viernes, 20 de mayo de 2011

BÁGOAS NOS GARANTIZAN (bng)

Polo pobo cóntase que Xan (ao que por certo non fixeron photoshop na cartelería, porque sae máis vello do que é), está un pouco preocupado porque aínda non lle ofreceron o ouro e o mouro desde o PSOE, como cando o bipartito, para logo na Guarda deixalo só como a un can.
Din que de nada vale que nos plenos actúe mirando ao público, porque ninguén o aplaude nin festexa as súas ironías e como cada vez vai menos xente a eles, non pode lucirse.


O que me preocupa é pensar se gobernarían A Guarda como o fixo no seu día Anxo Quintana... , Desviarían os nosos coches por algún camiño para atoparnos ao vicepresidente da Xunta de "Galiza" dando charlas? Levaríannos de paseo nalgún iate dun millonario? Ou prometerían igual que a súa conselleira de Política Territorial en xullo de 2008, un multiusos para A Guarda que polo momento é invisible...?
En fin din  fai o que eu digo pero non o que eu fago, e iso si que algúns o levan a rajatablas, tanto insistir con "Queremos galego", que por se non o recordan:
Anxo Quintana logra por concurso praza no centro de saúde de Fene
Na baremación de méritos para o traslado obtivo unha puntuación de cero polo galego, ao non acreditar documentalmente o coñecemento desta lingua.
santiago/a voz.
26/11/2010


Segundo as miñas sondaxes nocturnas, non hai vídeo en youtube do BNG que valga, e din que precisará algo máis que tocar a gaita nos desfiles para entrar esta vez ao concello.


ZZZ...MOSQUITO CAPÓN

No hay comentarios: