sábado, 14 de mayo de 2011

OS LEMAS ELECTORAIS, MALOS PERO REAIS

Hoxe quero falar dos "slogans electorais" dos partidos políticos.
Desas frases algunhas veces parvas e outras máis exitosas, as que aínda que non todas pagan a pena están por todas partes.

      Ou seu obxectivo, ademais de aburrir ata a saciedade, é conquistar a alma do elector a ir ás urnas coas súas papeletas.
Que, ás veces escollidas dende o xogo de partidos de fútbol, ou en bares agora sen o fume reflexivo do cigarro, van poñer durante catro anos o noso futuro nas mans dun gobernante que vai estar suxeito aos mandatos do seu propio partido e se esquecerá daquel a quen tantos coidados adicou, case personalizados, durante a campaña electoral, é dicir, de nós.

      En realidade debería chamarse "campaña de pesca", xa que esas "frases redes" están listas para capturar votos endulzando o oído do que as le, asi como "Sodes necesarios", "Polas persoas.Por ti. Vota XXX", "Un alcalde para todos e para todas", é evidente que desbordan imaxinación,precisión, ansias de captura...

      Din os que saben do tema, que os lemas nunca deben ser promesas, porque en pouco tempo compróbase que se incumpriron, que non deben ser demasiado esperanzadores, porque a realidade pasa factura, e que nunca deben ser excluíntes, para non correr o risco de perder votos.
      É dicir, están feitos para saír en busca e captura do noso voto.

Crear un lema electoral, é evidentemente unha tarefa titánica, fanse sondaxes de opinión, analízanse lexislaturas da oposición, fanse perfís dos propios candidatos, etc, pero en certa forma e sen darse conta " íspense" as estratexias e personalidade dos postulantes, fálase do que queren vendernos ou ocultarnos e enmascaran as reais intencións político-partidarias na maioría dos casos.
      Se fosen sinceros, deberían dicir:


PP- "Non votes PSOE, fano mal"

PSOE- "Non votes PP, farano mal"

BNG- "Dá igual que nos votes, non o faremos..."

IV- "Se non nos votas, levarémolo moi mal"

CG- "Sabemos que non tes nada mellor que votar"

      Finalmente, os partidos locais apostaron por:

PP- "A Guarda quiere...evocando el espíritu de Ligero" ( prometen gobernarnos con con bóla de cristal e espírito incluído...)

PSOE- "Para que gane A Guarda" (faltou agregar e non perdan os nosos petos)

BNG- "Hai Futuro, en Galiza hai alternativa" ( alterna o que??)

IV- " Sen ataduras" ( só as familiares como as da nosa lista)

CG- "Xente coma ti" ( acabo de descubrir que se son coma min, deben ser mosquitos , entón, picarán forte ou non?)



Amigo mosquito, aquí vai o meu lema:

"Pican, pican os mosquitos, van picando dun en un ,
uns picante na cara e outros picante no C...."
ZZZ...MOSQUITO CAPÓN

No hay comentarios: