Respondendo a algunhas cuestións que se comentaron hoxe pola mañá nun café local entre café con leite en vaso e outros similares, dicir que....
Non crean que me esquecín de falar da actuación de CG no último pleno, é que ocorren con respecto a este partido político dúas cousas:
Primeiro que a concelleira está do mesmo xeito que o seu logotipo, un pouco verde, polo menos no que a participación activa en política refírese, polo que lle estou dando un pouco de marxen...
En segundo lugar, é a única portavoz nova na corporación municipal, motivo polo cal lle corresponden os seus 100 días de graza, despois veremos.....
Aclarar iso si que a súa proposta económica en canto a salarios, pareceume un pouco baixa, para subir hai tempo..., pero claro hai que tamén darse conta de que para o que fan algúns, o pouco é demasiado.....
Nuns días creo que haberá outro pleno, veremos cómo actúa cada un e qué propón.... seguirán sen salarios?
3 comentarios:
¿"La chica de Fariñas"?, polo que me dixeron os asistentos ó último pleno foi a única que levou cousas e semellaba se-la portavoz da oposición. Isto son comentarios de asistentes.
Sobre a concelleira de CG, outro día dixen.
Meu "mestre" Otto Von Bismarck dixo: "A política non é unha ciencia exacta". As veces en política as cousas non son o que parecen.
Despois de todo é unha lei natural, os vellos deben deixar paso ós novos,... Alguen tenta presenta-la como "la chica de Fariñas", e poidera ser que dentro de algúns meses poideramos estar falando de Fariñas como: "el chico de Bea"; a nivel político, nada de vida privada, que esta é sagrada.
Estou de acordo que merece os seus 100 días "placet". Polo que me dixeron algúns asistentes ó Pleno do pasado día 8 non o fixo mal, tiña propostas,non estivo calada, plantexou cousas,... ¡xa veremos!
Lembro de pasados concelleiros, que durante anos non abrirón a boca; algún cando a abríu só tatexaba e nunca máis voltou a abrila,... Algunha outra o pouco que falaba era inintelixible,... Lembro de outro que antes de falar e despois ollaba para o seu "comisario político" para recibi-la súa aprobación (hoxe é concelleiro no Rosal),... Ata lembro unha Presidenta da Corporación que falaba pouco, pois tiña un bó escudeiro con boas dotes oratorias,...
De todo hai neste mundo. Tivemos algunha concelleira moi mediocre que chegou ata Deputada en Santiago. Dende logo, A Guarda é un concello moi especial na Galiza.
Que reflexión... si señor ! Pois outros estiveron no pleno e non opinan o mesmo. En canto a CG todo se pode discutir pero chamarlle propostas ... a dertas ideas. Polo que me din o "comisario político" e organizador de CG estaba presente no salón e a súa portavoz estivo todo o rato dicindo que eran novos e que non sabía como funcionaba a historia, pobre discurso, ten un "bo" maestro na casa. Tes razón, hai que concederlle cando menos 100 días, pero non sexamos tan sujetivos.
E que a política non é unha ciencia exacta, non fai falta ser maestro para sabelo.
ala se antes estabamos mal ahora imos estar o seguinte por culpa da listilla da lonxa ,imos ver canto bai durar na siguintes elecciones como habia poucos inutiles ela subese o carro
Publicar un comentario