miércoles, 3 de agosto de 2011

TRATOS E NON BÓS



Os malos tratos infantís son un tema moi duro de tocar, especialmente para todo aquel que non só sexa pai por unha casualidade física, senón para aqueles que o son de corazón....

É de público coñecemento que nunha familia deste pobo, o sufrimento físico e psicolóxico dun menor é cada día maior...
O pobre neno recibe insultos e cachetazos á vista de compañeiros dos seus pais, sen que o proxenitor se cohiba, nin a nai (por chamala dalgún modo) abra a boca saíndo na súa defensa, demostrando fehacientemente deste xeito a súa complicidade nos malos tratos....

Atónitos ante os feitos en reiteradas oportunidades quedaron os presentes a devanditas reunións, comentando posteriormente en infinidade de ocasións, o desequilibrio evidente de ambos....


O bo do caso é que polo momento segundo me comentan, hai quen xa se animou a dar parte a quen corresponde e a investigación segue a súa canle ante as autoridades correspondentes....testemuñas desgraciadamente non faltan...

1 comentario:

Anónimo dijo...

por favor,q las autoridades pongan su grano de arena,vale mas una palabra,q una torta,y aprenden mas lo/as hijos,es mi opinion ¡ojo!!