lunes, 30 de enero de 2012

HOXE VAMOS DE SUXERENCIAS AMISTOSAS





Hoxe amencemos coa ingrata novidade de que toda ilusión posta nunha nova comisión para as nosas festas do monte,  foise para o...inferno....


Si amigos mosquitos pouco nos durou a esperanza depositada nunha comisión de xente honesta, tan pouco que non me deu case nin tempo a escribir unha nota sobre o tema, foi un visto e non visto...


Referíase quizais a estas "suxestións amigables" que recibiu Gándara e familia, cando o noso Superlopez dicía días pasados ao verse apartado das súas aspiracións, " fai o que teñas que facer, que eu sei ben o que farei "????


Home se é ese o caso...caer máis baixo aínda pódese, pero non moito....


Algunha vez falei de vermes preeiros, deses recoñecidos pola súa ineptitude, mediocridade e  rastrerismo a todo nivel.
Deses parásitos que deixan a súa pegada nefasta por doquiera que pasan, e os que afeitos a vivir na inmundicia, non saben como actuar cando se encontran con seres dignos, decidindo en consecuencia ensucialos a como dé lugar...


Neste caso só cábeme pensar que a intelectualidade deses espécimes, é inexistente como todos sabemos, polo que non cabe dúbida, son dirixidos dende outros lares por algún outro insecto.....


Mosquit@s se o único que temos neste pobo para levar adiante algún proxecto, é dar "intimidacións ou suxestións e recomendacións" aos que saben facer e pensan mais que outros...apaga e vámonos....


Como escoitei nalgún bar do porto hoxe mesmo, hai veces (como esta) nas que ser guardés dame vergoña allea, por temor a que me confundan ou comparen con certa chusma...


Si pensas ou sentes o mesmo ca min, xa sabes o que debes facer..... colaborarás cos insectos nestas festas???

17 comentarios:

cabreado nº 1 dijo...

Eu xa o teño claro, nin un peso para as andainas do LAMBADAS and. Cía.

PACO JONES dijo...

Lembro ó meu profesor de Latín, que sempre nos decía que á gran desgracia deste País é que sempre foi un "imperium stultus"; o seu deber era prepararnos para que nun futuro chegará a ser de "imperium proborum civium".

Pero nada seguimos no "imperium stultus" (goberno dos necios); pero o soño do meu finado mestre é o meu, que algún día sexa o "imperium proborum civium" (gobernos dos cidadáns honrados).

¿Qué pasa neste pobo? ¿É que temos sobre nós unha "divina maledictione" (maldición divina)? ¡¡Deus, non somos o Santo Job para aturar tanto e tan malo!!.

Xa fai varios anos que non teño vacacións no mes de Agosto; pero este ano non vou querer estar aquí, prefiro estar ausente.

Arruinar un supermercado, ó socio, malear a clientes nos seus negocios inmobiliarios,... Todo o o que toca certo individúo remata mal, mal para os demais e nunca para el. Lolo eres un mal amigo (плохой друг).

Anónimo dijo...

eu xa o teño claro na miña porta que nin se lles ocurra chamar por que a o millor levan con ela nos morros

un que estaba con gandara

Anónimo dijo...

QUE FUERTE, QUE FUERTE!!, foi o que contesou unha moza cando preguntou que pasara para que o Gándara deixara as Festas do Monte, e escoitou que o fixera porque non aguantou a presión das “recomendacións” dun expresidente.
QUE FUERTE, QUE FUERTE!!, tamén o dixo cando leeu no Fora de Vigo que a Sirlei Temple e sus concelleiros collia a Festa (non está claro si vai dar a cara ou copiará da súa “profesora” e traballará o tema dende o expesor da noite). Bueno, xa dixo no periódico que aían facela ca famosa asociación que no séu curriculum ten o Diploma de Honor de desfacer e desaparecer as Festas do Santísimo e a chocolatada. (debeu ser que o chocolate non era genuino e non “colocaba”)
QUE FUERTE, QUE FUERTE!!, repetiu cando escoitou a frase da Presidenta dos Comerciantes, de: “si la fiesta la coje Lolo tendrá todo nuestro apoyo” ¡Iso é o que lle interesa da Festa, se a colle outro adepende de si ten a súa bendición ou RH da outra banda do río.
QUE FUERTE, QUE FUERTE!!, manifestou cando supo que o asesor do LAMBADAS sexa o MILITO que anda paniaguando con úns e cos outros e primeiro díxolle que sí, logo foise co Gándara e despois volveu a redil, ainda quedan moitos da dereita que responden a toque de corneta.
Como dí algún nun correo anterior, (SEGUIREMOS INFORMANDO) pero nos dende A HERBIÑA (que non coloca) DO MARRAXO, sin esquecer que o asunto é QUE FUERTE, QUE FUERTE!!

Anónimo dijo...

Habrá nueva comisión de las Fiestas del Monte? De momento tengo mis dudas ya reunidos en una céntrica cafetería de A Guarda, empezaron, ya, por la chocolatada, por lo que esta todo muy negro.
Informo, allí estaban el Bixu, Leona Dorada, D. Lolo Lambadas entre otros, el fuego fue fuerte y cruzado, finalmente las tropas se levantaron, retrocedieron y se marcharon. Pues sí, todo parece cierto, este es el súper equipo que organizo los últimos años la Fiesta del Santísimo.

zzz...paff dijo...

¿Que pasaría pola zona da parada de taxis? ¿Que desgracia terá esa zona para que o Ex-Presidente as teña como referencia? Fai anos embarcou a úns e outros no Gran Prix, e ahora aos que se arrexuntaron contra o Gándara? Dín que os gritos a Lambas, Rubia e Cía., oíanse na porta das Benedictinas. ¿Será que non hai CHANGUI pa todos e o Lolo non quer repartir? Que desgracia, ahora non hai nin Presidente nin Comisión, vai ter que volver a coller as Festas o Miguel, ¿Queda unha pregunta no aire, ¿A rubia fixo todo por órdenes da súa tía sen contar ca Presidenta da asociación ATALAYA tal e como dí algunha persona que vive no Baixo Muro?
Vamos apuntarnos no clube dos SEGUIREMOS INFORMANDO

Anónimo dijo...

Que viene,que viene, la comision, que viene que viene la comision, que viene que viene cuando será?
Uy no lo tengo yo tan claro , no sé si no tendrá que volver el otro equipo a coger las riendas porque al SR. Gandara lo presionaron para que lo dejara, parece ser y ahora ni la rubia rizos de oro ni su compañia , entonces en qué quedamos , a este paso ni fiestas ni jolgorios o sea nin comen nin deixan comer a esta gente ya se ve lo que le importa el pueblo ni una mierda . Qué pena no haber como en los establecimientos un cartel que ponga para cierta gente RESERVADO EL DERECHO DE ADMSION porque desde luego al pueblo un flaco favor le están haciendo toda esta compañia.

Anónimo dijo...

Lambadas & compani no tienen vergüenza de ninguna clase, solo ven su interes

Anónimo dijo...

Sabese algo da nova comisión?
Nin fan nin deixan. E son moi pesimista, non quixera, pero vexo a realidade, vexolles mito tacon, sair nas fotos...pero con iso non se fai a festa.

PACO JONES dijo...

Meu querido mosquito, isto é para reflexionar é non publicar.

Na semana que todos sabíamos das movidas das Comisións de Festas, saíu unha nota de prensa do PSOE en diferentes medios que os orzamentos-presupostos xa estaban feitos, que tiñan un acordo,... ¿Ninguén reparou nela?, ¡¡Pasou totalmente desapercibida!!

Logo este domingo aparece unha nota de prensa de Converxencia Galega, onde dí que hai moitas aproximacións, conversas,... pero de momento acordo, non. ¿Outra vez pasou desapercibida?

¿Non pode ser que as luces e a música da festa nos despisten do importante?

Pareceme que hai xente que usa moito sixilo, poñen un tema forte, danlle rebumbio,... todos a ollar para iso. Pero logo eles movense para outro lado: "a cociña da Casa do Concello".

Nós estamos a falar de lambadas, outros bailes e músicas; pero aquí hai un grupo que está a cociñar. Ninguén do PP ou do BNG dixo nada no tema, e iso que en 15 días saíu o tema dúas veces na prensa. ¿non escoitan?, ¿Non lee?, ¿Non están atentos?,...

Creo que o tema das Comisións foi unha xogada para telos (e ternos) despistados, e dende logo a outros moitos tamén nos despitaron durante un tempo,... ¿Haberá fumata branca ou negra?

¿Lembras o meu escrito sobre a operación de "rescate de Scott"?. Eu falaba sobre a Festa do Monte; pero creo que hai xentes máis preparadas do que moitos pensamos e prepararon unha "operación de rescate" con distinto obxectivo: acordar uns orzamentos e unha alianza de intereses para os vindeiros 3 anos.

Anónimo dijo...

estan desaparecidos al igual que cuando les tocara pagar las faturas

PACO JONES dijo...

Hoxe un infiltrado (DIARREICO JONES) da STAVKA chegou correndo cun rumor.

¡¡Hai fumata negra na rúa Brasilino!!

Pensamos nun incendio, ou algo similar,... Pero non, según o que logrou escoitar: a comisión da Atalaya (made in ACIGU), abandona o propósito de face-las Festas do Monte.

Solicitamos confirmación ó infiltrado (DIARREICO JONES). Pero infiltrado non pode, pois as tuberías e desagües do edificio "Caracas" non teñen boa acústica.

Solicitamos confirmación a ASTERISCO JONES (infiltrado no Concello), a súa respota foi que algo pode haber de certo, entrou un papel na casa e despois da lectura, varios prebostes non pediron café, pedirón tila (en caldeiros, nada de tazas).

¡¡¿¿Qué sabedes vós??!!

Anónimo dijo...

no faro de vijo xa din que a rubia xa non quer saber do tema, que lle esta a pasar tita, o lambadas,e o bixo que xa perderon o poder que tiñan? ou e que eses tamen tiraron a toalla?
e eses son os que foron de salvapatrias


YO

Anónimo dijo...

Agardamos ansiosos un novo capítulo ddo mosquito capón sobor esta nova volta de torca (ou pérda de parafuxos) da segunda comisión.

¿Quen terá agora collons de coller a festa despois de todo isto?

Estou moi seguro de que quen a colla será por querer o ben do pobo, agora os intereses persoais xa quedaron atrás.

fumigando dende o Trega dijo...

Manda carallo na Habana! cando todos tíñamos por certo que a RUBIA y su TITA, facendo parexa co LAMBADAS e CACIQUE BIXU ían ser os REYES do MAMBO, ahora resulta que xa non temos nin festas nin baile, ¡Para iso montaron tanta TROULADA no CHICAGO dos anos vinte, -por se hai dúbidas- o máis visible de todos era Al Capone e o Dilliger, na Guarda era aos estilo D. VITO CORLEONE, ¡¡Cantos padriños temos neste pobo!! ¿verdad Emilio?
Estamos a punto de perder o centenario, ¿Porque non deixaron que as fixera o Gándara? Janas de tocar o Carall...

Anónimo dijo...

¡Canta razón ten o JONES! Todo o problema o montaron DIAZ-REICO, ¡está visto, que as cagadas andan xuntas!, e todo por darlle unha axudiña o Lambadas paa que cobre a comisión por traer as orquestas. ¿serán eles os responsables si nos queda un saljeiro?
Ay, Lolillo, Lolillo, cantas amarguras estás dándolle aos do P.P., dín que a Sirlei Temple, está dos nervios e xa non sabe o que fala (ela que é mudiña de nacimento) no Parlamentiño. La TITA vai ter que plantexar unha nova modalidade de campaña electoral para que a xente se trague o das amenazas, xa parece que se está repitindo o do coitado do Berto, que non tiña máis espalda para levar as puñaladas. Que feliz viviría si nos hubiéramos quedado en Joian.

Un chamuscado con tanta carallada das Festas

Anónimo dijo...

A nova comision xa topou patrocinadoes, estos son : Inmovilia ria MOSTEIRO, sin sede social por desaucio, tamen patrocina unha conocida marca cerveceira, e unha vodega de viño familiar de renombre con sede nas Cachadas- A Gandara.