Estiven uns dias de vacacións e ao regresar, lamentablemente vexo como todo neste bendito pobo segue igual...
O PSOE, como a parrala, que xa o goberno prometeu que ía dragar a canle do ferry, máis tarde que Caminha o vai suspender, logo que se reune cos grupos políticos e empresariais para informalos, despois que están á espera da resolución de Medio Ambiente, seguidamente que eles han dado todos os pasos necesarios con respecto ao tema....pero finalmente, o ferry transitando case polo corredor da morte...
O PP cunha deputada á cabeza, que envía un proxecto de non lei e que critica (e con razón) todo o actuar e a desinformación aos que o Psoe someteu á cidadanía local...
O BNG, reuníndose con asociacións e outros partidos a nivel local e falando con representantes do país veciño para clarificar aínda máis o tema...
CG propoñendo temas para levar a pleno e asistindo ás demais convocatorias...
O empresariado local, convocando aos seus asociados e dialogando cos partidos políticos......

Señores políticos, o pobo, é dicir todos os mosquit@s e non mosquit@s locais e dos arredores, queremos saber que van facer co ferry.
Non nos serve oílos botarse uns a outros as culpas, tentando ter o patrimonio das iniciativas, poñerse os galardóns, ou sacando rédito político de todo isto.
O que desexamos é que os nosos políticos locais, nos cales depositamos no seu día a nosa confianza e aos que lles pagamos para iso, se poñan as pilas axeitadamente e traballen de xeito conxunto cara a un mesmo fin.
Mírasevos a todos remando cara a un lado distinto, e o que é aínda peor, queréndonos facer pensar que o estades a facer no noso favor.
O ferry non ten estas dificultades dende hai un mes, tenas dende o momento mesmo da súa posta en marcha, con acordos que deixaban ao azar ou á boa vontade de quen a quixera poñer, a responsabilidade da súa xestión.

O goberno portugués durante 10 anos (dise pronto, pero é moito tempo), xestionou as embarcacións e o dragado da canle, usufrutuando ademais a venda da area quitada.
Cara a onde estaban a mirar por ese entón as nosas autoridades locais?, nin sequera intentaron compartir o traballo e os beneficios?, algúns deles son os mesmos que agora teñen moitas ideas, pero entón non dixeron nada...
Dirixentes e oposición estaban entón ocupados en se mesmos, non prevendo futuras dificulades, nin intentando sacar beneficios no noso favor...
Dinnos tamén, que o goberno español non pode asumir o custo do dragado porque supón un gasto de 1 Millón de euros, señores, con todos os meus respectos, pretenden facernos crer que dragar esa canle ten ese custo????, nin soñándoo chegaríamos a creerlo....acaso Caminha se dispuxo desas cifras durante 10 anos para custealo???? por favor! Deixar xa de tratarnos como a nenos crendo nos Reis Magos.....
Por outra parte, lin nalgunha páxina oficial, que o último dragado realizado polo noso goberno, custou a chilindrada de 1 millón 200 mil euros o dragado da canle, e OUTRO MILLÓN DE EUROS o levar a area a outras praias da provincia e acondicionar o noso litoral.......
Tantos ceros xa me anubraron ata a vista. Por un só dragado e reposición de area a outros municipios o noso goberno do Psoe español pagou segundo din 2 millóns 200 mil euros, e temos area na Armona criando herba, o Carreiro que dá pena, A Lamiña case igual e o litoral que mellor nin velo....
E agora que é o que están propoñendo políticos, empresarios e demáis? , que o volvan dragar ao mesmo prezo????
Teño que recoñecer que os nosos gobernantes foron e son uns grandes alquimistas, recadan os nosos eurillos e fanos fume en poucos instantes....
Cando me repoña de tanta sensación de náuseas seguirei cos meus comentarios...

8 comentarios:
Querido mosquito estou de acordo có contido deste escrito.
De momento o que falan as forzas políticas e sociáis é darlle unha solución provisional ó problema do dragado. Pero señores hai que ir máis alá e ir plantexandose unha solución a longo prazo e definitiva. ¡¡Non quero toparme con este problema cada 2 anos!!
Eu támpouco me creo os custes das operacións de dragado. Non me creo que dinamitar rochas nunha canteira, levalas a unha pranta de procesado-triturado para facelas areas, sexa todo isto máis barato que o dragado do río; poís os custes de man de obra, explosivos, combustible, mantenimento da maquinaria pesada,...
Desmontar unha montaña para rexenar praias có beneplácito dos responsables de Medio Ambiente, é para acusalos de prevaricación e de algunha cousa máis; todo este proceso faise de xeito natural por medio da erosión, logo có paso do tempo rematan neste esteiro do río Miño.
¿Non estarán a beneficiar con diñeiro público ós negocios de algúns amigos?
Dado que o vindeiro 20 de Novembro son eleccións xeraís. Eu proporía que os candidatos a deputados e senadores por Pontevedra (de tódolos partidos concurrentes) asinasen públicamente un documento de compromiso conxunto para facer unha iniciativa lexislativa, para modificar ou cria-la normativa legal para o Ferry, o dragado do río, finanzamento e uso dos aridos para rexenera-las praias estivese coberto de xeito definitivo por unha Lei, Real Decreto,...
Sei que o normal é que me prometan moitas cousas antes das eleccións,... Pero agora prefiro un documento público e asinado por cada candidato. En certo xeito é un contrato entre os electores e os seus representantes no Congreso e Senado.
En caso contrario, de non querer asinar este "contrato público"; quedaría como opción facerlles un voto nulo xeral, para que quede unha constancia do malestar dos cidadáns miñotos con estes candidatos. Teño craro que de tódolos xeitos saíran elexidos, pero non terán a lexitimidade representativa dos cidadáns deste Concello e Comarca.
Pregunto eu. ¿Por onde andan os Sres. de Iniciativa Veciñal?; ainda que non tivesen representación no Concello, os seus 170 votantes merecense que os seus candidatos dean a cara e sumense ó resto das forzas sociáis.
Paco Jones, polo que eu vexo Iniciativa Veciñal quedou niso en inciativa, solo saben decir se di se comenta, entre tolos se entenden.
señores, señores, pero como se atreven a decir que os de iniciativa non fan nada, se o estan a faceros seus votantes votaron o que votaron e se non que lles recordo o seu eslogan "sen ataduras"
hoxe estarán na reunión os chiripitifláuticos de sen ataduras pero con moitas andainas, despois de ler isto cómo non ían a ir, claro que a Carlitos anda moi desaparecida do concello, habránlle probihido a entrada por persoa non grata?
jajaja canta razón tes amigo anónimo, parecen mesmo os da serie de TV
Este domingo bebendo unha cervexa nun bar do porto, escoitaba con atención "as arengas e beneficios" de criar unha Plataforma para a defensa do Ferry.
Non teño nada en contra cós movimentos e asociacións cívicas para a defensa dos intereses públicos. Pero certas Plataformas cheiranme a petroleo crudo (¡¡moi crudo!!).
Cando descubrese un xacemento de gas ou petroleo (un problema social), se nestes casos a sociedade non ten capacidade de explotación, aparecen dous socios industriáis que lle axudarán no proceso criando unha Plataforma para a explotación do xacemento.
A Plataforma conta cós socios locáis para a explotación do xacemento de gas ou petroleo, estes aportan a man de obra non cualificada (líderes sociáis non políticos), os seus contactos administrativos, sociáis, veciñais,... Por outro lado están os dous grandes socios industriáis: "Bielorrusian National Gas" e a "Caucasian International Gas"; estes aportan toda a infraestructura industrial, técnica, persoal cualificado, os seus coñecementos na xestión da explotación destes xacementos, coñecemento do mercado político nacional,...
Lamentablemente non é un negocio entre iguáis, os primeiros poñen o traballo duro, mentras que os segundos son que levan os beneficios. ¿Lembramos o que é a TERBE?, traballo + esforzo = rendimento x beneficio electoral; pois ós dous socios industriáis correspondelle case que toda a segunda parte da ecuación. Pois a "Bielorrusian National Gas" e a "Caucasian International Gas" teñen moita experiencia en montar estas Plataformas locáis para a explotación destes xacementos puntuáis.
Pero estes xacementos esgotánse moi axiña, e logo non queda nada de nada. Outros competidores petroleiros prefiren unha explotación máis racional dos xacementos locáis, como son a Paeuropean Petroleum ou a Petroleum Standart and Oilers Europeans,...
Señores o negocio do gas e do petroleo non só está na explotación do xacemento, a tallada máis importante está no refino e na súa compercialización.
Calqueira parecido das siglas das empresas petrolíferas anteriores coas siglas de certos partidos, ¡¡non é coincidencia!!
SÚPER INTERESANTE o teu comentario Paco Jones, coma sempre e os de sempre usando a xente para logo esquecerse dela en canto poñen o seu voto
Si señor, PA COJONES OS TEUS, SOIO OS QUE APROVEITARON O NEGOCIO SE CREN O CUSTO DOS DOUS MILLONS NA AREA. SE DI, SE COMENTA QUE O ESCAYOLAS E A CARLITOS ANDAN BUSCANDO O LUGAR DA REUNION DOS CHIRIPITIFLAUTICOS CA AXUDA DUN PAXARIÑO, ESPERAN ATOPALOS ANTES DO NADAL,NA EPOCA DE ANIÑAR, ESA E A MELLOR INICIATIVA.
Publicar un comentario