miércoles, 25 de enero de 2012

CHEGOU SUPERLOPEZ A FESTA DO MONTE



A autoestima guardesa esta a salvo dende a reunión mantida fai apenas uns días no salón de plenos do Concello.



Xa podemos presumir de ter o noso heroe local, a imaxe e semellanza da nosa idiosincrasia cultural, ou tal vez é todo o contrario?


Caracterizado de salvapatrias, o noso antiheroe ou heroe con instrucións, algo torpe para os canons do caso, acudiu á cita como o irmán non recoñecido de Súperman.


Deixáronlle ao heroe norteamericano o de salvar o planeta Terra, e para o noso Superlopez, local, o de salvar a Festa do Monte.
Todos coñecemos os detalles do "Xénese de Superlopez", as súas aventuras e carnavaladas, motivos polos cales esperamos a que faga público o seu supergrupo para acabar de tremer...


Recordades....estaban "El Capitán Hispania", "El Bruto", "La Chica Increíble", "Latas" e "El Mago"


Quenes serán os homólogos locais para eses postos?, supoñemos que os apoios que estaban presentes na reunión....


Cachis na mar....nos deixan os catro fantásticos despois de 12 anos sen dar contas,  e propóñense Superlopez e o seu Supergrupete...


É que non hai xentiña normal neste pobo?

5 comentarios:

Anónimo dijo...

¡¡canta razón tes, MOSQUI!!
Este si que é un pueblo de contradicións, a SIRLEI TEMPLE e os séus CONCEJALES, como sempre, calados como petos, xa falaba por eles e o grupo a SUPER NANI, deixou a cousa moi clara…¡¡Si la fiesta la coje SUPERLOPEZ, que cuente con la ASOCIACION!! Todo o dí e fai ela, os socios silencio productivo.
Logo hubo as intervencións de BIXUROCK, …moitas orquestas….moita festa….moitoooo…de todo, e logo GRAN CANDIDATO-DERROTADO, o do crédito personal, que tuvo que pedir diñeiro no banco porque non sabía como financiarse hasta que tocou o coche…na COMISION, ¡que coincidencia! Na volta das vacacións e cando faltaba un dia para caducar. O Chorón pudo inventarse calquer outra cousa que na mellor algún podían creerlle. Cando foi do atraco aljén creeulle?...
Alí no fondo, na ventana, había un exconcejal que non facía máis que reírse e facer comentarios polo baixiño, ben podía mollarse e deixar de fanfarronear e sumarse a botar unha man para sacar a festa adiante, entre el e o jordecho do secretario que leva con el a todas partes.
Pero bueno, o importante era a xentiña que collía a festa, artista principal, “Lambadas” y su orquesta, (nunca mellor dito) acompañado del dúo “Los Seitos”, sin que nadie queira recordar sus grandes éxitos, pero…¿Qué pasou ca Festa do Santísimo? Con ou sin chocolate, quedou negra, desapareceu…Gracias Lolo e Rubia. (seguiremos informando..)


Fumigando dende o Tecla

PACO JONES dijo...

Ben vido amigo, xa sei que o frio no che vai ben, pero ánimo que pronto chegará a calor.

Sobre a "Shirley Temple" e os seus concelleiros, lembro a frase dun antepasado dos Jones que se lles pode aplicar: "en mi casa mando yo, pero las órdenes las da mi mujer"; só que aquí é o partido, e quen ordena é a súa tía. Dende logo é un tía poderosa, ten un partido á súa disposición e unha diputada ás súas ordenes.

Sobre o grupo de "SuperLópez &Cia"; por desgracia creo que é o que merece este pobo pola súa ruindade colectiva. Explicome:

1º) A Festa do Monte é a nosa reseña social máis importante, pero dende fai anos este orgullo pola nosa festa non se manifesta de igual xeito cando hai que abri-la carteira e aportar cartos.

2º) Somos moi dados a arranxar todo na barra do bar, alí berramos máis alto có monte, cagámonos no máis sacro e divino,... Pero logo cando hai que pasar á acción, porse ó frente de algo, toma-la iniciativa,... á inmensa maioría entralle unha cagarría-cobardía.

¿Porqué nos extraña que certos caraduras teñan relevancia social?, pois por que eles coñecen esta debilidade e aproveitanse da cobardía social colectiva.

Dentro dun rebaño o ánimal máis caro é o carneiro (entre ovellas), ou o cabestro (entre vacas). Eles levan o cencerro e o rebaño vai detrás mansiño e confiado entran no redil, pero o gandeiro retira o cabestro ou o carneiro pois xa fixo o seu traballo, agora venderemos as vacas e as ovellas para o matadeiro; o carneiro e o cabestro dentro de pouco xa voltarán a face-lo seu traballo.

Lamentablemente nós temos os nosos carneiros e cabestros, facer de rebaño é cousa de cada un.

A min gostaríame que cidadáns de diferentes partidos, entidades sociaís, económicas, comerciaís,... por riba dos seus intereses privados e persoaís xuntansen esforzos e ánimos para formar a nova Comisión de festas, contando có apoio do Concello, e tamén de ex-membros da Comisión saínte para que aporten a súa experiencia.

Tamén hai que pedirlle ó resto dos veciños que non sexan tan agarrados, e sobre todo agradecidos có resultado das Festas, pois sabemos que nunca van a estar a gosto de todos; pero hai que ser agradecidos có esforzo e traballo de balde feito durante meses.

As veces creo que a este pobo como cura de humildade viñalle ben uns cantos anos sen Festa do Monte.

PACO JONES dijo...

What happens in this village?

O Domingo leía nun xornal que o ex-presidente de ABACO é o novo presidente da Comisión de Festas do Monte. Pensei que este pobo xa comenza a camiñar polo sendeiro da normalidade.

Hoxe Luns, nunha cafetería da Vila, os parroquianos imos a felicita-lo Presidente entrante,... ¡¡Pero hai sorpresa!!

El e a súa comisión deixan todo, pois dun xeito non moi educado outras persoas o convenceron que era o mellor para o pobo, que eles xa tiñan todo moi avanzado, xa tiñan orquestas apalabradas,... Resulta que estas persoas son do clan de "SuperLópez", da "Shirley Temple", todos eles vinculados á sede do Almitanzgo ten na rúa Nandín.

Fai uns meses ninguen quería a festa do Monte, e agora hai un grupo de persoas que toman o lema da Belen Esteban ó pé da letra: "yo por mi Fiesta del Monte, MATO!!". ¿Porqué este repentino interese pola Festa do Monte?, ¿Estará en marcha a campaña promocional de certa persoa?

Nada, sentoume mal o café con leite, hoxe o camareiro quedouse sen a propina dos parroquianos. ¿En serio que non hai una vacina que cure o "cainismo" local?.

Gracias Sr. Gándara e comapñeiros polo intento. Pero este pobo non aprende.

ZZZ MOSQUITO CAPÓN dijo...

é peor que iso meu amigo Jones, este pobo restase a convertir nunha selva onde abundan as hienas que só comen carroña...pobres dos animais sinxelos....

zzz...paff dijo...

Parez mentira que sendo guardeses non sepaides da cantidade de caimans e raposos que pululan o redor das sedes das rúas Brasilino e Nandín, solamente falta que por de propina teñas RH DO PAIS VECIÑO. Con eses atributos nin a tía nin a sobriña fan sombra a que se poña diante, e como propina, o do PELO LONGO metido a inmobiliario. R.I.P. pola Guarda, AMEN