jueves, 2 de junio de 2011

PROMESAS E CHAPUZAS


Conversando con outros mosquitos sobre a caótica realidade do tráfico da Guarda, recordei algunhas cousas interesantes dos programas electorais do PSOE 2007 e 2011, que desexo compartir convosco.

No 2007 o PSOE dicíanos que o noso pobo precisaba na área de tráfico, tres cuestións importantes, e que por iso levaban no seu plan, a promesa electoral de que se gañaban íanas a solucionar. Estas eran:

_plan de tráfico urbano e sinalización adecuada.
_aparcadoiros públicos
_saída sur do porto da Guarda, entre Fernández Albor e Circunvalación.

As tres promesas foron moi boas, mágoa que quedaron só niso, en promesas.

Cando lemos o plan de promesas para o 2011, aclárannos en primeiro lugar que o plan anterior xa está cumprido en gran medida e que só faltan un puñado de obxectivos a cumprir.

Na área de tráfico en particular, observamos que novamente nos prometen que van traballar por:
_dobre sentido na saída sur do porto
_habilitar aparcadoiros públicos
_mellorar a sinalización
_incrementar as zonas azuis
_mellorar a seguridade viaria

A min sóame a máis do mesmo....pero o "plan de tráfico" non está, deberá significar que xa está conseguido.... NON é así mosquitos, o PLAN DE TRÁFICO NON EXISTE AÍNDA...

Pregunto, a ver se alguén me informa....se tivemos durante catro anos un señor concelleiro con soldo todos os meses dedicado á concellaría de tráfico, e das únicas cousas que prometeran durante a campaña non cumpriron ningunha, para que o tivemos e pagámoslle???
e encima agora, volverémolo a contratar para que cobrando outra vez, díganos que vai facer o mesmo...ou sexa nada novamente, se fose un empregado da vosa empresa volveríalo a contratar??

No único sitio onde a ineptitude e o non facer nada parece que se premia, é no noso concello e con este tipo de goberno.

O plan de tráfico debe seguir en estudo como di o concelleiro a cargo desde fai xa catro anos cada vez que se lle pregunta sobre o tema......o plan ditoso xa debe estar por graduarse ou ter un doutoramento logo de tanto estudo....

O certo é que, a saída sur do porto é unha risa, sobre todo porque acaban de terminala e agora prometen facela de dobre sentido, máis diñeiro noso gastado en chapuzas....

O certo é que, aparcar na Guarda é cada vez máis difícil, algo así como a procura do tesouro... senón que llo pregunten aos comerciantes que cada vez teñen menos clientes por este tema...

Finalmente dúas frases para pensar:


Ninguén ofrece tanto como o que non vai cumprir.
                                                                        Francisco De Quevedo

O embustero é un almacén de promesas e de escusas.
                                                                                                             Proverbio persa

No hay comentarios: