miércoles, 25 de enero de 2012

CHEGOU SUPERLOPEZ A FESTA DO MONTE



A autoestima guardesa esta a salvo dende a reunión mantida fai apenas uns días no salón de plenos do Concello.



Xa podemos presumir de ter o noso heroe local, a imaxe e semellanza da nosa idiosincrasia cultural, ou tal vez é todo o contrario?


Caracterizado de salvapatrias, o noso antiheroe ou heroe con instrucións, algo torpe para os canons do caso, acudiu á cita como o irmán non recoñecido de Súperman.


Deixáronlle ao heroe norteamericano o de salvar o planeta Terra, e para o noso Superlopez, local, o de salvar a Festa do Monte.
Todos coñecemos os detalles do "Xénese de Superlopez", as súas aventuras e carnavaladas, motivos polos cales esperamos a que faga público o seu supergrupo para acabar de tremer...


Recordades....estaban "El Capitán Hispania", "El Bruto", "La Chica Increíble", "Latas" e "El Mago"


Quenes serán os homólogos locais para eses postos?, supoñemos que os apoios que estaban presentes na reunión....


Cachis na mar....nos deixan os catro fantásticos despois de 12 anos sen dar contas,  e propóñense Superlopez e o seu Supergrupete...


É que non hai xentiña normal neste pobo?