Nesta segunda entrega toca falar do Cid das Abstencións nesta lexislatura, o BNG da Guarda.
En cada unha das mocións levadas ao último pleno polo PSOE, o devandito edil procedeu conxuntamente coa súa segunda de a bordo, absterse nas votacións, obsequiando dese modo os seus respectivos votos ao equipo gobernante en minoría.
Saben seica os votantes que significa a abstención?, equivale a dicir "non sei nada do tema que se trata e non son capaz de opinar", ou , "non opino porque non quero mollarme e déixoo en mans dos outros para quedar ben"....
Votáronos para iso?, Era esa mesma a posición do BNG na anterior lexislatura cando dicía que un pleno cada dous meses non era viable para a xestión eficaz do goberno local?
Que o fixo cambiar de opinión para que agora non defenda a mesma postura anterior nese mesmo tema?
Que é o que se ven cocendo nalgún bar do Tecla e no pote da alcaldía á medianoite?
Todo ao redor desta dupla de edís nacionalistas é unha incógnita...
Todo ao redor desta dupla de edís nacionalistas é unha incógnita...
Por Goián falábase o sábado da notoria ausencia do portavoz guardés.
Moitos criticaban a súa posición mercadillera á hora de falar de salarios, algo así como "cedes ti, cedo eu, que nos levamos os dous?"
Outros comentaban entre vaso e gaita que o edil necesitaba meditar sobre as cousas que están ocorrendo ao seu redor e que por iso se foi a Asturias.
Algúns outros, noutro bar de Galicia, dicían que ultimamente crese o sucesor de Antonio Bandeiras actuando nos pleno para o público e a foto, pero que logo nos diálogos en privado, cambia rotundamente e sente algo así como Harry Potter o dono da varita máxica, esquecendo que son soamente os representantes da terceira minoría con diferenza e non da segunda.
Dimes e diretes aparte, o realmente importante nesta saga, é que parece que PSOE e BNG centran a súa atención en discusións de miles de euros máis ou menos (sempre do noso peto está claro), facéndonos crer ademais que diso depende a gobernabilidade do equipo en funcións.
É que entón debemos entender que exercerán as súas respectivas actividades en relación directa cos ceros das nóminas?
Iso si que é mezquindad!
Por non cualificalo de Falta de : altruísmo político, conciencia social, solidariedade concidadá e honorabilidade e ética pública...Sóalles de algo señores concelleiros?
PD: Cantos ceros teñen as vosas nóminas amigos mosquitos? Ou é que estades como tantos no paro?
17 comentarios:
eu estou no paro e son pensionistae so cobro 500€ a o mes e diso teño que vivir e manter a os meus fillos e pagar o alquiler, e segun eles os que nos gobernan e mais que suficiente
O do BNG e de circo se non estivera xogando cos diñeiro de todos, pero din que entre bombeiros non se pisan a mangueira, e el é funcionario e sabe canto gaña o San Pancracio, pero o que non lle perdona e o da Joreña e quer levalo o huerto a como dé lugar, ¡habera que repartir ajuardiente!
JUAN lUÍS, DÉJATE DE COÑAS E AYUDA AL POBRE PAULIÑO QUE NO LE LLEGA LA PASTA CON LO QUE COBRA DE CITROEN, HAZTE BUENO
Curioso que carguedes contra o BNG. Polo que sei o Xan non é funcionario iso entendín no pleno. Quen está convertendo isto nun mercado é o PSOE. O BNG tamén se preocupa doutras cousas:
http://infogauda.blogspot.com/2011/07/guarda_05.html
Igual tamén ten culpa o BNG do que pasa en Libia.
Ahhhh... a abstención é un voto tan lexítimo como os outros e con tantas interpretacións como poda ter o voto a favor ou en contra. Un pouco máis de obxectividade.
No que ao mosquito respecta, aclararche amigo anónimo que non cargo nunca contra ninguén, simplemente dou a miña opinión persoal.
En canto a Xan, dicirche que si é funcionario (profesor), o que ocorre é que aínda non é funcionario do noso concello.
Con respecto ao do mercadeo, aclararche que para regatear sempre fan falta dous, é imposible ou polo menos ilóxico regatearse a si mesmo...neste caso os que están subindo e baixando os nosos eurillos son os do BNG e PSOE, gústenos ou non...
Con respecto a que a abstención é tan lexítima como votar a favor ou en contra, estou de acordo contigo, é lexítimo, pero NON ten o mesmo COMPROMISO co que se expón.
Un cando se vai a casar pode dicir SI, ou NON, pero non pode absterse, e se o fai significa que non ten claro o que se lle pregunta.
Considero que os nosos edís aceptaron estar no concello para mollarse e defender os nosos intereses, non para dicir a canto se lles propón, nin se nin non, como a parrala...sexan do grupo político que sexan...
Imposible pedirlle a calquera ser humano que sexa obxectivo, todos ou case todos teñen sentimentos que os condicionan , claro que eu son un mosquito, pero igual teño o meu corazoncito a favor do meu club( Mosquitos Fiables Club).
Uhhhm.... te han picado mosquito. Mucho justificas. Por cierto soy amiga de Xan y te aseguro que no es funcionario, con lo cual tus informadores te han fallado. De todas formas puedes dirijirte a Xan que seguro que te lo aclara gustosamente. Y alguna información más que creo que tienes un poquito desfasada. En lo que estoy de acuerdo contigo es en que los dos son una incógnita... piensa piensa
Aihhhh .... a veces estos informadores....
Me habían hablado de este blog, pero me despido que esto no es para mi.
Alegrome que defendas aos teus amigos, iso fala moi ben de ti , pero dígote que eu nunca xustifico, sempre digo o meu parecer...
Aínda que non o creas xa falo con Xan e mais xente do seu entorno e o aprecio moito, pero claro non podo estar sempre dacordo , si teño que dicir que é do mellorciño que temos, espero que a cercanía ao poder non o cambie...
Unha forma de espantar mosquitos, moscas e outros insectos é usar fume.
Coma non hai nada certo estamos todos ansiosos, mordemos as uñas e non paramos de fumar.
¿E non poida ser que o fume nos cegue a vista e non ollemos a realidade?
¿Poiderá ser que paraoladas de namorados entre Xan e os de enfrente, sexan só iso paroladas? Os namorados falan, falan, falan e non chegan a nada.
Mentrás noutro lado, tapado polo fume chegan arumes da cociña,...
Con tanto fume, parez que non estamos ollando todo o panorama, haber si hai mais cousas das que se ven a simple vista. Con tanto fumo de xaruto, ímos quedar como o que non queren decir "chourizos na vara", si se dexian moito tempo, cambian de sabor e xa non é o mesmo. Nestas conversas pasa o mesmo, ollo que non veña o can é "jáupate"
Non me cadra a primeria frase do 1º comentario: "estar no paro e ser pensionista"; ¡unha cousa ou outra, pero non as duas!
Nos meus caseque 20 anos de vida profesional, ainda non atopei a ninguen que traballe por amor á arte (ou sexa que o faga gratis). Poida que haxa tontos, pero eu ainda non atopei a ningún.
Cada cousa ten o seu prezo e hai que pagala. Lamentablemente temos uns políticos que queren ser uns profesionaís deste ramo (nada que obxectar a isto), pero para cobrar hai que traballalo, e por desgracia estes cargos son de adicación as 24 horas do día e 365 días no ano. Quen non o entenda así creo que erra de traballo por non estar disposto asumi-las responsabilidades que conleva.
Podemos facer un exercicio teórico-práctico. Todos imaxinamos se-lo Alcalde, e nun papeliño marcamos soldo mensual que queremos cobrar; logo o multiplicamos por 14 pagas, a este resultado o incrmentamos nun 25% (hai que engadi-la Seguridade Social e IRPF),... ¿Qué resultado obtemos? ¡¡Sorpresa no hai tanta diferencia entre o que nós queremos e o que outros propoñen!!
HAI QUE SER MÁIS REALISTAS E MENOS HIPÓCRITAS.
Observando, observando:
En uno de los comentarios de Sr. Mosquito, hay cosas que no casan. Yo he estado en el pleno y he tomado nota, todos los grupos de la oposición se han abstenido 5 veces, algo de razón tiene uno de los anónimos, parece una crítica fácil al BNG.
En cuanto a las críticas a la portavoz del PP que se pueden leer, tienen un tufo machista.
He observado que muchas de las opiniones-predicciones que se han hecho en diferentes blogs locales han resultado ser erróneas, y no he visto ninguna disculpa o corrección pública por parte de las personas que las han escrito.
Lo único claro es que todo el mundo está descolocado, jugando a predecir (claro que si un día digo una cosa y otro día digo otra acabaré certando)
JONES tiene algo de razón en su último comentario. A muchos "escritores de opinión" seguro que si se les pide que escriban en un papel que sueldo consideran justo (siendo ellos los políticos), pondrían una cantidad que sería criticable.
¿Y que pasa con la chica de Fariñas, nadie tiene que decir nada? Extraño, extraño.
Estimada Bacteria:
Non esquezamos que gracias a primeira abstención do BNG nesta lexislatura temos o alcalde que temos, porque Xan non se debeu sentir capaz de ser él o alcalde tal como llo habían feito chegar os outros dous partidos...
e despopis en contradición cós seus propios pareceres volve a absterse na periodicidade dos plenos, mais que nada me refiro a ese tipo de abstencións, as que son un agasallo para a aposición...
En canto a edil de CG (eu non me atrevo a decir si é a chavala ou non de Fariñas, polo que eu sei ambos teñen parella), namentres non se equivoque non terei nada que dicir, salvo que foi a única que levou propostas serias ao pleno, de ahí en diante veremos, se merece cuestionamentos, os terá , diso non teñas dúbida...
O mue querido "mestre" Otto Von Bismarck dixo: "Nunca míntese tanto coma antes das eleccións, durante a guerra e despois dunha caceria".
Entendo e asumo que durante a campaña cada partido-candidato me tenta "vende-lo seu producto" a cambio do meu voto. Entendo que logo cada partido-candidato durante 4 anos tente na medida que poida facer realidade o seu producto.
Non entendo que un partido-candidato venda un producto, e logo no momento da verdade non queira face-lo realidade. A postura do candidato do BNG na toma de posesión de retira-la su candidatura para min é unha "estafa" ós seus votantes.
Sobre a cabeza de lista do PP, asumo que certos comentarios teñen un cheiro machista. Pero está na man dela e dos seus compañeiros encher de contido o seu traballo coma concelleiros; en caso contrario tamén están a "defraudar" ós seus votantes.
"La chica de Fariñas", polo que me dixeron os asistentos ó último pleno foi a única que levou cousas e semellaba se-la portavoz da oposición.
O meu "mestre" Otto Von Bismarck dixo: "A política non é unha ciencia exacta". As veces en política as cousas non son o que parecen, e poidera ser que dentro de algúns meses poideramos estar falando de Fariñas como: "el chico de Bea".
Despois de todo é unha lei natural, os vellos deben deixar paso ós novos,... ¿pero onde está o relevo xeracional no PSOE?
señor paco jones nua escoitou falar das incapazidades tenporales ou e bostede analfabeto acaso os minusvalidos non poden traballar ou ai k matalos con o facian os nazis, polo que fala, segun bostede ten que ser asi
Sí son analfabeto en moitas cousas; de momento o Espiritú Santo non me iluminou coa luz da sabiduria. Esforzome por aprender e adquirir novos coñecimentos tódolos días. Teño estudos universitarios, falo 5 idiomas,... ¡Pero sigo sendo analfabeto en moitisimas cousas!
Sempre entendín que a pensión é para quen xa non pode traballar; polo tanto pídolle perdón e ofrezolle as miñas disculpas.
A miña vida profesional levoume a vivir longas tempadas a diferentes cidades da Europa Central e lo Leste. Alí coñecín as barbaridades que fixerón os nazís (e os seus acólitos locaís), os comunistas das URSS,... A única superioridade na que creo e a da libertade e dignidade humana.
Perdón.
querido amigo paco: eu son discapacitado, teño unha incapacidade total permanente en grado de total pa miña profesión habitual e polo tanto cobro unha pensión pero podo traballar en calquera outro traballo sempre que a seguridad social mo permita asi que son pensionista e estou no paro e todo e posible,o peor de todo e que solo decir isto todo o mundo me mira en silla de rodas e non e asi
amigo anónimo
date por satisfeito si polo menos cobras unha pensión pola a minusvalía da túa profesión habitual, outros tamén as teñen pero non as poideron cobrar, e por riba tampouco teñen traballo.
Dentro do malo ti aínda cobras algo, o que non quita que merezas encontrar un traballo digno coma calquera.
Segue buscando traballo e que teñas sorte!!!, claro que hoxe en día se consegue con mais facilidade traballo para as mulleres, por iso da igualdade que lle din
Publicar un comentario