martes, 31 de mayo de 2011

O COCIDO ESTÁ NO POTE


Hoxe á noite ten unha reunión partidaria o BNG, evidentemente falarase do tema dos pactos.

Estarán dispostos a sacrificar os pantalóns con tal de poder estar na foto?, aceptarán se llo ofrecen a pataca quente de urbanismo con derribas de vivendas incluídas?, esquecerán a chulería, do PSOE para co seu portavoz cando estaban en maioría absolutista?


O concelleiro do BNG, durante toda a lexislatura anterior fartouse por destra e por sinistra de dicir a quen quixese oirlo que estaba canso da prepotencia e soberbia do grupo de goberno, recordarao á hora de pactar? ou sufrirá unha amnesia momentánea con tal de ser liberado?


Cal será o prezo a convir entre BNG e PSOE, algunhas cabezas tal vez e non de allo precisamente.?..quen ou quenes serán os sacrificables de quenda, Paulino, Miguel, Montse?

Ambos partidos mostrarán as súas cartas, qué ases esconderán nas mangas por ambos lados?

Que o PSOE gobernase en minoría sería a mellor opción para os guardeses, poderiamos controlar moito máis e mellor o accionar do goberno, pero iso sería conveniente para eles???


O 11 de xuño asumen os novos edís, quizais para entón xa saibamos que leva este cocido???


Patacas quentes nunca faltan, chourizos non sabemos aínda cantos, morro en cantidades abundantes, o que está aínda por esclarecerse é se haberá ou non unto??

No hay comentarios: