencia a concellerios do PP e CG, a min no me gosta nada.

Recomendolle ós lectores do blog, que visiten os seguinte blog: "miradorancos.blogspot", busquen no arquivo o artigo do 22 de Decembro do 2.012, titulado: "Estafa preferente".

Imos a facer un pouco de publicidade dos negocios da familia. O BANCO JONES nunca vendeu, nin xestionou emisóns de preferentes; támpouco temos delegación na Suiza, nin en "paraisos fiscais".