lunes, 30 de enero de 2012

HOXE VAMOS DE SUXERENCIAS AMISTOSAS





Hoxe amencemos coa ingrata novidade de que toda ilusión posta nunha nova comisión para as nosas festas do monte,  foise para o...inferno....


Si amigos mosquitos pouco nos durou a esperanza depositada nunha comisión de xente honesta, tan pouco que non me deu case nin tempo a escribir unha nota sobre o tema, foi un visto e non visto...


Referíase quizais a estas "suxestións amigables" que recibiu Gándara e familia, cando o noso Superlopez dicía días pasados ao verse apartado das súas aspiracións, " fai o que teñas que facer, que eu sei ben o que farei "????


Home se é ese o caso...caer máis baixo aínda pódese, pero non moito....


Algunha vez falei de vermes preeiros, deses recoñecidos pola súa ineptitude, mediocridade e  rastrerismo a todo nivel.
Deses parásitos que deixan a súa pegada nefasta por doquiera que pasan, e os que afeitos a vivir na inmundicia, non saben como actuar cando se encontran con seres dignos, decidindo en consecuencia ensucialos a como dé lugar...


Neste caso só cábeme pensar que a intelectualidade deses espécimes, é inexistente como todos sabemos, polo que non cabe dúbida, son dirixidos dende outros lares por algún outro insecto.....


Mosquit@s se o único que temos neste pobo para levar adiante algún proxecto, é dar "intimidacións ou suxestións e recomendacións" aos que saben facer e pensan mais que outros...apaga e vámonos....


Como escoitei nalgún bar do porto hoxe mesmo, hai veces (como esta) nas que ser guardés dame vergoña allea, por temor a que me confundan ou comparen con certa chusma...


Si pensas ou sentes o mesmo ca min, xa sabes o que debes facer..... colaborarás cos insectos nestas festas???