Mañá temos pleno e como era de esperar, será ás 9 da mañá, coa clara intención de que a maioría do público non poida ir, (non é o meu caso claro)...
Trataranse temas urxentes como os salarios e dedicacións retribuidas dos concelleiros, tema urticante e conflitivo onde os haxa....
Esperamos non atoparnos novamente coa abstención do BNG, permitindo dese modo aos 4 fantásticos facer o que queiran.
Haberá que ver qué propostas levan ao pleno os señores electos en minoría e observar como actúan con respecto ao tema os demais grupos políticos, reflectirá cada un deles as promesas electorais que levaban nos seus programas, ou xa pasaría moita auga baixo a ponte e esquecéronse das súas propias palabras?
Din ata o hartazgo que é unha época difícil de crise, veremos se os seus actos son consecuentes coas súas palabras e reducen os seus gastos e salarios, dedicacións, liberacións e moitos outros etc, que nos piden a nós que fagamos, ou serán deses aos que lles cabe o devandito de "fai o que eu digo pero non o que eu fago"
Entendo que nun pobo pequeno como A Guarda, que do orzamento municipal váiase unha porcentaxe importante en soldos de altos cargos é algo non moi razoable e qué mellor xeito de dar exemplo nos tempos nos que estamos que o alcalde renuncie a cobrar un soldo do Concello ou de que reduza os concelleiros liberados ao mínimo.
Por qué non conciliar vida laboral e política, o día ten moitas horas e se hai boa vontade e desexos de traballar pola xente todo pódese facer, ou iso tamén eran soamente frases feitas para épocas de campaña electoral?
Dentro do mesmo Psoe temos exemplos de alcaldes que non cobran salarios e seguen á fronte dos seus repectivos empregos, compaxinando o seu traballo persoal co político, seica os da Guarda non están por ese labor?
Esteamos atentos ao que vota cada un mañá e saberemos a que aternos...
3 comentarios:
Mira que hoxe axexei as facinas das persoas que acudiron o pleno, deille voltas e voltas os xestos, voces, ademáns e "retratistas" que alí estaban, pero non fun capaz de cadrar quen podía ser o "MOSQUITO CAPON", seguro que estaban alí, pero non fun capaz de detectarte. Seguirei no intento.
Delante de vuestros debates, acudí al pleno para intentar tropezar o con el Mosquito o con la Carlitos, pero no me fué posible, el/la machote de la Cruzada, seguro que no estaba, pero es probable que estuviera un/una embajadora, por parte del "aéreo" no fuí capaz de detectar ninguna presencia.
Non é importante quen son, porque só son un mosquito, o realmente serio é o que pasou no pleno, tal e como anticipara por parte do BNG, unha verdadeira pena
Publicar un comentario