jueves, 23 de junio de 2011

AS MULTAS DO ALCALDE


Onte pola mañá có café lin que o noso ilustrísimo Sr alcalde en minoría pagou 1200€ do seu peto por non executar a sentenza de demolición dunha das 21 vivendas, e non sería a primeira vez, xa que a primeira das sancións foi paga a finais do ano pasado, cun monto similar, pero a actuación do alcalde non transcendeu máis aló do grupo de afectados.

A sanción paga recentemente, xa estivera durante a campaña electoral no escritorio do alcalde, pero como a súa publicación non atraía votos, decidiuse gardala entre as contas das anteriores Festas da Lagosta que tampouco aparecen por ningun sitio...
O alcalde tería tamén en cola outros dous apercibimientos con multas similares....tamén os pagará????, ou esperará a que o xuíz decida inhabilitalo por desacato???


A orde de derriba axexa a 12 das 21 casas, cabe preguntarnos se fará o mesmo coas outras vivendas, ou ésto dependerá de quen sexa o dono da mesma.....


Enganouse aos afectados nas anteriores eleccións cun belo discurso exitista no Gran Prix, e agora ilusionoullos vanamente cunha modificación similar á de Cantabria, a cousa é que a pataca quente pase de mans....
Fará o mesmo o noso alcalde con respecto ao derribo das vivendas da Armona...?, ou sacará da chistera algunha outra " verdade en aparencia"....?
O tempo pon a todos e a todo no seu sitio, ata aos ilustrísimos.....

Pero agora ademais, saca un comunicado aclaratorio do ocorrido, é que cre que somos bobos para crernos que conseguirán a aprobación dunha modificación puntual que, amparándose na nova figura de núcleo rural común, puidera darlle cobertura legal a algunha dás vivendas afectadas?
Para salvar cál delas estarán a  traballar???, e di tamén que están traballando nun novo PXOM para salvar outras, é acaso que non o estiveron facendo nestes últimos catro anos????  
Non era que na Xunta tamén gobernaban os socialistas cando asumiu o Psoe guardés a primeira lexislatura, e por iso prometían ???



En fin, o malo de todo isto é que os afectados son vítimas deste sistema burocrático sinistro, sexan da cor que sexan, a realidade contante e sonante é que, hai vivendas derrubadas, e outras en vías de derriba...no meu entender unha inxustiza legal!!!

Iso sí agora que imos ter unha diputada do PP guardés, o tendrán  máis facil para facer algo no seu favor, algo que por certo, ela  ía pregoando e prometendo aos afectados tentar facer, veremos se as promesas fanse realidade ou soamente eran para conseguir votos no seu día....

No hay comentarios: