miércoles, 25 de abril de 2012

OS MISTERIOS DO TRANSBORDADOR 1



Dende hai algún tempo, temos noticias pola prensa de que lle debemos diñeiro ao Municipio de Caminha. Dende alí tamén nos advirten de que se é necesario irán ao xulgado co tema, e o noso responsable maior, o Sr. Alcalde, corrobora o dito dende a outra beira, pero matizando, "nos poñeremos ao día cos pagamentos... " "temos intención de cumprir os nosos compromisos na medida das nosas posibilidades... "

é que temos recursos para facelo e ninguén o sabía...??? onde estaban gardados ...???


Para a miña sorpresa de mosquito desmemoriado, caio en conta de que ademais de ter un grupo de goberno "Fantástico", é tamén infinitamente "Xeneroso"...noso alcaldísimo, ademais de asumir co seu salario multas para "defender" as 21 licenzas prometidas no Gan Prix, e "desobedecer" as ordes de derrubamento dun xuíz, agora tamén asume no noso nome e sen dicirnos nada unha débeda con Caminha que aparentemente superaría o millón douscentos mil euros, case que...a volta dun cafelito no Couto.....


Saín entón de modo urxente en busca e captura de información, a miña tribo mosquiteira en pleno, furgou en centos de vivendas e arquivos, e finalmente demos con algunhas cousiñas xeitosas...



_O tema transbordador A Guarda-Caminha, está desnortado dende a súa posta en marcha, e cada unha das autoridades que pasaron pola nosa alcaldía dende que se comezaron as tratativas, miraron sen ver ou non quixeron centrarse na cuestión da explotación financeira deste, ata que un bo día os guardeses da pé espertamos coa novidade de que debiamos máis dun millón de euros, e nós sen sabelo, vaia por Deus...

_O 6 de febreiro de 1995 (Puri como alcaldesa) levábase a pleno extraordinario (e por certo, ás 20,30 Hs, e non como algunhas veces agora, pola mañá moi temperán para que asista pouco público), a aprobación dun Protocolo Provisional de Explotación do Servizo do Transbordador.
Segundo dicía o mesmo "co fin de fixar a disciplina xurídica que regule as dúas partes na prestación do servizo, en tanto non se aproben os Estatutos", os que seguimos esperando a día de hoxe, o próximo ano cumprirán a maioría de idade de non existir...

_Neste Pleno Extraordinario, o Sr. Borrajo, voceiro do grupo do PSOE da época, facía notar que "é responsabilidade do grupo de goberno municipal o non ter aprobados a tempo os Estatutos, xa que de estar aprobados, ese punto do día sobraría. Alguén debe asumir esa tardanza... "
PSOE do 1995 acusaba de non facer as cousas a tempo, de non se facer cargo dos erros,  o PSOE do 2012, na súa segunda lexislatura, e cunha primeira en "maioritario absolutismo", segue cos deberes sen facer, é dicir seguimos rexéndonos polo PROTOCOLO PROVISIONAL DE 1995...




_Cabe destacar que no Pleno Extraordinario mencionado, o Sr Borrajo, e de xeito moi prudente ao meu entender, ao votar en favor do Protocolo Provisional, matiza dicindo "sería bo que antes de que comece o servizo se soliciten informes sobre este protocolo aos gobernos respectivos... " Que pasou dende entonces...???

Sería bo que tanto o Sr. Freitas coma o Sr. Español, ambos os dous hoxe con moita responsabilidade no goberno local (aínda que non a exerzan), desen explicacións sobre o tema, xa que ambos os dous estaban presentes acompañando como concelleiros, ou é que o esqueceron como sempre...???


Segundo dixo no seu día á prensa un ex-concelleiro vido hoxe a converxente, " formulárase unha explotación internacional mixta do servizo, pero o goberno español desestimouna"

Quere dicir entón...que todos os gobernos locais dende esa época estiveron a explotar o transbordador de modo "ilegal" ou polo menos non avalado" polo goberno de España...???


Conclusión:

Non hai Estatutos de Regulen unha Explotación Mixta do Transbordador.

_Nos seguimos rexendo (a dicir pola alcaldesa de Caminha) polo Protocolo Provisional de 1995, en espera duns Estatutos que nunca chegarán porque foron desestimados polo noso Goberno de Madrid xa hai moito tempo.

_Despois de 17 anos deberiamos polo menos chamalo Protocolo Definitivo en lugar de Provisional.

Gustaríame saber se xurídicamente ten ou non valor este Protocolo asinado polos respectivos gobernos locais e non referendado como internacional que é, polas autoridades gobernamentais correpondientes....

Se o Protocolo é legal, por qué non se pagou a Caminha dende 1995 como correpondía, e onde está o diñeiro recaudado...???

Se non é legal, de que débeda de máis dun milloncete de euros estamos a falar e o noso Fantástico Mayor asumiu????

Que pensades...???